jueves, 26 de enero de 2012

Teo: Control Policial

Está mañá puidemos observar a un gran número de axentes da Garda Civil patrullando polo Concello, por lugares como Cacheiras, Augas Mansas, Vilar de Calo... Os rumores apuntan a que andaban á procura dun par de sospeitosos relacionados co chalé de luxo de O Milladoiro que cultivaba cannabis. O caso é que a presenza policial durante esta mañá chamou moito a atención dos veciños.
Noutros puntos tamén se puideron ver, non se sabe se tamén tiña relación co asunto anterior, a patrullas de Atestados e ata parece que o coche-radar da DGT que ten "prestado" o Concello saleu esta mañá, aínda que só fose para ir tomar un café...

martes, 24 de enero de 2012

Milladoiro non é Teo!

Esta mañá oíamos na radio que detiveran a unha persoa en Teo por ter un macro viveiro de cannabis nun chalé de luxo. Pero despois podemos ler na prensa que o chalé está no Milladoiro, que non é Teo (que nós saibamos), senón Ames.
¿Acaso a xente non distingue entre Teo en Ames ou será que Teo é un concello con máis renome ou que nos queren deixar mal (lembremos a oleada de roubos, o desastre das contas municipais...)?

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/macrovivero-cannabis-un-chale-lujo-milladoiro/idEdicion-2012-01-24/idNoticia-725054/

martes, 17 de enero de 2012

A nosa opinión sobre o acontecido esta semana...

Non somos illas: somos continentes. A vida de calquera ser impórtame e aféctame. A morte de calquera ser diminúeme. Por iso, non preguntes nunca por quen dobran as campás. Están a dobrar por ti.

Extraído de: "No man is an Iland, intire of it selfe; any man's death diminishes me, because I am involved in Mankinde; and therefore never send to know for whom the bell tolls; It tolls for thee." (John Donne)

Un concello á deriva

Ante a deriva que está a tomar o concello de Teo, non nos queda máis remedio que erguernos do noso letargo para volver á nosa pequena loita... son tantos os despropósitos que se estan a producir no concello, e con tan pouca repercusión nos medios, que non nos queda outra.
Como o trasatlántico afundido, así é o futuro do concello: un capitán que abandona o barco e logo dí que gracias a el se salvaron miles de vidas, outros que foxen despavoridos, outros alegrándose da morte de anciáns, ... Parece unha película de terror, pero iso é o que temos.