lunes, 31 de enero de 2011

Martiño fala da vaga de roubos

En recente entrevista  a Radio Obradoiro, Martiño falou da vaga de roubos en Teo. Entre o que dixo, destacamos:

A vaga de roubos é cíclica, ocorre tódolos anos nos mesmos meses.
Será cíclica, pero o ano pasado non existía esta vaga de roubos.

O alcalde é optimista e pensa que nuhas semanas se arranxará o problema.
Se facemos caso do que di antes, debe de ser que febreiro xa é un mes de baixa incidencia.

A orixe do problema non é tanto policial, senón que vén da crise de das políticas antisociais.
Perfecto, sacando balóns fóra e achacando o problema ó goberno central socialista...

Sobre a Xunta local de seguridade, dixo que algúns adoptan posicións oportunistas sobre a mesma, e que aínda sendo importante, non é fundamental para evitar roubos. Que por suposto a porán en marcha, pero co novo Regulamento aprobado no ano pasado.
Aquí non podemos opinar moito porque xa están mezclando temas legais e regulamentos para enmarañar máis a cousa.

Tamén indicou que os veciños falan e que ás veces establécense canles de comunicación e se fala de máis roubos que os que realmente houbo.
¿Falan dos blogs nos que nos limitamos a ser a voz dos veciños e a contar o que se fala nas rúas e tabernas?

sábado, 29 de enero de 2011

O candidato do PP... pasiño a pasiño faise camiño

O sr. Guerra segue coa súa precampaña pasiño a pasiño e como siga así, vai dar máis que unha sorpresa...
O último, tras apuntarse o tanto das zonas recreativas da autovía, agora xa chega a criticar ao alcalde por non reunirse antes coas forzas da orde debido á ola de roubos en Teo.Critica, pero amosa a súa disposición a dialogar e axudar no que sexa necesario (como no caso das zonas recreativas, ¿quizáis?

E algo debe de estar a facer ben cando o mesmo Martiño xa se empeza a pór un pouco nervioso ante o que vai saíndo na prensa e mesmo nos blogs... malo, malo.

viernes, 28 de enero de 2011

A pre-campaña anímase: PP e BNG apuntándose un mesmo tanto!

O sr. Guerra do PP parece que vai dar "guerra" (chiste fácil, pero inevitable) de verdade e vai poñer toda a carne o asador nestas eleccións.
Un exemplo é o que atopamos a resultas desta nova que saía na prensa:


Compromiso para arreglar las áreas de ocio de la AG-59 TEO 
27.01.2011 La Consellería de Medio Ambiente, trasladó al Concello de Teo su compromiso de hacerse cargo de las reparaciones en las instalaciones deportivas y de juegos de la AG-59, en los lugares de Castres y A Torre y de dejarlas "nas mellores condicións posibles". Una vez subsanados los desperfectos, la Xunta muestra su conformidad a que sea el Concello quien se encargue de estas áreas. El alcalde se mostró satisfecho con esta decisión.



 E ante esta nova, ¡atención! dúas reaccións:

A Xunta contestou rápido a nosa proposta de amaño das áreas de ocio da AG-59.Comprometéronse a arranxalas e logo a cedelas ao Concello.
Martiño Noriega (BNG)
Estivemos a facer xestións para que se resolvera isto, e o conseguimos.
Esto é unha cuestión de traballar.

José Manuel Guerra (PP)

Os dous, apuntándose o mesmo tanto! Sólo nos falta Jano Leis e Manuel Parajó... e Armando Blanco, claro.

miércoles, 26 de enero de 2011

Dando ideas á oposición

Agora resulta que desde este Blog estamos a dar ideas á oposición... A resultas da oleada de roubos que estamos a denunciar desde hai días nunha entra dester Blog comentábamos que o acordo para crear a Xunta local de seguridade non foi executado polo alcalde.
E agora sae na prensa precisamente o mesmo, da man de Jano Leis:

Leis reclama la junta de seguridad local de Teo ante la oleada de robos
El PSOE mantiene que el órgano nunca se convocó pese a aprobarse en pleno
¿Casualidade? Non cremos nesta clase de casualidades.
O que sí cremos é que o Sr. Jano ésta bastante só no seu grupo e é incapaz de contar cun grupo unido que traballe polo socialismo en Teo e ten que ir collendo de aquí e de alí para ter algo co que saír nos xornais.

As eleccións están moi próximas e a cousa está bastante verde no PSOE de Teo. A diferencia do Bloque que fai movilizacións e encontros cos veciños e tamén do novo candidato do PP, o sr. Guerra que pouco a pouco estase a facer notar.

lunes, 24 de enero de 2011

Nova máis de sospeitosa...

Esta nova aparecía hoxe na prensa:


Fecales cuneta abajo por Calo
Un vecino denuncia aguas negras en los núcleos de Mouromorto, Mazas, Fixó o Carballal, en Teo



Lendo a noticia, un pode decatarse de que aín da que é un asunto preocupante, elevar este asunto á categoría de noticia dun xornal é máis que sospeitoso... Parece claro que o obxectivo deste xornal é o alcalde do Bloque. Non tardaremos en ver desfilar ao candidato do PP por este xornal... como xa empezou a facer Armando noutro xornal. ¡Como se nota a cercanía das eleccións municipais!

Pola nosa banda, encántannos estas maniobras, porque dan "vidilla" a unha vida política de Teo que estaba un pouco parada.

Oleada de roubos en Teo: imos a peor

Seguimos coa preocupante oleada de roubos en Teo. Desta vez tocoulle á escola da Casalonga.

Denuncian un robo en la Escola de Casalonga, en Teo 10.35h.
Los ladrones sustrajeron material informático y audiovisual//Responsables del centro muestran los desperfectos en un vídeo colgado en Internet

domingo, 23 de enero de 2011

Confirmado: Armando Blanco xa ten partido

Como vos adiantábamos, Armando xa formalizou o seu partido, e de novo, acertamos cando diciamos que se identificaría cunha agrupación veciñal.

De momento dí que non sabe se será candidato á alcaldía, pero todo apunta a que é unha estratexia para entrar nas listas do PP, un xeito de facer forma no seu partido.
Se non o acepta, entón irá como independente.

viernes, 21 de enero de 2011

Oleada de roubos en Teo: cada día peores noticias

A medida que pasan os días, chegan peores noticias sobre a inseguridade en Teo (e alrededores) e a ineficacia das forzas da orde.
Se xa dixemos aquí que había una vaga de roubos no Nadal na zona de Luou, a cousa se complica cando nos din que houbo máis de 20 roubos nesa zona, e que ata roubaron coches.
Hoxe ven na prensa que onte roubaban case á luz do dúa, nos Tilos, que practicamente está en Teo. (Ler nova)
Tamén a xente comenta que os roubos se producen en pleno día; e ata hai casos nos que os ladrón se atoparon con xente dentro da casa e os atacaron con sprays inmobilizadores.
E a todo o descrito, lembremos a oleada de roubos en Augas Mansas, o intento de atraco en supermercados un no Montouto e outro en Galanas (non dicimos os nomes pero xa sabedes cales son), o ataque contra a sede socialista, e aparición estes días de pintadas ameazadoras na zona de Cacheiras.
E con todo isto, agora descubrimos que o acordo para crear a Xunta local de seguridade non foi executado polo alcalde. ¿A que se agarda para facelo?

jueves, 20 de enero de 2011

Oleada de roubos en Teo: o Concello está tranquilo

O Concello manda unha mensaxe de tranquilidade diante dos roubos dos últimos días

18/01/2011 / Segundo informa a Policía Local e a Garda Civil do Milladoiro, nas últimas semanas, producíronse varios roubos no Concello de Teo en zonas de Calo, Os Tilos, Luou e Cacheiras. Os ladróns entraron en domicilios particulares así como en establecementos comerciais, nalgunha xornada coincidindo coa celebración de datas sinaladas do Nadal.
Fontes da Garda Civil trasladáronlle esta mesma mañá ó alcalde de Teo que xa se está incrementando a vixiancia no termo municipal. Sobre este tema manterase unha reunión de seguimento coa Garda Civil e a Policía Local a semana próxima. Segundo explican dende a Policía Local a mellor recomendación ante situación é a alerta diante de calquera movemento que poidan considerar extrano. Ademais de recomendar que se incremente a prudencia e se observen medidas de seguridade básicas a policía invita a que se traslade calquera detalle aínda que se considere de pouco interese. O teléfono da Policía Local de Teo é o 606 984 838

Fonte: Concello de Teo




Un pouco tarde, ¿non? Cando nós xa recibimos mensaxes sobre este asunto hai semanas, aínda agora é cando, tras saír na prensa, o Concello se preocupa pola situación. ¿O teléfono da Policía Local funciona? Porque hai uns días nos dicían nun comentario que sempre comunica.



miércoles, 19 de enero de 2011

Oleada de roubos en Teo: xa o avisamos

Xa vos temos avisado das oleadas de roubos en Teo, e agora, por fin, xa sae na prensa.

Preocupación por la oleada de robos en el área de Compostela

Empresarios de Oroso y Teo piden más vigilancia//La Benemérita de O Milladoiro registró 5 denuncias por entradas en viviendas//Patrullan con coches de incógnito//La Policía teense habla de siete asaltos 

 

 

jueves, 13 de enero de 2011

Nova Lei de Augas: Os políticos xa se poñen nerviosos

Parece que a nova Lei de Augas do PP será un dos frontes políticos da temporada. En Teo xa se pode notar certo nerviosismo no clase política.
Así, o BNG está a realizar campañas informativas, en contra, por suposto, da Lei. E mentras a nós chéganos información de que a eses actos non acode ninguén, é o propio alcalde o que nos "corrixe" para dicirnos que as convocatorias están tendo moita acollida. E que seguirán realizando máis. Ata o punto de que xa teñen un calendario e todo (calendario de actos) que se apresuraron a poñer hai apenas unhas horas... E no seu local fan a recollida de sinaturas contra a lei.
Por parte do PSOE de Teo hai mutismo, non parece que lles interese o tema.
No caso do PP, os seus seguidores (que non os políticos, convén aclarar) xa están á defensiva e atacan  ao BNG. As cousas parece que non pintan tan ben de cara ás eleccións locais, esta Lei afecta a moitos veciños e non lle convén ao PP.

Lei de augas

Algúns apuntes para quen o saiba de que vai todo isto...
O que vén dicindo a lei é que haberá que pagar polo uso da auga, aínda que esta non veña da "traída". É dicir, os propietarios de pozos, minas e demáis, terán que pagar un imposto polo seu uso.

A lei é clara, textualmente: 
El canon se exigirá tanto por el uso o consumo de agua facilitada por entidades suministradoras como por el uso o consumo de agua en régimen de concesión para abastecimiento o procedente de captaciones propias,superficiales o subterráneas, incluidos los consumos o usos de aguas pluviales y marinas que efectúen directamente los usuarios.
 
¡PAGAR ATA POLA AGUA DA CHUVIA!


E case abliga a ter que instalar contadores:

La determinación de la base imponible se realizará, con carácter general, en régimen de estimación directa, mediante contadores homologados. A estos efectos, los usuarios están obligados a instalar y mantener a su cargo un mecanismo de medición directa del agua efectivamente usada o consumida.

Los usuarios que no dispongan de un mecanismo de medición directa podrán acogerse a sistemas de estimación objetiva. A estos efectos, se entenderá que un usuario se acoge al sistema de estimación objetiva cuando una vez transcurridos seis meses desde la entrada en vigor del reglamento que desarrolle las previsiones de la presente Ley en materia de tributos no disponga de mecanismo de medición.

Resumo: se non pós contador, terás que pagar en base a unha estimación. A Lei parece clara.

miércoles, 12 de enero de 2011

Nova Lei de Augas: Novo imposto aos propietarios de minas ou pozos

Informa o propio alcalde Martiño Noriega que: "hoxe ás 20.30 no local da Pontevella de Reis, está nun acto organizado polo BNG de Teo para falar da nova Lei de Augas (9/2010 do 4 de Novembro) aprobada fai unhas semanas pola Xunta gobernada polo Partido Popular.Unha lei que, amparándose na necesidade de preservar un recurso natural, grava inxustamente aos particulares (pozos,traídas veciñais) sen garantir un abastecemento público e sen contemplar un retorno dos cartos recadados no devandito abastecemento."
 


Seica os veciños xa están a organizarse en contra desta lei. É inxusta porque é o veciño o que ten se sufraga-lo gasto de face-la mina ou pozo (motores, bombas de achique, canalizacións, etc). ¿E se hai sequí hai que seguir pagando? ¿E se non se consume? Se o veciño paga, a Xunta garántelle a potabilidade da auga? Estaremos atentos ao acto. Esperamos que na web do BNG poñan máis información desta lei que afecta a moitos veciños de Teo. De momento a oposición non dixo nada (do PP é normal neste caso, pero no PSOE parace que "pasan").





viernes, 7 de enero de 2011

Situación preocupante en Pontevea

En Pontevea a situación é preocupante por mor das intensas chuvias. Publicamos unha foto que unha veciña colgou do se su Facebook onde se amosa a intensidade coa que baiza o río e as primeiras inundacións, no entorno da Burga.
Numerosas persoas se concentraban onte na ponte para contempla-lo espectáculo da auga, pero cande se superan certos límites, a situación xa se volve perigosa.
Por certo, o alcade seica toma hoxe vacacións. De novo, un concello descabezado cando máis se lle necesita.

 Na foto, o que se ve é a Burga... Debaixo da auga está o "pilón" da Burga.
(Foto tomada do : Facebook de Mª Lueiro)

Atención: Nova oleada de roubos en Teo

Recibimos noticias de que se estiveron a producir novos roubos en varias casas de Teo. Durante este Nadal, varios veciños da zona de Luou foron víctimas de roubos nas súas casas; comentan por alí que ata se levaron un coche.
Ante a falta de máis información, desde aquí facémonos eco para que nos aportedes máis información e para dar aviso a todos. De novo, volvemos a ser víctimas da inseguridade cidadá en Teo.

miércoles, 5 de enero de 2011

Estraño suceso en Teo

Contáronnos que o pasado luns 3 de xaneiro produciuse un estraño suceso en Teo a iso da tardiña... Sobre as 8 da tarde, nalgunhas zonas do Concello, temos constancia da zona de Casalonga e Ameneiro, houbo un corte de luz de 1 segundo de duración. Isto provocou que parte do alumeado público deixase de funcionar. Posteriormente produciuse un novo corte, este máis longo, de minuto e medio aproximadamente (isto soe ser habitual porque é cando os operarios arranxan a avaría).

O raro vén agora... xusto antes de producirse o primeiro corte, na zona de Calo púdose escoitar unha especie de explosión, como unha bomba de palenque pero máis forte. Veciños do lugar saíron a ver qué pasara pero o único que viron foi fume saíndo de ¿ningures? no medio da estrada.
Se alguén sabe máis deste estraño suceso, esperamos que o poña por aquí... tal parece un caso para Iker Jiménez...

martes, 4 de enero de 2011

Mapa de puntos negros en Teo

Xa empezamos a elabora-lo mapa de puntos perigosos en Teo. Pouco a pouco iremos completándoo. Contamos, como sempre, coa vosa colaboración.


Ver Puntos Negros - Concello de Teo en un mapa máis grande

Novo accidente en Teo

Onte pola tarde prodiciuse un novo accidente de tráfico. Un coche saíuse da vía a iso das 9 da noite, na parte de abaixo de Augas Mansas, nunha "famosa" curva bastante perigrosa que aínda se fixo máis perigosa desde que asfaltaron a estrada. Non temos constancia de feridos, pero sí da presencia desta volta de Protección Civil e a Policía Local.

Mapa de puntos negros
Dous accidentes en pouco máis de 2 días, dan que pensar... ¿Estase convertindo Teo nunha zona de alta siniestralidade? Estamos a elaborar un mapa de puntos negros do Concello de Teo e vos pedimos a vosa colaboración para completalo. Pola nosa banda xa temos localizados varios lugares especialmente perigosos para a circulación. O obxectivo é completar este mapa e facerllo chegar ao Concello para que tome medidas.

domingo, 2 de enero de 2011

Accidente de tráfico en Teo

Damos nota dun accidente en Teo, do que nos envíain imaxes. O primeiro día do ano 2011, ás 15.00H tivo lugar un accidente de tráfico na zona de As Galanas. O accidente parecía máis grave do que realmente foi, debido ao despregue realizado.
No accidente resultou ferido un mozo ao bater a súa moto contra un coche que nese momento facía un cambio de sentido á esquerda. O mozo foi trasladado en ambulancia e o conductor do coche puido saír polo seu propio pé, aperentemente sen danos.
O que nos din é que o despregue foi bastante espectacular para tratarse só dun choque entre un coche e unha moto. A contar, e por orde aparición (a orde de aparición é importante):
  1. Garda Civil de Ames
  2. Ambulancia Asistencial do 061
  3. Ambulancia Medicalizada do 061
  4. Garda Civil de Tráfico
  5. Bombeiros de Santiago
  6. Bombeiros de Brión
  7. Protección Civil de Teo
  8. Policía Local de Teo

Nós notamos algo extrano... ¿A Policía de Local de Teo chegando os últimos?