martes, 4 de enero de 2011

Novo accidente en Teo

Onte pola tarde prodiciuse un novo accidente de tráfico. Un coche saíuse da vía a iso das 9 da noite, na parte de abaixo de Augas Mansas, nunha "famosa" curva bastante perigrosa que aínda se fixo máis perigosa desde que asfaltaron a estrada. Non temos constancia de feridos, pero sí da presencia desta volta de Protección Civil e a Policía Local.

Mapa de puntos negros
Dous accidentes en pouco máis de 2 días, dan que pensar... ¿Estase convertindo Teo nunha zona de alta siniestralidade? Estamos a elaborar un mapa de puntos negros do Concello de Teo e vos pedimos a vosa colaboración para completalo. Pola nosa banda xa temos localizados varios lugares especialmente perigosos para a circulación. O obxectivo é completar este mapa e facerllo chegar ao Concello para que tome medidas.

No hay comentarios: