sábado, 25 de junio de 2011

Novo incendio en Teo, zona de Verxeles

Sobre as 22:30H do venres declarouse un incendio na zona de Raxó, mais en concreto no entorno de Portoameneiro na pista que vai de Raxó ata a rotonda de Verxeles. Ás 22:40 xa estaban os de Protección Civil e menos de 5 minutos despois, os Bombeiros. Nun primeiro momento, os de Protección Civil andaban despistados porque non sabían onde estaba exactamente o lume, pero axiña o atoparon. De novo, unha rápida intervención desta agrupación.

Hoxe xa saen máis datos do mesmo en El Correo Gallego. En concreto, vironse afectados varios chalés, como o do "famoso" Carlos Agrelo (xerente da BMW e coñecido polo seu romance con Terelu Campos):
Evacuados varios chalés en Teo por la cercanía de un incendio

No xornal indican que o incendio foi ás 18:00 e rematouse de extinguir ás 22:55, pero nós poidemos ver como a iso das 22:40 a patrulla de Protección Civil chegaba ao lugar e 5 minutos despois, facíao a dotación de bombeiros. E o incendio aínda estaba moi activo como para ser apagado ás 22.59H como indican no xornal.

E xa van 5 incendios importantes, que nós coñezamos, no que vai de ano. Algúen terá que espabilar e poñer máis vixiancia nos montes. Menos controis de tráfico e máis nos montes!

viernes, 24 de junio de 2011

Un novo incendio en Teo

Nestes momentos da publicacion desta entrada efectivos dos bombeiros (3 motobombas e un helicóptero) estan intentando controlar a zona afectada por un gran incendio que xa se divisa dende Santiago. Afectou na zona de "A Torre" desplazándose hacia "Ribas" polo vento. Non podemos informar moito máis xa que os efectivos e o despliegue non nos deixaban pasar, evidentemente. As chamas como se pode ver nas fotos son impresionantes.

Na zona de A Torre podiase ver as casas co lume ó carón e os veciños preparadoe con mangueiras e cubos apagando o incendio. O lume que afectaba a zona impedia pasar co coche.

Adxuntamos as primeiras fotos na zona de A Torre e a zona de Ribas vista dende a rotonda onde esta o cruze dos Verxeles.

Seguirmos informando cando adademos máis novas deste incendio.



martes, 21 de junio de 2011

O principal problema para a opoción: os cartos que cobrarán

Unha vergonza o que se viviu no primeiro pleno, mal empezamos... O único que lle preocupou á oposición, son os cartos que cobrarán por estar alí: PP, PSOE e InTeo, preocupados polo mesmo. Para os cartos, ben que se entenden entre eles... Mal empezamos. E logo se sorprenden dos indignados... Non temos nada máis que dicir, nós si que estamos indignados con estes "representantes".

lunes, 20 de junio de 2011

Novo despregue policial en Teo

Hai un par de días puidemos ver de novo un amplio despregue policial da Garda Civil en Teo. Así, polo día (non sabemos se foi casualidade) unha avioneta voaba pola zona de Cacheiras dando numerosas voltas pola zona. E xusto nese intre, na estrada A Estrada-Santiago, xusto á altura da ITV en Cacheiras, había un control policial da Garda Civil, a ambos lados, cun gran despregue. Xa á noitiña podíanse case unha decena de coches da Garda Civil agrupados na Gaiteira, na esplanada do novo Gadis.
Non sabemos o que buscaban, pero o certo é que a cousa debía de ser importante porque non se tratata dun simple control. Se alguén sabe algo máis, que informe, por favor.

domingo, 19 de junio de 2011

Incendio en Augas Mansas

Hoxe a iso das 14H declarábase un incencio en Augas Mansas, en concreto, na fábrica abandoada que está no medio desta urbanización. O incendio foi bastante espectacular porque saía moito fume negro, debido a que se queimaban restos de goma e parte do tellado de uralita, co cal o fume que saía era tóxico.
Os primeiros en chegar foron os de Protección Civil de Teo (para que log digan que están durmindo...) e os veciños amosaron o seu malestar porque os bombeiros ¡tardaron más de 45 minutos en chegar!
Non nos puidemos achegar moito porque o fume era tóxico, pero pódese apreciar nas fotos as proporcións do incendio.


sábado, 18 de junio de 2011

WAKA-RUMOR: ¿Volve o sector crítico ao PSOE de Teo?

Cada vez son máis fortes os rumores de que o denominado Sector Crítico volvería ao PSOE de Teo polo que apunta moita xente que nos informou de que as súas reunións son cada vez máis frecuentes.


No blog de TSST xa se apunta a algo diso e cando o río soa, auga leva. Coidamos que quizáis non o queiran dicir, pero a nosa intuición lévanos a pensar que algún membro estaría pensando seriamente en presentarse na asamblea, motivo polo cal Jano Leis estaría tan nervioso que perdería ata os papeis e as formas, dando lugar a que desde O Pino lle vetaran a formación da anterior asamblea por irregularidades.

WAKA-RUMOR: Os socialistas deixarán o seu local

A ausencia de dedicación exclusiva será a puntilla que lle faltaría aos socialistas de Teo para que teñan que deixar o seu local da agrupación. Non hai cartos abondo para sostelo e non parece que desde o Pino solten un peso para axudar.

Cóntannos que antes das eleccións, os gastos eran sufragados por parte do soldo dun represante socialista no concello, ao que se apartaba parte do soldo para a "causa". ¿E para que lle serviu tanto sacrifcio? Agora nin queda representante nin dedicación. Así que sen cartos non haberá nada que facer.
Pero que non se preocupen, que o noso amigo Parajó nunca tivo local e nin falta lle fixo para obter case os mesmos votos que todo un grupo con local propio. Agora terán que facer uso do local que o Concello lles reserva aos grupos da oposición.

Sobre as dedicacións exclusivas

Antes de que confirmase que o alcalde só ía condeceder dedicacións exclusivas aos membros da Corporación, xa se podía adiviñar este punto, como fixemos por aquí. O tema das dedicacións exclusivas sí, dedicacións exclusivas non para a oposición, estivo xerando debates antes de coñecerse a decisión.

Por unha banda, uns alegan que á oposición, nin auga. Outros, que a oposición merece algunha axuda económica para que poida desenvolver o seu traballo. Tamén se apuntaron temas de vinganza política, vellas rencillas, etc. Outros apuntaban que se o BNG non concedía dedicacións exclusivas á oposición, os alcaldes dos concellos da comarca deberían de facer o mesmo (o PP de Santiago ou de Ames, por exemplo) e non dar ningunha ao BNG.

¿Cal é a nosa opinión? Sinceramente, non coñecemos abondo o asunto, pero entendemos que un Concello debe de contar cos mellores concelleiros para saír adiante, e se cadra o mellor xeito de logralo é que se involucren ao 100% na súa labor como concelleiro. Un concelleiro que non ten unha dedicación exclusiva, é moi difícil que poida estar ao 100% dedicado ao Concello. E nós como veciños esiximos que os nosos representantes o dean todo polo Concello.Polo tanto, apoaimos que tódalas dedicacións exclusivas sexan para os que van gobernar.

¿E que ocorre coa oposición? A oposición debe plantexarse que se está aí é porque o pobo así o quixo. E como pobo que somos, non queremos que os nosos cartos vaian a quen non nos representa. Esta afirmación habería que matizala, pero pensemos en qué diriamos se Martiño lle dera a Parajó ou á representante do PSOE unha dedicación excludiva. ¿Veriamolo lóxico? Cremos que non.

Como tódalas cousas, todo é matizable pero non cremos que o alcalde se equivoque. Agardamos que isto faga que os concelleiros traballen mellor e que cando queiramos ir falar con eles, estén sempre no seu despacho, porque agora xa non terán escusa para non estar.

Por último, sinalar que segundo saía na prensa, a oposición non se queda sen un can, senón que, <> (La Voz de Galicia)

Nada máis que engadir. O que se metera este ano na política pensando que ía "chupar do bote", que se olvide.

miércoles, 15 de junio de 2011

Aclaración de Protección Civil de Teo

Facémonos eco do comentario que nos fixeron chegar desde Protección Civil de Teo sobre un comentario que alguén puxo no noso blog, dudando da eficacia desta agrupación teense. No noso blog, para que quede claro, fixémonos eco de que o alcalde eloxiaba a actuación da Policía Local e de Protección Civil de Teo nos últimos incendios, aínda que se queixaba dos medios postos pola Xunta.

Respecto ó comentario de que Protección Civil de Teo estaba na cama..., e que chegaron antes os de Brión: Brión e Boqueixón teñen Grumir con servizo 24 horas e persoal pagado por Xunta e Deputación,e a obriga de atención a toda a comarca, e Teo ten un servizo municipal de emerxencias, con servizo de 8 a 22 horas. Sen embargo, o outro día,o sábado pola noite, o distrito forestal de Ordes movilizou a Protección Civil de Teo ás 12 da noite para o lume de Baiuca, en Solláns,e acudiron 4 membros do servizo municipal, fóra de hora e foron eles os que entraron ó monte e o apagaron, cando eles só teñen obriga legal de protección de persoas e bens, así que..., por favor, antes de falar, hai que informarse, porque non é xusto criticar a labor dunhas persoas que están para axudar á poboación e que moitas veces desenvolven unhas competencias que non lles corresponden, porque cando sucede algo grave, non se paran a mirar de quen son as competencias, e tratan de axudar no que poden, e se hai unha chamada nocturna (porque o 112 ten os teléfonos privados dos responsables do servizo e tamén do alcalde) se son movilizados, non se paran a mirar se están fóra de hora ou non.
Cando foi do lamentable atentado na sede socialista, o 112, e eso é comprobable porque tódalas chamadas se graban, non avisou, e en cambio, ás veces avisan na madrugada por un can que anda polo medio dunha aldea...

Podedes preguntar polos medios, o persoal co que conta, e os horarios de Protección civil, as súas competencias e actuacións,para poder estar informad@s ou entrar no seu facebook: Protección Civil de Teo
Gracias
Protección Civil de Teo

Ameaza [falsa] de alarma en Cacheiras

A iso das 23.30H producíase unha ameaza de bomba en Cacheiras. A Garda Civil e Policía Nacional "tomaron" a estrada de Cacheiras que permaneceu cortada ata as 00:00.
Ao prinicipio había confusión e todo apuntaba a que a ameaza era na sede do PP (aínda está recente a bomba que estourou na sede do PP en Ordes).
Ao final foi todo unha falsa ameaza. Ao parecer apareceu una maleta e alguén, por precaución, avisou á Policía. Publicamos a foto de parte do despregue policial que houbo.

domingo, 12 de junio de 2011

WAKA-RUMOR: Guerra aberta contra os "do Pino"

Xa non esconden a súa doenza contra os "do Pino", e falan de puñaladas trapeiras agora que fixeron dimitir ao seu secretario local.

Por "Os do Pino" enténdese ao máximo representante a nivel comarcal, os que mandan. Era un segredo a voces que non se "tragaban" e os resultados electorais foron a excusa perfecta para forzala dimisión. Agora, sen nada que perder, éstes xa atacan abertamente aos que antes lles ían facer reverencias. Hipocrisía pura e dura.

viernes, 10 de junio de 2011

Chapuzas no asfaltado

Estes días están a asfaltar un tramo da estrada que vai de Augasmansas ata Recesende. O resultado da obra, case xa rematada, é unha pequena, por non dicir grande, chapuza por varias razóns, que enumeramos a continuación:

A obra non está convenientemene sinalizada e así, nos días pasados, cando querías xirar desde Augasmansas ata Recesende, atopábaste de "morros" cun sinal de "estrada cortada" tendo que desfacer o medio xiro do coche xa feito, co conseguinte susto.

Desde onte, colocaron uns conos para sinalizar as arquetas centrais que están a cubrir con cemento (sobre o asfalto, outra chapuza) pero agás dos conos, non había outra sinalización. Ver foto:



Hoxe xa aparecía un sinal de obras, pero as maniobras que hai que facer para poder circular, son bantante perigosas, como se amosa na foto, na que os coches teñen que circular polo carril contrario varios mentros.



Á parte de todo iso, o resultado final deixa bastante que desexar. O asfaltado é en quente, pero como se pode apreciar nas fotografías, máis que unha estrada parece unha pataca ondulada "matutano". Hai tantas ondas na estrada que parece que vas en barco un día de marexada!

Por certo, que tamén tivemos a ocasión, de pillar in fraganti a un veciño repintando a estrada diante da súa casa. Debe de ser que non estivo dacordo con que lle pintaran unha liña continua na entrada...

lunes, 6 de junio de 2011

Fin de semana con lumes forestais


Este fin de semana houbo varios incendios forestais nos límites de Teo. O máis importante foi o declarado o sábado na zona de A Poboa (no monte chamado da Cruxeira que limita coa zona de Conxo en Santiago). O lume podíase ver desde a tarde e non foi extinguido ata chegada a noite, por medios aéreos abundantes (a lo menos dous helicópteros non pararon en toda a tarde).
O domingo a primeira hora da tarde tocoulle a Biduido - Ames, un lume que se podía ver desde a estrada xeral, pola zona da Casalonga. Era monte baixo, pero as chamaradas eran moi visibles.
E pola noite do domingo, outro pequeno incendio na zona da Baiuca.

Esperemos que fose unha casualidade, porque tal parece que estes romanos queren sitiar á aldea gala por medio do lume... O tempo vén húmido esta semana, así que agardamos que mellore a situación.

Na extinción participaron efectivos de Santiago, da Xunta e do propio Concello de Teo, como Policía Local e Protección Civil. O alcalde de Teo criticou a actuación dos efectivos da Xunta ao considerar que non estiveron á altura. Non sabemos exactamente o que quixo dicir: "Infórmanme de que os medios terrestres da Xunta deixan moito que desexar." (Martiño Noriega)