martes, 19 de julio de 2011

Incendios forestais e fincas en mal estado

O mal estado das fincas e dos montes, provocan que o que podería ser un pequeno incencdio forestal, se convirta nun incendio de grandes dimensións.
A pesar de que desde o Concello o propio alcalde Martiño fixo fincapé na necesidade de que os que posúan fincas e montes deben de mantelos en bo estado, basta con limpalos de vez en cando, o certo é que basta con dar un paseo por Teo para ver o total abandono de fincas e montes.
Desde o Concello din que fan o que poñen, pero parece que non está a ser suficiente e cómpre máis axilidade agora que o tempo está a dar unha tregua.
Para rematar, queremos comentarvos algo que puidemos escoitar ao respecto dun rcente incendio de Teo. Resulta que hai unhas semanas houbo un incendio importante en Teo, con perigo para as casas. O caso é que o incendio se produciu nunha finca en mal estado, chea de toxos, que provocaron a rápida propagación do lume. Pero o curioso é que a dona da finca tiña así a finca a propósito. ¿Por que? Pois porque facíalle de "barreira" protectora da casa, evitaba así que lle entraran a roubar. Incrible, pero certo...

No hay comentarios: