viernes, 29 de enero de 2010

DESBLOQUEAR TEO

Curioso titular en El Correo Gallego... ¿a que nos sona isto?

ENERXÍA NUCLEAR: SI

Si a enerxía nuclear é fonte de riqueza (postos de traballo), é limpa (non emite elementos contaminantes á atmosfera), é segura (tomando as míminas medidas de seguridade), é a máis rendible (en Francia, por exemplo, o 80% da enerxía é nuclear e parte é exportada a España), ¿por que todo o mundo está en contra dela?: Por descoñecemento, ¿ignorancia?, ou intereses políticos (variables segundo cambie o vento).

Proposta: Teo debería albergar un ATC (Almacén de Residuos Nucleares) e beneficiarse así dos 10 millóns anuais que recibiría, ademáis de novas vías de comunicación, empregos, etc. Non será posible por non cumplir coas condicións establecidas no BOE, pero de cumplilas, ¿por qué non?


Non sexamos hipócritas, que como dixo Felipe González: ou se debate en serio sobre se España é ou non nuclear, ou se deixa de mercala aos de fóra (en clara alusión a Francia).