viernes, 3 de septiembre de 2010

¿Atraco nun supermercado do Montouto?

Onte xoves, ás 22.30H produciuse un incidente que parece o intento de atraco ou de roubo a un supermercado situado no Montouto. Así nolo fixo saber un colaborador quen tivo oportunidade de facer algunha fotografía (sendo de noite pouco se aprecia).

Como nos relata, este supermercado pecha ás 21.30H e suponse que os ladrón accederon pola parte de atrás, onde está o acceso ao almacén, e sospeita que había no interior algunha empregada, quen alertou á Garda Civil. Acudiron raudos dous coches e varios axentes se dirixiron á parte de atrás do supermercado, buscando "algo" con lanternas... Ao parecer atoparon unha especie de "saco" ou "chaqueta"...

Minutos despois abriron as portas do supermercado e entraron dentro, xunto con unha empregada. Posteriormente chegou outra empregada, e ata aquí nos contou.


Non limos nada na prensa, pero aquí estamos nós e os nosos compañeiros para informarvos de todo o que acontece en Teo.



Os axentes, portando lanternas, inspeccionan a parte de atrás, que dá a un monte e ao Tanatorio. Recolleron unha chaqueta ou saco.




Logo abriron as portas do supermercado e accederon ao interior xunto cunha empregada.