domingo, 31 de julio de 2011

Incendio no lugar de A Torre (Novas fotos)

Enviáronnos máis fotos do incendio, que gustosamente publicamos. A estas horas xa non se divisa fume nin medios aéreos; deste volta foron rápidos e eficaces.




Incendio no lugar de A Torre (Cacheiras)

A iso das sete e media da tarde declarouse un incendio na zona de A Torre, en Cacheiras. A esta hora o fume pódese divisar desde moitos puntos do concello, polo cal parece que é bastante importante.
Ademais dos medios propios do Concello, hai medios aéreos como un helicóptero e un avión que está a dar bastantes pasadas desde hai unha hora.
Temos imaxes, nas que se vén por unha banda a fumareda que s epode divisar desde lonxe, e os medios aéreos que están a intervir (a calidade das imaxes non é moi boa porque foron feitas cun teléfono móbil e a moita distancia).



Incidente no Gadis de Cacheiras

Preto das 2 da mañá de hoxe algou debeu de acontecer no Gadis de Cacheiras que se fixo necesaria a presenza da Garda Civil. Puidemos observar cómo unha parella da Garda Civil accedía ao exterior do supermercado, atravesando a porta de acceso ao aparcadoiro (non sabemos se forzando a porta ou saltando).
O caso é que estiveron dando voltas e vixiando cara o interior durante moitos minutos. O máis probable é que saltase a alarma do local e estivesen botando un ollo por se había alguén no interior. Sobre as 2 da mañá todavía seguían vixiando polo aparcadoiro, supoñemos que agardando por algún responsable do supermercado para que lles abrise as portas (como xa sucedera no supermercado Dia de Montouto hai uns meses).
Non podemos ofrecer máis novas xa que unha cita ineludible nos agarda en Cacheiras e a boa noite que temos ano non se pode desperdiciar.

sábado, 30 de julio de 2011

Ea, ea, ea! O alcalde se cabrea...

O asunto da feira cabalar parece que lle está a dar un quebradiero de cabeza ao sr. alcaldel, que ata parce que perdeu as formas. ¿Será por iso ou será por outros "problemas"? En fin, traemos un resumo da evolución deste tema e podedes xuzgar vós mesmos...

Comentabamos hai uns dias a noticia de que Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas
A esta noticia, as reacións non se fixeron esperar e o propio Martiño tivo que defender esta decisión na prensa, aducindo problemas económicos e falta de financión externa. Todo iso, na mesma época na que se facía Música na Noite, dous días de festa, na que o Concello colabora economicamente. Son cousas diferentes, pero a xente empezou a facer comparacións e uns síntense marxinados por outros.

O PP de Teo aproveitou este feito para meter un pouco de ruido (é o seu traballo como oposición) adoptando unha postura de defensa a ultranza do sector cabalar en Teo. Podiamos ler na súa web cousas como:

O Grupo Popular lamenta que o equipo de goberno do Concello de Teo desaproveite un evento de tanta potencialidade turística e económica para os negocios locais, sendo un dos máis célebres e populares de Galicia, que cada ano concita máis de 3.000 visitantes no municipio.

Con esta decisión o concello da a espalda aos intereses do sector, facendo oidos xordos á indignación crecente dos propietarios, afeccionados e gandeiros pola suspensión da festa cabalar.  

E no PP estiveron a manter reunións co sector, aínda que hai opinións diferentes respecto das mesmas (comentarios no noso Blog):

(Anonimo #1) curiosa reunion onte cos do PP, non propuseron nada, daba a impresion que nos chamaron para que lles diseramos que a culpa que non habia concurso era do bloque, case nos chaman a nosos burros porque alguns non dixeron que non a ruta a cabalo [...] os que falaron foi ese eloy e a rapasa do bariloche, eses dous queren meter caña a martiño co concurso pero non teñen puta idea de cabalos, [...] dixo que agora habia cartos para o cuncurso que sobraban duna piscina, pois aver si ai pelas e faise 

(Anonimo #2) Eu son un dos que estivo na reunión e non se falou mal de música na noite nin se dixo que non se fora á ruta cabalar. Sencillamente se dixo que se debería de facer o Concurso cabalar.

Pero o mellor de todo (mellor porque así se anima un pouco a cousa, que ultimante non hai moita movida) foi a reacción do Sr. Alcalde no Facebook, ante un comentario dunha rapaza no seu muro (¡por Deus, pero como se atreveu esta rapaza a profanar o muro do Sr. Alcalde!), lede, lede:

Noelia Freire Nande
Paréceme estupendo que se recorten gastos , falta fai nos tempos que corren, pero o que xa me parece vergonzoso é que a señora Hermida teña a pouca vergoña de decir que unha feira cabalar non se considera cultura [NOTA de Desbloquear: fai refencia a unha noticia publicada nos medios: Críticas a Hermida por la supresión del concurso caballar], ten chiste a cousa cando o di a propia concelleira de cultura, non? [...] Pero que agora se veña dicindo que unha feira cabalar non é cultura cando acoden centos de persoas e se celebrou ata o de agora sen problema algún e se retire por expreso capricho paréceme indignante Martiño.
Martiño Noriega Sánchez
Non me parece moi elegante que empregues o meu muro Noelia para criticar a unha terceira persoa que é compañeira do grupo de goberno e defendía unha posición do grupo de goberno.[...] Hai razóns que dan outros que eu non comparto [..] e non ando por muros alleos facendo críticas a terceiros.[...] Eu estou indignado polo peche en Agosto do centro de saúde de Pontevea.
Noelia Freire Nande  
Eso queda moi bonito Martiño, pero as consecuencias pagámolas o resto. E non é un muro alleo, diríxome expresamente ó señor alcalde que tamén pincha e corta no asunto. Non critiquei , dei a miña opinión repito, que é mesma dun cento máis.

Martiño Noriega Sánchez
Fai o que consideres Noelia, eu douche a miña opinión no meu muro onde entraches a criticar a unha compañeira.Por certo, o do centro de saúde de Pontevea, que afecta e indigna a milleiros de veciñ*s non me parece nada bonito.Eu focalizo alí a miña indignación.
 


E por si se borra, gardamos a instantánea (pinhcar par ampliar).

Gadis de Cacheiras xa apagan as luces


Alegrámonos ao saber que o centro de Gadis xa apaga as luces pola noite, co cal colaboran ao aforro enerxético, diminúen a contaminación atmosférica e lulímica, e deixan aos veciños durmir coas fiestras abertas. Un acerto.

viernes, 29 de julio de 2011

Gadis non entende de aforro enerxético

Trala inauguración do novo Gadis en Cacheiras, xa levamos dúas noites que puidemos comprobar como Gadis non entende de aforro enerxértico e fai un uso excesivo da iluminación exterior polas noites. Na fotografía tomada hai dous días, aínda que onte estaba igual a iso da unha da mañá, pódese ver cómo non reparan en gastos lumínicos, co uso de grandes focos para iluminar ¿o aparcadoiro?



Ademais do despilfarro en luz, hai que pensar tamén na contaminación lumínica e ¿que pensarán os veciños dos bloques veciños que terán que durmir coas persianas baixadas en pleno verán porque a luz que lles chega é insoportable para durmir?
¿Tomará cartas no asunto o Concello ou está todo correcto, non hai problema ningún? Porque nós sí que vemos un grande problema, non que teñan luz, senón que non as apaguen unha vez rematada a xornada laboral, ou a partir de certa hora da noite.

martes, 19 de julio de 2011

Incendios forestais e fincas en mal estado

O mal estado das fincas e dos montes, provocan que o que podería ser un pequeno incencdio forestal, se convirta nun incendio de grandes dimensións.
A pesar de que desde o Concello o propio alcalde Martiño fixo fincapé na necesidade de que os que posúan fincas e montes deben de mantelos en bo estado, basta con limpalos de vez en cando, o certo é que basta con dar un paseo por Teo para ver o total abandono de fincas e montes.
Desde o Concello din que fan o que poñen, pero parece que non está a ser suficiente e cómpre máis axilidade agora que o tempo está a dar unha tregua.
Para rematar, queremos comentarvos algo que puidemos escoitar ao respecto dun rcente incendio de Teo. Resulta que hai unhas semanas houbo un incendio importante en Teo, con perigo para as casas. O caso é que o incendio se produciu nunha finca en mal estado, chea de toxos, que provocaron a rápida propagación do lume. Pero o curioso é que a dona da finca tiña así a finca a propósito. ¿Por que? Pois porque facíalle de "barreira" protectora da casa, evitaba así que lle entraran a roubar. Incrible, pero certo...

jueves, 7 de julio de 2011

Mala política coa supresión do concurso cabalar

Non é doado facer unha política de contención de gastos e contentar a todo o mundo. Pero hai cousas que identifican a un Concello e a un xeito de vida, o que se lle chama Cultura, e que sempre de debería de protexer. E o concurso cabalar é un deses casos. Non só polo que representa, senón pola imaxe que de Teo tense desde fóra. Sería inconcebible, por exemplo, que non se celebrara a rapa das bestas de Sabucedo, ou a feira cabalar da Ascensión en Santiago.
Hai cousas que se deberían de protexer porque facéndoo estamos a protexer a nosa cultura. E o caso é moito máis "sangrante" cando un partido como o do BNG  defende a independencia de Galicia. ¿Indepedencia para que? ¿Que quedará en Galicia se non protexemos o noso? Non se sostén unha cousa coa outra.

Se xa criticamos a decisión de Ames de eliminar o MillaRock, agora criticamos con toda a nosa dureza a supresión do consurso cabalar de Teo, cando hai uns días o Concello loubábase de colaborar con "Música na noite", que non é máis que outra manifestación cultural.

Un mal camiño o que se está a tomar en Teo se empezamos por suprimir as tradicións. E estamos a falar só de 20.000 € que para o alcalde supón "un forte investimento de fondos propios e recursos humanos do propio Concello". Non sabemos as cifras de Música na Noite, se alguén as tén, que as publique, máis que nada para comparar.

Para finalizar... nunca asistimos á feira cabalar de Teo e, de feito, non nos interesa moito, pero iso non quita que defendamos o que pensamos é noso e dos nosos pais e avós; en Teo sempre houbo tradición cabalar e deberiase seguir mantendo.

Notica en La Voz:
Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas

viernes, 1 de julio de 2011

Nacionalistas de gorxa para arriba

Asombrados quedamos coa noticia: Quintana deixa O Hórreo para crear no Brasil unha empresa

Resulta difícil entender como alguén de defendeu a ultranza o nacionalismo e a independencia de Galiza, agora deixe todo para actuar como un mero capitalista especulador (vai traballar a unha empresa de fondos de inversión). E por riba, vai xerar riqueza a outro país.

Con esta clase de políticos, non resulta estrano que dentro do BNG haxa tantas disputas e desencontros. E falando do BNG, para setembro hai asamblea xeral e ahí o noso benquerido Martiño dará moito que falar. O Encontro Irmandiño será protagonista, xa volo estamos adiantando en primicia aquí. Vai haber sorpresas, con Martiño como protagonista, agora reforzado coa maioría absoluta obtida en Teo. De momento non podemos desvelar moito máis, pero nun dos nosos "waka-rumores" vos contaremos algo máis, que poucos saben...

A programación cultural en Teo non entende de austeridade

Entre hoxe e mañá celebrarase o grupo de concertos denominados "Música na noite", coa actuacións dos grupos ATAQUE ESCAMPE, GALEGOZ, NOVEDADES CARMIÑA, MEDOMEDÁ (o venres 1 de xullo) e a BANDA DE GAITAS S.R. CALO (esa S.R. que lle negou os primeiros auxilios a unha rapaza nas pasadas festas de Calo), OS ESTALOTES, BELLON MACEIRAS QUINTETO, MERCEDES PEÓN, ULTRÄQÄNS (o sábado), e con acampada (#acampadacalo) gratis e aparcadoiro.

O caso é que neste festival colabora o Concello de Teo, entendemos que economicamente. Non sabemos o custe que terá esta organización (agradecemos que alguén nos informe). O caso é que no veciño concello de Ames, o novo alcalde Santiago Amor (do PP) puxo en marcha o plan de austeridade e unhas das primeiras decisións foi suprimir o festival MillaRock que se celebraba tódolos anos; non é que o suspendera, senón que deixa de subvencionalo (o custe era de 8.000 EUR) co cal xa non se organiza.

Son dous xeitos diferentes de facer política. Cada quen que saque as súas conclusións.