miércoles, 18 de abril de 2012

El Rey: "Lo siento mucho. Me he equivocado y no volverá a ocurrir"

El Rey: "Lo siento mucho. Me he equivocado y no volverá a ocurrir"

Canto teñen que aprender os politicuchos que critican; eles nunca terán a valentía de pedir perdón polas argalladas que fan día tras día. Se alguén coñece o caso dalgún político que pedira perdón, que o diga, porque nós non coñecemos ningún.

lunes, 16 de abril de 2012

Conde Roa: conducta exemplar

Aparte de afinidades políticas, debemos recoñecer que o proceder de Conde Roa no affaire da débeda con Facenda foi intachable. Así, desde o principio non se escondeu, deu a cara, e ofreceu as súas explicacións. E logo, tras saber que ía ser imputado, para non prexudicar ao seu partido, presenta a demisión.

Outros políticos opatarían por aferrarse ao sillón e patalexar. Outros optarían por saírse do partido e "fundar" outro para non ter que estar ás ordes dun partido que lle esixe ética e coherencia cos pactos asinados dentro do partido co que foi elixido. ¿Sónavos a algo esto último? ¿Coñecedes algún caso de aferramento ao sillón no que optan por deixar un partido para non ter que sumprir cos acordos asinados?

martes, 3 de abril de 2012

O río Ulla contaminado, e o alcalde precupado por outros lares...

Mentras o río Ulla sofre un verquido, agora descoñecido, non vaia ser que sexa culpa do Concello, o noso alcalde anda preocupado polo Eume, por unha catástrofe ecolóxica (que os técnicos e ecoloxistas están a descubrir, para tristura de PSOE e BNG e Irmandiños, que non é tan grave como se cría) en manifestacións que "cheiran" máis que os verquidos....

En fin, é o que ocorre por ter un alcalde "mediático", máis preocupado de saír nos medios que de estar ao frente dun concello "descabezado" e máis á deriva que nunca. Volvemos aos tempos nos que pediamos un concello desbloqueado.

lunes, 2 de abril de 2012

Desastre ecolóxico no río Ulla en Teo

E na mesma noticia de El Correo Gallego:

Teo. El río Ulla, a su paso por Teo, era marco el pasado sábado de un vertido cuyo origen –según los pescadores– se relaciona presuntamente con la depuradora local. 


Un desastre ecolóxico no río Ulla en Teo, por culpa da depuradora local. ¿E agora a culpa de quen é? ¿Da Xunta? ¿Non terá ningunha responsabilidade o Concello de Teo por non vixiar?

Martiño Noriega e Rafael Sisto deberían de dar explicacións, ao seren os responsables das concellarías de Medio natural e Infraestrutura, respectivamente. Pero moito nos tememos que non chiarán.

Roubos en Teo

Ampliamos a información da nova que saía hoxe no xornal El Correo Gallego:

[...] Además, y sin salir del municipio, en Cacheiras ocurrían ayer de madrugada tres robos, que se registraban en un bar, un inmueble y un camión.

Nome do bar: Bar Teo (en Cacheiras)
Inmoble: Casa en contrucción (leva anos así) ao lado do cemiterio.
Camión: Camión estacionado na esplanada do cemiterio. Ao parecer roubaron gasóleo.

domingo, 1 de abril de 2012

O que Martiño entende por libertade de expresión...

E mañá vos contaremos o que Sr. Noriega entende por democracia e libertade de expresión... desta vez exercida contra nós.

Piscina da Ramallosa... quizais para o 2015

Desta vez xa se nos adiantou a prensa e se onte vos comentabamos a posiblidade de que a piscina da Ramallosa se ía demorar, hoxe puidemos ler na prensa que o Concello de Teo non ten cartos cos que afrontar os pagos aos provedores (nada novo) e terá que pedir un crédito ICO e subirá os impostos (sí, iso que tanto critican aos demáis...)
Teo prevé subir en 2015 la recogida de basura un 26% y el agua un 10%

Lumes e aproveitamento político

Con motivo do lume forestal e desatre natural das Fragas do Eume, xa hai quen non agadou nin unhas horas para tentar sacarlle proveito político.

En vez de condear aos culpables do lume, só lles preocupa desprestixiar ao goberno e aos medios de extinción empregados.

Pois a todos aqueles aos que só lles preocupa o rendemento político que dunha catástrofe froito dun acto delictivo  -por non chamarlle terrorista- lles poidan sacar, só lles queremos dicir: IDE Á MERDA!