martes, 27 de mayo de 2008

¿Estado de sitio en Teo? Case, case...


¿Quen pode dicir o que está a pasar ultimamente en Teo no apartado de segudidade cidadá? ¿Por que tanto despregue policial polas parroquias?


Informáronnos de que o domingo á noite había un gran despregue policial de Garda Civil (unha decena de axentes, nos din) nunha pista de Cacheiras, facendo controis aos condutores. Só lles faltaban as ametralladoras...


Ultima hora: Nos chegaron noticias de que o domingo se produciu unha persecución policial no Concello, mais concretamente por Milladoiro e Solláns... ¿Tería algo que ver cos controis?


Ultima hora II: Outra xente nos comentou cómo a Garda Civil (non de Tráfico) actúa de oficio parando, identificando e ¿multando? a condutores dentro das propias urbanizacións tipo Augas Mansas, Montouto, Verxeis...

Algo está a pasar en Teo no aspecto da seguridade. Reclamamos máis información.

Ultima Hora III: Nos informan de novos controis, esta vez pola Policía Local, na zona da urbanización do Montouto. Lembremos que xa houbo aquí varios roubos a chalés. Parece que a Policía, por fin, está a traballar e non son meros recadeiros do alcalde, como pasaba antes. Os veciños, polo menos, saímos gañando neste aspecto.
¿Estase a desbloquear o Concello?... seguiremos observando.

viernes, 23 de mayo de 2008

¡Ultima Hora! Peche dos bares de Teo

Chegáronnos noticias de que a partir da semana que vén, van pechar os bares de Teo...
Pero non sexamos alarmistas; só se trata de que moitos dos que antes pechaban por descanso os martes, agora o farán os xoves.
As causas non as coñecemos pero seica ten que ver coas obras da autovía... Agradecemos máis información ao respecto.

Uso abusivo dos resaltos nas estradas de Teo, e “ilegais”.

Chegounos esta denuncia ao noso blog:



¿Quen non da un paseo un domingo por Teo, e atópase cada 300 metros unha banda sonora? Ademais se imos pola noite e non as temos localizadas podemosnos dar máis de unha sorpresa, xa que éstas non estan debidamente sinaladas como regula a DXT cas correspondentes sinais verticais.


Según o Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, no Tit. I, Cap. I, Art. 5, punto 2: “No se considerarán obstáculos en la calzada los resaltos en los pasos para peatones y bandas transversales, siempre que cumplan la regulación básica establecida al efecto por el Ministerio de Fomento y se garantice la seguridad vial de los usuarios y, en particular, de los ciclistas.”


¿Sempre que se cumpra a regulación básica? E cal é isa Regulación básica? Vexamos.


Según o Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, no Tit. IV, Cap IV, Sección 4ª, Subsección 1, Artigo 149; en referencia as sinais verticais exponse “1. Las señales de advertencia de peligro tienen por objeto indicar a los usuarios de la vía la proximidad y la naturaleza de un peligro difícil de ser percibido a tiempo, con objeto de que se cumplan las normas de comportamiento que, en cada caso, sean procedentes.”


No apartado P-15-a: “P-15 a. Resalto. Peligro por la proximidad de un resalto en la vía”
Co cal entendemos que os resaltos ou badéns na estrada deben ir procedidas cas debidas sinais vertiais, cousa que no concello de Teo, non sucede. O igual que sucede cos pasos de peóns que deben estar sinalizados cas sinais verticais.


Non so se trata de poñer resaltos nas calzzadas para os coches, hai que sinalizalos.



A Xunta de Seguridade... ¿facéndose ver?

Unha reflexión... Desde que se creou a famosa Xunta de Seguridade Local, tal parece que non paran de ir para arriba e abaixo todo o día (A Ramallosa - Os Tilos, Os Tilos - A Ramallosa), como se fora unha liña regular de bus.

Os que andamos a miúdo pola zona de Cacheiras podemos ver como ao longo do día non para de pasar: a Policía Local (no turismo e no todo-terreo), o camión de Bombeiros (en servicio e sen ir en servicio), o coche "multiusos" do Concello e o coche de Protección Civil. ¿É normal tanto desfile? ¿Será para darse a ver?...

Un lector nos comentou que a causa pode ser que moitas veces fan parada polo Montouto, en certo bar ben coñecido; alí se poden ver a diario os citados vehículos: bombeiros, policía e protección civil. Pero nós pensamos que a situación aló do citado bar é meramente casual...

martes, 20 de mayo de 2008

Continúa a ondanada de roubos en Teo.

Chegounos a noticia de que a mediados da semana pasada tivo lugar, no medio da noite, un roubo no bar A Santa Sede, na Ramallosa.
Ademais dos cartos da caixa e da máquina tragaperras, o local sufriu numeros desperfectos.

Observación:
Alguén se vén decatando de que ultimamente hai moita vixianza policial no Concello. Ás roldas da Garda Civil parece que se están a sumar efectivos da Policía Local. ¿Alguén pode aportar datos sobre este feito? Desde logo, no anterior governo a Policía Local era case inexistente e agora estanse a facer ver moito.

martes, 13 de mayo de 2008

Vicepresidencia inspecciona as garderías dos Concellos que criticaron a Quintana

Empeza a vinganza do vicepresidente (BNG), que agora ameaza con tratar de pechar e sancionar a todos aqueles centros de concellos que non se encartaron ás súas esixencias. ¿Entrará Teo no saco?

jueves, 8 de mayo de 2008

DESBLOQUEAR TEO: Inseguridade cidadá en TEO... é preciso actuar xa!

Antes de nada, un par de apuntes de hemeroteca:

Los destrozos del punto limpio obligan al Concello a estudiar medidas de seguridad en el recinto. [...] En las últimas semanas se ha detectado un aumento en los robos en las instalaciones con el consiguiente deterioro de las mismas,
inauguradas en el anterior mandato. La Voz de Galicia, 2008

El Concello de Teo quiere crear un nuevo órgano que coordine la
política de seguridad
. El alcalde teense justifica la necesidad de ese nuevo
organismo «á vista dos últimos acontecementos ocorridos en Teo relativos á
entrada en inmobles e actos vandálicos». La Voz de Galicia, 17/3/2008


O último é revelador: o alcalde admite a situación. E agora, uns apuntamentos que nos chegaron desde vías diferentes sobre o asunto dos roubos.

Por un lado, nos comentan de pequenos furtos en zonas residenciais da zona de Oza (Os Verxeis??). Ademais, nos din que nos últimos meses é moi frecuente a presenza da Garda Civil patrullando pola zona.

Por oura banda, unha persona nos comentaba como hai pouco na urbanización San Sadurniño desvalixaban un chalé a plena luz do día! Unha furgoneta na porta, e a enchela, ante a mirada dos veciños, que creían era unha mudanza!!

E tamén nos chegou onte mesmo un aviso: seica se están a dar roubos en pisos da zona de Cacheiras. Ao parecer, entran a calquera hora do día e forzan a porta; o que nos din é que, para que non se noten os ruidos, fan funcionar un taladro ou similar para que os veciños pensen que son ruidos por obras.

Como vedes, é unha situación que compre ataxar axiña antes de que haxa que lamentarse. Pero como sempre, con parece ser algo que importe aos expertos das mocións.

Última hora: Detienen a dos personas en Ames por robar en el almacén del Hotel Congreso de Montouto. Estos hechos tuvieron lugar en la madrugada del pasado 24 de abril . La Voz, 8/5/2008