viernes, 29 de marzo de 2013

Definicións


tileiro
s.m. Árbore da familia das tiliáceas, do que existen varias especies, de tronco recto, copa ampla de forma oval, follaxe densa que dá moita sombra, follas en forma de corazón e flores branco amareladas moi recendentes.

cazo
s.m. 1. Recipiente de cociña con mango [...] 2. Utensilio de cociña [...] 3. Recipiente [...] 4. Accesorio metálico dalgunhas máquinas[...]
Poñer o cazo. col. Aceptar un suborno. Todo o mundo sabía que era amigo de poñer o cazo.





jueves, 28 de marzo de 2013

Subida de taxas en Teo... un 400%



Para os que non cren moito nos rumores, non hai nada mellor que as hemerotecas. Rescatamos aquí unha moción do alcalde nun pleno de maio de 2012, no que pretendía unha suba de taxas de ¡ata un 400%!
"Sin embargo, el toma y daca de apoyos se acabaría antes la pretensión de los no adscritos de elevar las tasas urbanísticas, que según el PSOE crecerían hasta  “o 400% na  segregación de parcelas urbanas, ou do 300% de media nas licencias de construción”
El Correo Gallego
Pois este é o obxectivo programático do actual equipo de goberno: subida de taxas para tapa-lo burato millonario que hai no Concello de Teo, e sobre o que entraremos de cheo en breve, para que a xente coñeza o estado real das contas.

miércoles, 27 de marzo de 2013

WakaRumor: Impostos


Segundo o programa electoral de Anova Teo, ¿subida inminente de impostos e taxas municipais en Teo?

O que nos faltaba...

Chapuza nos Tilos: O responsable de infraestructura, bota balóns fóra



Un bo artigo en El Correo Gallego sobre a situación dos Tilos:
El gobierno de Teo culpa de los fallos en Os Tilos a los técnicos
La rúa Castiñeiro sigue embalsando cuando llueve, y lo achacan a la dirección facultativa del proyecto // La oposición exige más supervisión en obras públicas
Queda patente neste artigo a total falta de responsabilidade dun primeiro tenente de alcalde,  responsable das áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidada, que está a cobrar un bo soldo por... ¿rascarse aí abaixo? 

Resulta paradóxico, e á vez preocupante, que o único que se dignou a dar unha volta por Os Tilos, e disto hai xa uns cantos anos, trala finalización das obras, fora o Sr. Parajó, quen xa daquela alertou de certas deficiencias. Si, o Sr. Parajó xa avisou hai unas anos de que as cousas non se estaban a facer ben. Pero o Sr. responsable tiña cousas máis importantes das que preocuparse. Non sabemos cales, pero esperamos que as explique...

Estaría ben saber a que se dedica este responsable porque o que é supervisar as obras, e desta vez estamos a falar de case medio millón de euros, desde logo que non. O único que fixo no pleno foi botar balóns fóra e culpar aos técnicos. Así calquera ten un posto coma o seu, ¿non si? En fin, o peor de todo é que se despilfarran os cartos e ninguén asume responsabilidades...


¡Ollo ao dato! En Teo cobran por recibir curriculums...


Están a chegar rumores de que nalgún sitio (de momento non poremos nomes ata verificarlo) estase a dar a situación de que están a cobrar por recibir curriculums de demandantes de emprego.
Temos información precisa de quen se dedica a facer isto, pero de momento non daremos nomes, e vos pedimos información ao respecto se alguén ten máis datos, para asegurarnos.
O que si estamos seguros é de que vos sorprenderá o asunto cando o desvelemos, pois ten relación co *** de Teo...