domingo, 30 de marzo de 2008

O futuro político de Teo: falan os astros

Aquí temos, por fin, a exclusiva prometida. Esta vez en desbloquearTeo fixemos un grande esforzo para poder ofrecervos a información que estades a punto de ler.

Contactamos cunha vidente de Teo (Belisama) para coñecer o que din os astros dos tres políticos máis representativos do Concello, lido a través dunha tirada de Tarot. Reunidos con ela, só lle aportamos uns datos sobre a ocupación política de cada un deles; o resto fíxoo ela.

Aportamos fotografías das tiradas reais que nos fixo para cada un, e a súa interpretación, totalmente allea a contaminacións e opinións subxectivas. A nós resultounos sorprendentes algunhas das revelacións. Aí van.


Noriega:

Esta persoa comeza unha nova andaina. Así o reflexa a carta do mago que significa o comezo de algo novo, dunha etapa na súa vida que marca un punto e aparte no seu pasado. O mundo (2ª carta) mostra unha época de esplendor, de victoria, que sen dúbida lle pasará factura pois a terceira carta dime que esta persoa vai entrar nunha época de pensamentos profundos, de reflexión sobre o seu estado. Seguramente en algunha ocasión vai botar de menos a súa vida pasada. O futuro a longo plazo tráelle máis dun quebradeiro de cabeza que o sumirá nun estado de soidade que desde logo influirá na súa profesión actual.


Jano Leis:

Este home non deixa de pensar naqueles maravillosos anos . Trata de encontrar unha explicación á situación na que se atopa neste momento, cando todo lle era favorable no pasado: en qué puido equivocarse.
O futuro a corto plazo non lle traerá grandes sobresaltos. Pouco a pouco asumirá a situación actual e collerá novos folgos para comezar unha nova etapa.
O xuizo da xente (4º carta) seralle favorable e asumirá unha nova época na súa vida con forza, sabendo que, por fin, a xustiza existe. Estes arcanos mostran que esta persoa vai asumir un cargo importante no seu futuro.


Armando Blanco:

Armando Blanco síntese forte. Ten unha grande confianza en sí mesmo. Vive un pouco no pasado sen decatarse da situación na que se atopa.
Mostra a unha persoa optimista no seu futuro, pero á vez vexo, segundo a posición das cartas, que non ten os pés na terra e co tempo darase de conta de que a súa situación é caótica na faceta política.

viernes, 28 de marzo de 2008

¡Exclusiva sobre o futuro do Concello!

O equipo de DesbloquearTeo na súa liña de ofrecer información que non se publica noutros medios, e grazas esta vez á contratación de expertos, prepara unha exclusiva na que se desvelarán datos que serán claves para adiantar cal será o futuro político dos membros do Concello: Noriega, Leis e Blanco.

Os datos, nunca antes vistos, esta misma tarde.

GALESCOLAS

Extracto do blog socialista:


5.- Moción de Urxencia de Parajó: construcción dunha "gardería" nun solar municipal da urbanización "Augas Mansas".
PP e PSOE apoiamos esta moción sempre e cando esa nova escola infantil quedara baixo titularidade municipal.
[...] Martiño Noriega e o seu goberno introducen unha enmenda para que o pleno ceda esa parcela a Vicepresidencia da Xunta para construir unha galescola. PP, PSOE e INTEO [...] rexeitamos a enmenda do Goberno municipal.
O alcalde Martiño Noriega deixou ben claro que se se aprobaba a sua enmenda executaría o acordo plenario, pero se non era así non o respectaría porque considera que iso é unha "competencia exclusiva do alcalde". ¿A isto, cómo se lle chama?: ¿"talante democrático" ou "fariseísmo"?



Hai tres puntos que consideramos importantes aquí.

1. Tema da galescola, que non deixa de ser unha gardería. E Teo precisa de garderías. E se a Xunta nos fai unha, aforrándolle os cartos ao Concello, ¿cal é o problema? ¿O problema é que é unha galescola? Por Deus, señores do PP e do PSOE... que son nenos de 3 anos... que por moito que lles intenten meter ideas na cabeza son nenos e nenas...

2. Sorprendidos quedamos do labor de Parájó: o chanzo máis débil da cadea foi o único que propuxo algo e ademáis de especial importancia para os veciños. O resto da oposición debería de tomar nota.

3. Por último, en DesBloquearTeo queremos iso, "desbloquear". Neste caso, apoiamos ao alcalde na súa postura de "competencia exclusiva do alcalde". Se esa é a única vía para poder levar adiante proxectos, estamos con el. Queda dito.

viernes, 14 de marzo de 2008

Pegatas de DesbloquearTeo


Fai click na imaxe para vela en maior tamaño.

Descarga e difunde a mensaxe: desbloquearteo xa!




miércoles, 12 de marzo de 2008

Nos toman por parvos ou que?

Os números non minten pero no Blog dos Socialistas de Teo non parece que vexan os mesmos datos que vemos nós. Vexamos algunhas incoherencias, pero lembremos os resultados primeiro.

  • Candidatura - 2008 / 2004
    PP
    4.955 votos 43.93 % - 4988 46.95 %
    PSOE 3.916 votos 34.72 % - 3688 34.72 %
    BNG 1.879 votos 16.66 % - 1389 13.08 %

E agora vexamos o que din no blog socialista...

"MAGNÍFICO RESULTADO DOS SOCIALISTAS EN TEO"
Vamos, se entendemos por magnífico quedar como estabamos... ¿pensaban entón que ían a ter peores resultados? ¿Por qué?

"o Partido Socialista consolídase como principal alternativa e acorta distancias respecto do Partido Popular"
Claro, a costa de que o PP baixa en porcentaxe e a que hai uns 500 novos votos máis do Bloque. Ou sexa, mérito do PP, non do PSOE.

"o BNG non consigue rendabilizar a sua actuación no goberno municipal"
Algo sí que rendabilizaron cando conseguiron subir respecto hai 4 anos.


"a sociedade civil de Teo, aínda que reforza o esquema bipartidista imperante en España, reflicte asi mesmo unha grande pluralidade de opcións e en calquera caso expresa unha tendencia moi minoritaria do nacionalismo (pouco máis do 16% de apoios)"
Pois nas munipais non pasou iso! ¿É necesario poñer de novo os datos? Pois aí van:

  • BNG 3.654 /33,62% /6
  • PP 3.251/29,91%/6
  • PSdeG-PSOE 2.535/23,33%/4
¿Opción minoritaria a do BNG? Nas municipais, desde logo, non. Rotundamente.
Neste caso, a opción minoritaria sería a do PSOE...

E por certo, a expresión "pouco máis do 16% de apoios" é claramente despectiva. Porque o 16.66% claramente está máis cerca dun 17% que pouco máis que un 16%. ¿Xa olvidamos as matemáticas da ESO? Repasen o tema do redondeo.

A non materialización dun goberno de progreso pode pasar factura no horizonte inmediato.
Unha frase moi bonita. Pero nós pensabamos que era o PP o que nos metía o medo no corpo...

E xa non comentamos nada máis... por hoxe.

P.D. ¿Entendedes agora o título desta entrada?

lunes, 10 de marzo de 2008

Forges, sempre xenial...


Resultados Eleccións Xerais en Teo

Candidatura - 2008 / 2004
PP 4.955 votos 43.93 % - 4988 46.95 %
PSOE 3.916 votos 34.72 % - 3688 34.72 %
BNG 1.879 votos 16.66 % - 1389 13.08 %

PP perde un pouco de fuelle, o PSOE queda estático (iguala por centésismas, é incriible!!) e o BNG sube grazas ó aumento espectacular de votantes... seguramente son a nova xeración de xoves que se instalaron no Concello (nas novas zonas residenciais).

Pero comparado coas últimas municipais, ¿que pasou cos votos do BNG? Nas munipais arrasaron, pero nas xerais descenderon á metade. É lóxico, nas munipais votaron a unha persoa, non a un partido.

Eleccións Municipais 2007
Candidaturas /Votos /%/Concejales
BNG 3.654 /33,62% /6
PP 3.251/29,91%/6
PSdeG-PSOE 2.535/23,33%/4
IN TEO 820/7,55%/1
TEGA 4183,85%/ 0

jueves, 6 de marzo de 2008

El elevado coste del servicio del refugio canino de Bando levanta malestar entre alcaldes de la comarca

Nova de El Correo gallego (ler noticia aqui):

El refugio de Bando costó 30.000 € a cinco concellos en sólo cuatro meses.

En el último cuatrimestre, en los ayuntamientos de Ames, Brión, Boqueixón, Teo y Vedra se recogieron 71 animales. Los alcaldes no cuestionan el servicio pero piden que se involucre la Consellería de Medio Ambiente. [...]
El elevado coste del servicio mancomunado de recogida de perros al refugio canino de Bando ha vuelto a levantar cierto malestar entre alcaldes de la comarca. [...]
Los ayuntamientos de Ames, Brión, Teo, Boqueixón y Vedra trasladaron a las instalaciones de Bando un total de 71 animales abandonados entre septiembre y diciembre de 2007 (32,5 euros por cada animal). [...] Le sigue el Concello de Teo con una cuota de 8.534 euros más los 684 correspondientes a los perros recogidos.
Al hilo de estas cifras, ya son varios los alcaldes que han mostrado su malestar por la carestía del servicio. El regidor de Teo, Martiño Noriega, que en todo momento coincidió con la política de custodia y cuidado de los animales llevada a cabo por el refugio, señalaba ayer que en la última de las reuniones celebradas por los miembros del consorcio que gestiona las instalaciones, propuso que la Consellería de Medio Ambiente entre de una forma más activa en la financiación del servicio, que se ubica en Santiago.
En los mismos términos se expresó el alcalde de Brión, José Luis García, que insistió en la necesidad y en la conveniencia del servicio, aunque señaló que los alcaldes coinciden en que "hay que abaratarlo, ya que se hace muy cuesta arriba para los municipios".


O Refuxio de animais é necesario. ¿É un servizo caro? ¿35 EUR pola vida dun animal é un gasto excesivo? ¿Deberiamos contar en Teo cun Refuxio propio? ¿Cal é a vosa postura?