miércoles, 5 de enero de 2011

Estraño suceso en Teo

Contáronnos que o pasado luns 3 de xaneiro produciuse un estraño suceso en Teo a iso da tardiña... Sobre as 8 da tarde, nalgunhas zonas do Concello, temos constancia da zona de Casalonga e Ameneiro, houbo un corte de luz de 1 segundo de duración. Isto provocou que parte do alumeado público deixase de funcionar. Posteriormente produciuse un novo corte, este máis longo, de minuto e medio aproximadamente (isto soe ser habitual porque é cando os operarios arranxan a avaría).

O raro vén agora... xusto antes de producirse o primeiro corte, na zona de Calo púdose escoitar unha especie de explosión, como unha bomba de palenque pero máis forte. Veciños do lugar saíron a ver qué pasara pero o único que viron foi fume saíndo de ¿ningures? no medio da estrada.
Se alguén sabe máis deste estraño suceso, esperamos que o poña por aquí... tal parece un caso para Iker Jiménez...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe non tivemos telefono durante horas nas zonas de noceda, mallos e teo ! e os de telefonica nin caso nos fixeron

pedre dijo...

En Reis e Vilariño idem.

Anónimo dijo...

alguén sabe mais desa noticia?