sábado, 31 de marzo de 2012

WAKA-RUMOR: Piscina da Ramallosa

¿Está paralizada a obra da piscina da Ramallosa?
¿Ten o concello cartos para pagar aos provedores?
¿Haberá piscina para este verán?


Tendas dos chinos en Teo

Continuando coa folga Xeral, un par de reflexións.
Non vin en ningún medio de comunicación, a sindicalistas nas portas cos comercios dos chinos.

Segundo, en Teo as tendas dos chinos estaban abertas.

Terceiro, ¿cumpren a normativa en Teo? En canto a horarios comerciais, ¿existen? ¿Están vixiados?
¿As tendas cumpren coas normativas de seguridade? Porque non se ven extintores nin saídas de emerxencia, etc.

¿Teñen bula estes establecementos? ¿Por que os Concellos nunca o explican? ¿A que lle teñen medo? Se Teo é unha república independente, ¿por que non actúa como tal?
E despois, os pequenos comerciantes a pagar impostos, alugueres, licenzas de apertura, seguridade social...

O noso apoio a estes pequenos empresarios e todos os que están na mesma situación mentras os políticos non deixan de cobrar os sus soldos e dedicacións exclusivas, ¿para que? (para andar todo o día de troula polas televisións): 'Liquidamos negocio por desesperación'

jueves, 29 de marzo de 2012

¿Folga en Teo?

Eran as 9 da noite e en Teo estaban abertos, e as cafeterías ateigadas de xente.
¿Non houbo folga en Teo? ¿Terá razón o alcalde cando dicía que eramos unha república independente?

domingo, 25 de marzo de 2012

BNG a Martiño: un ZAS! en toda la boca

Os veciños de Teo estamos  a recibir o novo panfleto do Bloque Teo, cargado de sorpresas desta vez. Na portada saen os exconcelleiros de Teo, os que ética e moralmente deberían están no goberno de Teo o non ao revés posto que Carmen Diéguez debería de se-la alcaldesa de Teo nestes momentos. Pero diso xa falaremos outro día, porque a "loita" aínda non rematou.

O caso que nos ocupa son as páxinas nas que explican o acontecido en Teo coa disgregación de Encontro Irmandiño do Bloque, nas cales hai frases que son un Zas! en toda a boca para Martiño. Aquí van unas cantas:


  • "Os feitos producidos [...] provocaron a decepción de moitas persoas que apoiaron a nosa candidatura"
  • "Despois da Asemblea Nacional do BNG, un grupo de afiliados non aceptaron o resultado democrático e deciden abandonar a nosa organización [..]"
  • "A actitude de Martiño Noriega abandonando o BNG e formulando descualificacións políticas a nivel público, representa unha falta de respecto aos votantes [...]"
  • "[...] deixan de representar o proxecto co que nos presentamos [...]"
  • "Os concelleiros que abandonan un grupo municipal deben renunciar tamén ao seu cargo"
  • "[...] os cargos electos pertencen á organización pola que foron elixidos, porque se vota a un partido [...]"
  • "[...] os veciños e veciñas puideron comprobar no Programa Electoral do BNG [...] que asinaron un compromiso ético e político de actuación [...]"

Así que queda clara a postura do BNG ao respecto da posición de Teo. Quedan estas preguntas sen resolver (ou case):

1. ¿Debería Martiño abandonar a alcaldía e cede-la a Carmen Diéguez? Nós cremos que sí e así o expresamos.

2. ¿Cal é o programa que se vai desenvolver en Teo? Os veciños que votaron ao BNG tiñan claro o programa. Agora que está gobernado por Encontro Irmandiño. ¿alguén sabe cal é o seu programa? ¿A xente sabe realmente cal é o ideario político non de Martiño, senón de EI? Cremos que non, porque de sabelo poderían asustarse. Pero tranquilos, que estivemos recompilando información deartigos, opinións, e varias "perlas" de representantes de EI que non vos deixarán indiferentes...

3. ¿Que fai o PP, o PSOE ou InTeo? ¿Cómo é posible que non fagan nada nunha situación tan inxusta para Teo? ¿Cómo é posible que sexan tan ineficientes (por non dicir inepto/as) para non aproveitar este momento e  posicionarse? 

4. Pero, realmente, ¿cal  foi o motivo de chegar a esta situación? Nós temos unha teoría, da cal xa avanzamos hai varios meses parte, e que desde aquela se vén cumprindo punto por punto. O último, que non derradeiro, paso xa foi dado por Beiras (76 anos, lembremos, que antes moito falaban de Fraga, pero este vai polo mesmo camiño) hai uns días anunciando que se presenta á Xunta. E o seguinte paso será dado, para logo das Autonómicas xa que desta volta non foi posible (a pesar dos esforzos de papito).


viernes, 16 de marzo de 2012

Fusións de concellos ou servizos: Teo non é un bo referente

Dificilmente en Teo se pode falar de compartir SERVIZOS cando se está a deber o "recibo" do Refuxio de Bando. Con que cara pode un concello como Teo falar de compartir servizos cando non paga os que xa comparte?