viernes, 1 de julio de 2011

A programación cultural en Teo non entende de austeridade

Entre hoxe e mañá celebrarase o grupo de concertos denominados "Música na noite", coa actuacións dos grupos ATAQUE ESCAMPE, GALEGOZ, NOVEDADES CARMIÑA, MEDOMEDÁ (o venres 1 de xullo) e a BANDA DE GAITAS S.R. CALO (esa S.R. que lle negou os primeiros auxilios a unha rapaza nas pasadas festas de Calo), OS ESTALOTES, BELLON MACEIRAS QUINTETO, MERCEDES PEÓN, ULTRÄQÄNS (o sábado), e con acampada (#acampadacalo) gratis e aparcadoiro.

O caso é que neste festival colabora o Concello de Teo, entendemos que economicamente. Non sabemos o custe que terá esta organización (agradecemos que alguén nos informe). O caso é que no veciño concello de Ames, o novo alcalde Santiago Amor (do PP) puxo en marcha o plan de austeridade e unhas das primeiras decisións foi suprimir o festival MillaRock que se celebraba tódolos anos; non é que o suspendera, senón que deixa de subvencionalo (o custe era de 8.000 EUR) co cal xa non se organiza.

Son dous xeitos diferentes de facer política. Cada quen que saque as súas conclusións.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

! Ah ! ! no !es que sería mejor gastar el dinero del concello en alpendres, asfaltar y la fiesta de la nai ! ! También se necesita cultura ! Un poco de cabeza

Anónimo dijo...

Si gastan en cultura, malo; se non gastan, malo. Sodes coma a gata flora......
Si fosen cartos gastados polos pepeiros seguramente alabariades todo.

. dijo...

la diferencia es que el millarock lo organizaba el concello como colofón a un concurso de maquetas y musica na noite la organiza una asociación; en todo caso criticaremos la subvención que se le da a la asociación y entonces habrá que debatir cuales subvenciones se deben de mantener y cuales no. En Ames tampoco es una buena noticia, ese concierto daba la posibilidad al grupo ganador de demostrar porque ganaron, ahora se irán con 1000 euros a casa pero sin concierto; se podría haber traido un grupo de prestigio como sucedió en otras ocasiones y cobrar entrada con lo que se amortizaría parte del gasto pero se optó por lo más facil.

Anónimo dijo...

Pero imos ver oh! Aínda no vos decatastes que esta clase de eventos fináncianse prácticamente sós? Só fai falla botarlle un chisquiño de imaxinación. A austeridade ou falla de medios agudiza o inxenio. Xusto o que vos falla eiquí. Tod@s nos queixamos da nosa memoria, pero moi poucos da súa ignorancia. Neste caso tiñades que queixarvos de ambalas dúas cousas. A austeridade nunca debería estar pelexada coa cultura ou ao revés.

Anónimo dijo...

¿E logo a festa do cabalo porque non se celebra? ¿Onde está o inxenio e a imaxinación? ¿Seica non é cultura? Me parece que a algúns xa se lles ve o plumeiro desde ben pronto.

Anónimo dijo...

Pero as festas de quen son? Do concello? Dos Veciños? Das asociacions? de todos?

A ver si somos un pouco racionais...

Anónimo dijo...

POr certo se é a festa do cabalo estará en deportes e non en cultura! DIGOO eu

Anónimo dijo...

o concurso cabalar ademais de ser un evento deportítico é sobre todo cultural. O arraigo a terra na que nel se celebra, a representación e proxeción que dá,a influencia e aprobeitamento económico que en tempos de crise se pode producir. O concurso cabalar chegou a reunir a 3000 persoas.
Non faledes só por estar de parte de....Hay que ser mais obxetivos que todo eso.