jueves, 26 de agosto de 2010

Bilingüismo en Teo: Español e Inglés

Isto é o que se chama bilingüismo en Teo: español e inglés. ¿Como pode ocurrir isto nun concello governado porlo BNG? Como se nota que está o alcalde de vacacións... isto vai á deriva... 


Cartel situado en Teo (25-08-2010).

martes, 17 de agosto de 2010

¿A isto se referían cando iban limpiar as cunetas?

Hai uns días nos confirmaban desde o Concello que a Deputación iba a limpiar as estradas co concello, xusto a partir de hoxe. Hoxe puidemos ver son sorpresa que xa empezaron cos labores de limpeza... pero resulta curioso que xusto limparan no sinal de STOP do que falabamos neste blog, pero de cunetas, pouca limpeza fixeron... Tomamos a foto correspondente ao xa famoso sinal de STOP. Faremos una batida polas estradas do concello para ver en que situación se atopan.
Por certo: que para poñer a nova placa de Angel Casal sí que se deron présa.... para iso non son necesarios os cartos da Deputación...


Imaxes do incendio en Bertamiráns

No momento de escribir estas liñas, un incendio en Bertamiráns está aínda activo. As 16.00H xa era visible desde Teo, ás 16.30 xa puidemos ver ao servizo de emerxencias de Teo ir Cacheiras abaixo hacia o lugar. Ás 17.00 H a Garda Civil cortaba a estrada en Bertamiráns. Ás 17.30 o incendio aínda seguía activo... A esta hora aínda se observa unha gran columna de fume... Estas son algunhas imaxes.

Vista desde Bertamiráns
Vista desde a entrada a Bertamiráns
No centro de Bertamiráns. O lume está xusto enfrente do Balneario.
Os helicópteros cargaban auga na zona recreativa de Bertamiráns
Os helicópteros cargaban auga na zona recreativa de Bertamiráns
Efectivos acudindo ao lugar
Vista desde Teo do incendio, ás 17.30.

Fotografías do incendio do luns en Chao do Río (zona da Ramallosa)

Tivemos a oportunidade de facer fotografías do incendio declarado onte á iso das 4 da tarde na zona de Chao do Río, na zona da Ramallosa.O lume puxo en perigo ás casas, como contaron no Telexornal esta mesma mañá.
A magnitude era tal que se podían ver as lapas desde a estrada; o incendio estaba pegado á autovía que Santiago - A Estrada, o que fai pensar que foi intencionado, alguén botou algo desde a mesa autovía. Minutos despois se declaraba outro similar, esta vez na autovía de Noia. ¿Casualidade?

Nas fotografías pódese ver a intensidade do lume, e captamos o momento no que a Garda Civil quizáis preguntaba nun coñecido restaurante polo lume.
E en Teo, as cunetas seguen sen limpiarse...

lunes, 16 de agosto de 2010

Cando o río soa...

Parece evidente que cando se fala moito dun tema é porque hai algo detrás... non podemos dubidar á lixeira da veracidade das informacións saídas nun xornal este fin de semana, con titulares tan claros como:

La política se atraganta en Teo
Los socialistas se dan de margen hasta septiembre pero anuncian varios cambios


Tras la confirmación de José María Guerra, la incógnita sigue siendo si el actual portavoz, Armando Blanco, optará por presentarse como candidato independiente.
Pese a que el PSOE reconocía hace ahora un año que no contaba con Leis como candidato, en estos momentos esperan que el propio interesado confirme cuales son sus intenciones.


Visto o visto, só os grupos InTeo, PP e BNG terían decididos aos seus candidatos. Armando estaría dubidando entre un partido independente ou integrarse no PP. Pero como apuntan no xornal, as súas aspiracións son máis altas, Teo quédaselle pequeno.

E volvemos coa teima dos socialistas. Xa dixemos aquí moitas veces, e desde hai moito tempo, que o actual candidatable tiña outras aspiracións políticas, frustradas trala debacle do bipartito. Por iso non nos sorprenden estes titulares de que o estea pensando. Descoñecemos os procedementos internos do grupo local, pero todo parece apuntar a que o sr. Leis non conta cunha persoa de confianza á cal pasarlle o relevo... Os seus segundos parece ser que non son de abondo da súa confianza...
O cal explicaría o que se comenta no xornal, que poderían haber cambios, o que quere dicir ás claras que se botará a xente histórica do grupo e se incorporarán novas caras. ¿Explicaría isto os contactos que se estiveron a realizar con novos veciños do concello que poderían aportar un aire fresco, novas caras, como xa se fixera en outras ocasións? ¿Estará o sr. Leis buscando os relevos para poder facer as sustitucións internas que tanto desexa facer desde hai tempo?

lunes, 9 de agosto de 2010

Desbroce de cunetas en Teo: a culpa é do PSOE

Hai uns días comentabamos o mal estado das estradas de Teo cos perigos que conlevaban.
Consultado ao Concello de Teo sobre o asunto, a súa resposta é que as debantidas estradas pertencen á Diputación da Coruña e que, pese aos requirimentos por parte do Concello, aínda non procederon aos traballos; aínda máis, o concello tivo que obrar de oficio e arranxar zonas que xa resultaban perigosas, aínda non sendo da súa competencia.
Polo tanto, a culpa do mal estado é da Diputación da Coruña, governada polos socialistas. ¿Tomarán cartas no asunto no PSOE de Teo para esixir que se realicen as tarefas de mantemento ou pasarán do asunto porque o máis importante é quen será a cabeza de lista do BNG de Teo?

jueves, 5 de agosto de 2010

ZP pide cartos aos Concellos

Aínda non vimos ao PSOE de Teo abordar o tema da débeda do concello de Teo no tocante a que o governo de Zapatero está a pedir a devolución dos cartos do Plan E aos concellos... se xa tiñan débedas e poucos cartos, esta petición agrava aínda máis a súa situación.
Dado que o governo é socialista, debería de ser o PSOE o que explique de qué vai todo isto, como van a afrontar os concellos esta débeda e cal é a súa postura. Pero aquí o PSOE de Teo, se non fala do PXOM, non fala de nada máis...

Alcaldables por Teo

Andan as cousas revoltas en Teo co asunto dos alcaldables.

Tralo anuncio, xa esperado e anunciado aquí, da despedida de Armando como cabeza de lista, moitos falan del como cadáver político; nada máis lexos da realidade, xa que non é a intención do PP de Teo de prescindir del. E senón, tempo ao tempo. Pero Armando seguirá vinculado ao PP e o máis seguro é que entre nas listas.
Outro galo cantaría se a triunfara a opción renovadora do PP, co candidato das xuventudes, que aínda non dixo a última palabra... ¿Haberá escisión interna para formar novo grupo?

No caso do BNG as cousas son claras: frustradas as aspiracións xunteiras de certos membros do comité local, dada a debacle nas eleccións autonómicas, agora ninguén se quere desprender da cadeira de concellal... iso é o que se chama ter apego a un posto. ¿Será Martiño o próximo alcaldable? O máis seguro é que o sexa, polo anteriormente dito. ¿Será alcalde?

No caso do PSOE as cousas non cambiarán, coma sempre, repetindo o mesmo candidato. ¿Por que? Pois polos mesmos motivos do BGN... hai uns anos moitos empezaron a aspirar a altos caer cargos; agora todo se esfumou e hai que volver a poñer os pés na terra... ¡que lle vamos facer!

E seguimos cos rumores dos novos grupos; os movementos do PP afectaron bastante a algunhas opcións, así que todavía non sabemos nada seguro... Seguiremos polas tabernas para informarnos e informarvos.

lunes, 2 de agosto de 2010

Nova xuíz de paz de Teo

O que se busca na figura dun zuíz é a imparcialidade. Non seremos nós os que dubidemos da imparcialidade da nova xuíz de paz, pero ninguén pode negar a estreita relación entre a asociación Teenses pola Igualdade da que é presidenta e o PSOE de Teo. (E no queremos volver ao pasado e na polémica na que este blog se viu envolto por culpa desta asociación...)

Esperemos que esta señora faga ben o seu traballo, non temos e non o faremos, que dubidar da súa valía profesional. Pero o dato queda aí por se alguén o descoñecía.