miércoles, 23 de julio de 2008

Unha entrada breve pero concisa

En relación aos ataques, se se lles pode chamar así, para nós non son tal, só queremos sinalar que o que pense que este blog é mantido ou ten algo que ver co Bloque, vai por mal, moi mal camiño. A bo entendedor, poucas palabras bastan.
Cando teñamos un rato, ampliaremos este tema; de momento, queda así. Ao fin e ó cabo, as orienteacións deste blog serían difíciles de explicar. Queda todo isto un pouco críptico, pero o importante é o primeiro.

lunes, 21 de julio de 2008

Resposta á mensaxe de Santa, enviada desde o blog socialista

Queremos facer unhas puntualizacións a unha mensaxe aparecida no blog socialista (o oficial) escrita por Santa, entendemos militante ou simpatizante socialista, aínda que iso é o de menos pa nós.

Unha xa non sabe que curioso virus ataca a certos blogues deste concello que
adoptan xustamente unha apariencia contraria ao que pretenden de "facto". [...]
Até os que din querer "desbloquear" (con xogo de colores)Teo e actuan
"bloqueando" descaradamente.


Ben, entendemos que se está a referir ao noso blogue que é voso (¿a qué nos sona isto?...)


-Din estar contra os ladróns da propiedade en Teo, pero dan cabida e reproducen mensaxes de delincuentes que rouban a propiedade intelectual e a "marca" PSdeG-PSOE... Congruente maneira de pedir "seguridade"...

"Delincuentes" chámaos tí, pero iso terá que decidilo un/ha xuiz/a. Nós cremos que son opinións. Pero se cres que son delincuentes, supoño que xa os terás denunciado. Seguro que niso andades, porque si non, non se explica a afirmación anterior.
Por outra banda, non misturemos o tema do blogue co tema da seguridade cidadá. Non nada que ver unha cousa con outra.


-Nunca, xamais, se solidarizaron cos socialistas, malia a noxenta e persistente campaña de calumnias (ladróns,mafiosos, sicarios...)e inxurias... cómpre moita hipocrisía para pechar os ollos ante un xogo tan infame.

Os socialistas xa sodes (son) dabondo maiorciños como para que ninguén os defenda. Nós non estamos para defender a ninguén, porque non nos enteramos nin da metade das cousas das que se falan, maís que nada, porque non nos interesan as rencillas políticas e xogos de nenos pequenos. E punto.


-Nunca, xamais, vimos unha soa crítica (insisto: crítica, xa non condena)contra actuacións ilegais do goberno do BNG, recoñecidas por eles mesmos (iso si, baixo o eufemismo de "erros")como o asfaltado da estrada Solláns-Luou. Pola contra, xustifícase como se a lei fose un atranco que debe ser obviado e as costas das ilegalidades non contasen.

Non podemos dicir que algo é ilegal sin non se demostra. Se o Concello, como o noso representante veciñal, dí que foi un erro, pois un erro será. Se foi ilegal, entendemos que xa a oposición actuaría en consecuecia; de momento, non vimos que fixera nada ao respecto. Vale, que sí, que seguro que se falou no pleno e patatín-patatán... pero iso non chega aos veciños. A ver se vos dades conta: non chega aos veciños, que é a quen ten que chegar.
(Podedes publicalo no boletín, pero con tanta letra... ¿quen o vai ler? Facede uns debuxos, unha caricaturas, que iso sí que entra polos ollos. Por favor, máis imaxinación e inxenio!

E sobre o último comentario, estamos plenamente a favor da lei e tivemos que "sufrila" en moitas ocasións. Temas personales, que ás veces fan pensar a un que canto máis te axustas á lei, máis paus levas... E repetimos o que levamos repetindo: os veciños non saben se foi un erro ou algo ilegal. Só ven o asfalto e xa está.



-E que dicir desa nova teoría de que o importante é facer cousas, sen planificar, sen estudios de impacto, rendibilidade, gastos... todo porque é mellor facer "algo" que nada?

Todo iso é necesario, obviamente. Niso estamos dacordo. Pero o importante ó final é facer cousas.


-Pero é que realmente algún destes xustificadores da ineficacia e a ineficiencia actúan así na súa vida privada, nos seus estudios, no seu emprego?Cren acaso que por escribir calquera cousa nun exame van aprobar?

Grazas por pensar que estamos en idade de facer exames, pero por sorte ou desgracia, según se mire, xa pasamos esa época.


-Cren talvez que un empresario mantería no seu posto de traballo a un empregado que por "facer algo" fixese unha parede torta, un camiño en zig-zag ao chou, colocase unha roda pinchada a un coche... todo por facer "algo"?

A solución sería o despido? Sen contemplacións? Sen intentar saber os motivos desa actuacións? No tema que nos ocupa, non vemos que o PSOE actuase en consecuencia. Máis ben agora saiulles o "tiro pola culata", porque o Bloque soubo darlle a volta á tortilla e poñer a actuación solialista como un atranco para o asfaltado.
Falta plan de ataque organizado no PSOE, xa o vimos dicindo desde hai meses, pero nada... e así con se gañan eleccións. Tedes (imaxino que serás socialista) que reflexionar niso: o "inimigo" utiliza toda a súa maquinaria pesada de propaganda que vos funde todo o voso traballo. Esa é a realidade; e ata que vos deades conta diso, non teredes nada que facer.


E eu, por suposto, non teño nada contra a ideoloxía e as simpatías de cadaquén, pero amólame sobremaneira que se agochen as intencións do que realmente se pretende: "BLOQUEAR" TEO. -Talvez non sexa máis cunha parodia de "Burla Negra"...Que mágoa de xogo sucio! Santa.

É unha mágoa que non entendas a estas alturas de qué vai este blogue. Pensabamos que erades máis intelixentes. Pero vemos que seguides vivindo nos "mundos de Yupi" ou algo así. Un mundo irreal onde as cousas deberían de ser doutra maneira pero non son. Estades nunha cova e canda saídes non sodes capaces de adaptarvos á luz. A luz non é máis que a xente corrente traballadora, que "pasa" dos políticos. Esa é a realidade.

E xa podedes facer as reunións que queirades, planificar todo, facer todo en orde... pero ao final, o que triunfa non é o mellor, é o que mellor se sabe vender. Marketing. Ése é agora a palabra máxica da política. É unha pena, pero é así. E ata que o vexades, non teredes nada que facer.

O futuro so socialismo en Teo pasa por unha renovación: de caras e de actitude.

De caras, é obvio, o cabeza de lista debe cambiar. Non é nada persoal, pero hai que saber o que a xente fala; con ou sen razón, influenciados quizáis por traidores do propio partido. E a opinión sobre o voso cabeza de lista non é moi favorable. E todo é polo marketing. Así de cruel.

E cambio de actitude: non se pode botar a lexistatura tendo un enfrontamento persoal co alcalde. Un enfrontamento persoal que trascende o profesional. Moito criticar a actitude de acoso de derribo de Rajoy contra Zapatero e agora en Teo é o acoso e derribo do PSOE contra o BNG. Podedes dicir que é con razón, e iso non o discutimos, pero o que a xente ve na rúa, e volvemos ó mesmo de sempre, é unha teima do PSOE de Teo por sair nos medios e poñer pancartas e facer ruido. ¿Para qué? Total, con ese candidato nunca chegarán a nada. É o run-run diario. ¿Ou vós non ides ás tabernas? Pois deberiades de ir máis.


E non temos nada máis que dicir. Que cada quen entenda este blogue como queira. Nós sabemos do que falamos; dicimos o que se comenta na rúa e punto. O que queira entender que o faga. O que non, alá el/ela.

jueves, 17 de julio de 2008

El PSOE pide la eliminación de las bandas rugosas y un plan de seguridad vial

Consideran que es necesario asfaltar y señalizar debidamente las carreteras municipales.

El Partido Socialista de Teo, liderado por Jano Leis, reclama la eliminación de las bandas reductoras de velocidad "que o goberno anda sementando no termo municipal", al considerar que la función de las mismas es "ineficaz". Desde las filas socialistas se critica la política de seguridad viaria aplicada por el gobierno de Martiño Noriega y el elevado coste (30.000 euros) que supuso para las arcas la colocación de dichas bandas "que son un fracaso".

Fonte: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=947&idNoticia=324192


¿Son un fracaso? ¿De onde sae esa conclusión? Porque o certo é que cumplen coa súa misión: facer que os coches aminoren a velocidade.


También piden la redacción de un mapa de puntos negros en la red viaria de Teo y el diseño de campañas de sensibilización y de educación vial.

Facer un mapa de puntos negros na rede viaria. Moi ben. Moi bonito todo. Todo moi bonito en papel, pero a realidade non se debuxa nun papel, senón sobre o terreo. Temos un mapa de puntos negros e logo ¿que?. ¿Que facemos con el? ¿Miramos para el e miramos o bonito que quedou? Menos papeleo e máis solucións.
O bloque puido equivocarse no tema das bandas rugosas pero alomenos intentou facer algo, que xa é abondo nos tempos que corren. O sistema ten defectos, pero algo é algo. Ás veces é máis conveniente actuar que non facer reunións e reunións...

miércoles, 9 de julio de 2008

Policías tumbados que resucitan...

Seguimos vivo/as, como vedes. Despois dunhas merecidas --porque o dicimos nós-- vacacións, volvemos ao choio con ánimos renovados. Non vos preocupedes, que temos para todo/as... vimos cargadiños de novas de interese.

Policías tumbados que resucitan...

Os chamados cotiamente como policías tumbados, ou sexa, as bandas redutoras de velocidade, están a dar choio aos do Concello. Por un lado, moitas delas estaban sen sinalizar e por outra, moitas son arrincadas polos veniños --realmente, non se sabe quen-- co cal uns andan a tumbar e outros a levantar...
O conto é que a broma está a costar ao Concello e a nós ao fin e ao cabo un diñeiral. Cada módulo son 50 EUR, e xa viña no xornal que gastaron máis de 4000 EUR en repoñer. E calquera que vaia por algún sitio como Augas Mansas pode ver que foron arrincadas filas enteiras.

Ante isto, pensamos en voz alta:

a) O Concello debe darse de conta de que os veciños están en contra. Falta diálogo do Concello cos veciños.
b) ¿Deber ser os veciños deben ser sancionados por estes actos? ¿É un acto de rebeldía "entendible"?
c) ¿Con necesarios estes medios para controla-lo tráfico? En certas zonas, é lóxico que se fan necesarios, pero noutras, vese unha medida desproporcionada.
d) ¿É lóxica a teima do Concello con este tema? Se tanto se preocupa pola seguridade, ¿por que con ten tanta dilixencia para arranxar baches que son case pozos de petróleo e que poden provocar accidentes? Moitas veces non tardan nin unha semana en repoñer as bandas redutoras...
e) ¿Alguén sabe que empresa está a encher os petos con tanta re-colocación das bandas redutoras?