miércoles, 30 de septiembre de 2009

Cacheiras: "Encontros na Terceira Fase"

Tal parece Cacheiras ao circular de noite.
Por fin, unha iniciativa seria pola seguridade, da que queremos dar noticia aquí.

Na foto vése cómo se instalaron unhas farolas con luz unidireccional, é dicir, enfocadas unicamente sobre os pasos de peóns para que sexan ben visibles. Una efecto "espectacular" e que aumenta de forma considerable a seguridade pois o conductor pode ver ao peón de xeito claro.



Nas seguintes fotos captamos o modelo de farola que, ademáis, incorporan unha luz intermitente para indicar peligro, unha medida máis a favor da seguridade. Iniciativas como estas son as que nos gustan destacar. Aínda que, como xa comentamos, este novo tramo de estrada ten varios "puntos negros" que axiña publicaremos.




miércoles, 16 de septiembre de 2009

Proximamente: dos Tilos á Ramallosa

Proximamente, neste blog, a análise completa do novo tramo da estrada Os Tilos - A Ramallosa.
Analizaremos os problemas detectados que afectan á seguridade vial: se como se crearon novos tramos perigrosos e de como non se solucionaron puntos negros antiguos.
Se tedes algunha proposta que facernos, aquí estamos.

E respecto a este tramo, nos chegan noticias de que será o Concello de Teo o responseble do mantemento da estrada: sinais, alumeado, rede semafórica, beirarrúas, pintado, xardinería... ¿será certo? ¿de onde sacará o Concello os cartos para este mantemento, ven a cantidade de plantas, por exemplo, que se plantaron? ¿Quedará "da man de Deus" como a maioría de cousas do Concello?

AVISO:
Pregamos aos ladróns de contedores de lixo, se absteñan de seguir nas súas accións, pois están a perxudicar aos veciños. A Policiía Local está a investigar o caso, aumentando a vixiancia de tan preciado ben. Levan roubados contedores por valor de 4.500 EUR. (Esta noticia saía onte na web do Concello; hoxe xa desapareceu...)

viernes, 11 de septiembre de 2009

Rumores que se van confirmando

Avda. Manuel Parajó, situada en Teo. ¡Ver para crer!


Semana quente en canto a rumores, con reaparición estelar de Armando no xormal El Correo Gallego. "Non penso deixar a política de Teo; son un tío raro" Un rumor do que xa falabamos nós aquí o 2 de setembro, aínda que algún administrador de blog tente poñerse medalliñas, como facía Armando...

Manuel Parajó
A estrela mediatica do momento. Seguimos con rumores, e xa sabedes que cando nós nos facemos eco dun rumor é porque o escoitamos de varias fontes e xa empeza a ter consistencia.
Debido á nosa anterior entrada onde comentabamos fichaxes posibles de Parajó, desta vez imos a publicar a lista de todas as persoas que poderían estar ou están no punto de mira de Parajó para incorporalas ás súas filas de xeito máis que inminente. Hai sorpresas. Poñemos ao lado a nosa valoración da veracidade do rumor de 1 a 5 (1: pouco probable; 5: moi probable, casi feito):

  • Manuel Tallón : (5) Firme fichaxe. Xa casi non se dubida.
  • Xosé Vázquez Pallas : (4) Outro que podería entrar nas listas.
  • Yolanda Mosquera : (4) Do sector crítico de Jano, rumores os viron xuntos, ¿negociando? ¿A fichaxe estrela da que se fala? ¿Busca unha muller para InTeo?
  • Florencio Liñares : (3) Para quen non o lembre, tivo un altercado nunha asamblea porque non lle deixaban exercer o seu dereito a voto. Socialista de pro. Asiduo polos círculos de Parajó.
  • Armando Blanco: (2) Nova incorporación; serias dúbidas para que acepte ir de segundón. Pero como é un bicho raro, nunca se sabe.
  • Fidel Martin: (1) Do sector crítico, socialista de pro, anti-janista e ¿anti-parojista? Descartado.
  • Bernardino Rama : (1) Amigo de Leis, peso forte en Santiago. Agora ¿dimitido? Non ten pinta de que veña para Teo. Descartado.

Esta lista pode ir ampliándose. Admitimos suxestións. O tempo dirá se estabamos equivocados. Pero cando o río soa...








miércoles, 2 de septiembre de 2009

InTeo: ¿fichaxe estrela?


Anda estos días circulando rumores sorprendentes, abraiantes, do grupo InTeo, que por iso mesmo non nos atreviamos a publicar, pero a raíz das informacións que saen neste blog, podemos afirmar que os rumores son ¿certos?
O rumor (segue sendo iso) é que InTeo, ao mando do cal está Manuel Parajó, fixo unha fichaxe estrela para o seu grupo. Unha fichaxe coa que pretende ir en serio desta vez para acada-la alcaldía. O rumor parece confirmado: ou sexa, que tal fichaxe se fixo.
O abraiante do asunto é a identidade da fichaxe, non nos atrevemos a dicir nada, de momento, pero de ser certo, sería un golpe espectacular...

Onde tamén parece que están a tomar decisións, e disto xa falamos nós hai meses, é no PP de Teo. Todo parece indicar que haberá unha renovación interna do partido. Desa renovación sairía un novo cabeza de lista, e que polo tanto, Armando podería formar un novo grupo, escisión do PP. ¿Podería ser un novo grupo independente ou integrarse nun grupo como Terra Galega (afín ao PP) ou mesmo InTeo?