Antes de que confirmase que o alcalde só ía condeceder
dedicacións exclusivas aos membros da Corporación, xa se podía adiviñar este punto, como fixemos por aquí. O tema das dedicacións exclusivas sí, dedicacións exclusivas non para a oposición, estivo xerando debates antes de coñecerse a decisión.
Por unha banda, uns alegan que
á oposición, nin auga. Outros, que a oposición merece algunha axuda económica para que poida desenvolver o seu traballo. Tamén se apuntaron temas de
vinganza política, vellas rencillas, etc. Outros apuntaban que se o BNG non concedía dedicacións exclusivas á oposición, os alcaldes dos concellos da comarca deberían de facer o mesmo (o PP de Santiago ou de Ames, por exemplo) e non dar ningunha ao BNG.
¿Cal é a nosa opinión? Sinceramente, non coñecemos abondo o asunto, pero entendemos que un Concello debe de contar cos mellores concelleiros para saír adiante, e se cadra o mellor xeito de logralo é que se involucren ao 100% na súa labor como concelleiro. Un concelleiro que non ten unha dedicación exclusiva, é moi difícil que poida estar ao 100% dedicado ao Concello. E nós como veciños esiximos que os nosos representantes o dean todo polo Concello.Polo tanto,
apoaimos que tódalas dedicacións exclusivas sexan para os que van gobernar.
¿E que ocorre coa oposición? A oposición debe plantexarse que se está aí é porque o pobo así o quixo. E como pobo que somos, non queremos que os nosos cartos vaian a quen non nos representa. Esta afirmación habería que matizala, pero pensemos en qué diriamos se Martiño lle dera a
Parajó ou á representante do PSOE unha dedicación excludiva. ¿Veriamolo lóxico? Cremos que non.
Como tódalas cousas, todo é matizable pero
non cremos que o alcalde se equivoque. Agardamos que isto faga que os concelleiros traballen mellor e que cando queiramos ir falar con eles, estén sempre no seu despacho, porque agora
xa non terán escusa para non estar.
Por último, sinalar que segundo saía na prensa,
a oposición non se queda sen un can, senón que, <
> (La Voz de Galicia)
Nada máis que engadir. O que se metera este ano na política pensando que ía "chupar do bote", que se olvide.