miércoles, 25 de julio de 2012

Lío de siglas no 25 de xullo: BNG, CxG, ANOVA IN....

Vaia lío de siglas neste 25 de xullo! Un xa non sabe quen é quen e entre eles deben de dubidar a qué manifestación acudir, algún hasta se equivocaría de bandeira!

Porque hai tal lío de partidos montados a raíz da escisión do BNG que un xa non sabe quen é quen... No BNG están Jorquera e Vázquez, o dúo intentando gobernar un máis co outro, na Quintana. Temos logo a Compromiso por Galicia (que lle chaman CxP para ser modernos, pero qué frikis, no fondo...) cun tal Bascuas, en Bonaval, que quería ser líder pero acabou sendo ninguneado ata por uns "renegados" chamados Anova Irmandade Nacionalista (non confundir coa empresa Anova que fai as enquisas no xornal El Correo Galelgo) liderados por Beiras e o seu coñecido, para nós, delfín Noriega. Anova intenta ser a renovación da esquerda, algo así como os guais do nacionalismo [perdón, ¿acabas de poñer nunha mesma frase as palabras "renovación" e "Beiras"?...].

E así están as cousas. E claro, con todos estos grupos desunidos, é difícil que un país saia adiante. Pero ao fin e ao cabo, estamos a falar de políticos... ¿non?


Foto: El Correo Gallego


jueves, 19 de julio de 2012

Precaución, amigo conductor

Por favor, un pouquiño de precaución ao volante, que no que vai de semana xa van dous accidentes graves en Teo. Un producíase a principios desta semana, onde un motorista resultou arrollado por un coche na zona de Galanas, tendo que ser atendido polos efectivos sanitarios. E esta misma tarde tivemos noticias dun coche que volcouc completamente, quedando "patas arriba" nunha pista de Teo, pola zona de Solláns. Non sabemos se houbo feridos.
Así que, pregamos ter precaución ao volante.

miércoles, 18 de julio de 2012

Análise de cómo afectaría a reducción do 30% de concelleiro/as

Unha das reformas anunciadas por Rajoy é a reducción nun 30% de concelleiro/as nos concellos. Esta reducción, aínda que implica un aforro en soldos, que realmente non é moi importante, a lo menos, non tan imporante como a outra reducción (incriblemente pouco ou nada publicitada nos medios) da que xa falaremos, ten outras implicacións.
Nalgúns medios fálase de que esta reducción o que fará será fomentar o bipartidismo e eliminar ás forzas pequenas. Para comprobar isto, fixemos unha simulación cos resultados do ano 2011 en Teo para saber, con esta reducción, cómo quedaría o número de concelleiro/as no Concello.

Imos por partes. A Teo, polo seu número de habitantes, correspóndelle 17 concelleiros. Coa reducción do 30% serían 11 concelleiros (feita a conta, axustamos ao número impar máis próximo).

Os resultados no ano 2011 foron estes:

Ano 2011. Total votos: 10501
 
Partido VOTOS % Concelleiro/as
BNG 4740 45,14% 9
PP 3607 34,35% 6
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1


Se facemos a simulación con estes mesms datos, e aplicando a Lei d'Hont, obteríamos esta distribución:



Partido VOTOS % Concelleiro/as
BNG 4740 45,14% 5
PP 3607 34,35% 4
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1




Como vemos, cambia bastante a situación no sentido de que o BNG perdería a maioría absoluta e os dos partidos minoritarios: PSOE e InTeo manterían os seus concelleiros, pero con máis forza se cabe; lembremos que isto sería mantendo o mesmo número de votos.

Esta simulación vota por terra os argumentos dalgúns medios sobre a perda de representividade dos grupos pequenos. Realmente, a reducción de partidos prodúcese cando nun concello existen moitas forzas pequenas, pero nun concello como Teo onde só se presentan 4 grupos, o que se fai é dar maior peso a eses grupos.

Para as próximas eleccións a cousa será moi interesante xa que está prevista a entrada dun novo grupo, a do actual alcalde, que se podría chamar Novo Proxecto Común (NPC), aínda que, como xa vos imos adiantar, posiblemente non será Martiño o candidato, pero esa é outra historia... O caso que nos ocupa é que con ese novo partido sí que podería haber cambios. Cómo sabelo? Fixemos unha nova simulación. Imaxinemos que os votantes do BNG se dividen a partes iguales entre BNG e NPC (imos poñer un voto máis a BNG para evitar empates). Nese caso, a distribución de votos e concelleiros sería así:



Partido VOTOS % Concelleiro/as
PP 3607 34,35% 4
BNG 2371 22,58% 3
NPC 2369 22,56% 2
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1


Aínda que parezan os mesmos resultados, neste caso a presenza de InTeo depende de moi poucos votos (con varios votos máis a calquera das outras forzas, xa estaría fóra), e a diferencia entre BNG e NPC é debido a ese voto que lle puxemos para evitar empates. Polo tanto, a inclusión dun novo partido o que fará será mermar as posibilidades de representación dos grupos pequenos.

E para a próxima analizaremos o recorte anunciado por Rajoy e do que os medios non se fixeron eco a pesar da súa importancia económica, e que atinxe aos concellos.





lunes, 16 de julio de 2012

O novo aulario do CEIP de Calo non estará listo para o inicio do curso

E a culpa sempre é dos outros. Isto pasa por non "petar ás portas" e quedarse na cadeira... e non falamos agora do alcalde, senón da responsable de Educación do Concello.

sábado, 14 de julio de 2012

¿E a piscina da Ramallosa, onde está?

Hai cousa dun ano podiamos ler:

El plazo para terminar la piscina cubierta de Teo será de siete meses
(La Voz de Galicia, 28/7/2011)
[...] En las mismas bases se fijó un plazo de ejecución de veinte meses, pero la empresa finalmente adjudicataria de las obras se ofreció a terminar la piscina en siete, lo que puede permitir que la instalación, que también incluye un gimnasio, esté terminada en la primavera del año que viene.

La piscina de Teo avanza a buen ritmo tras la reforma del proyecto
(La Voz de Galicia, 22/11/2011)


 Xa estamos a mediados de Xullo do 2012 e todavía non se sabe nada da piscina. Estanse a cumplir os rumores que xa vos adiantamos. E desta vez, o noso ben querido alcalde non dá a cara para explicar os motivos de dito retraso, a pesar de que Rafa Sixto aseguraba que «a vixiancia permanente dende o Concello faise imprescindible».

En fin, nha vez maís teremos razón... e non haberá piscina. ¡Qué boa noticia para Teo!



Ningunha manifestación de repulsa a un acto delictivo, ¿é normal?

Despois de saber da noticia El exalcalde de Santiago Conde Roa sufre una agresión en plena calle unha pensaría que os representantes políticos, eses que tanto falan de valores democráticos, fixeran algunha manifestación de apoio a quen foi, democraticamente elixido, representante da cidade de Santiago.

A omisión de calquera tipo de manifestación pódese entender como que están, non a apoiar directamente, senón a consentir este tipo de actos delictivos.

A repulsa a este tipo de actos é o que fai que un politico demostre o seu verdadeiro talante democrático. A ausencia non fai máis que evidenciar a falta de vontade democrática e falta de unión dunha clase política que, nos tempos que corren, deberían de estar máis unidos ca nunca.

Pero este tipo de cousas evidencian que o único que lles importa aos políticos, sexan da ideoloxía que sexan, é manterse no poder. ¿Son todos/as iguais? Pois vai ser que sí.