martes, 23 de septiembre de 2008

TEO e a deshumanización

¿Onde quedaron as ilusións dos veciños de Teo cando se produxo un cambio de goberno en Teo? No lixo. Directamente. Porque máis de un ano despois daquel cambio, todo en Teo semella que vai a peor.

Estamos a perder o que tiñamos, o "espírito" de xente unida, que agora parece esquecido. A calquera acción do goberno, hai unha reacción (lóxica, pode ser, non o dubidamos) de parte da oposición. Nas nosas casas nos enteramos de todo isto a través dos magazines que nos chegan, cada un mostrando unha cada da ¿mesma moeda? Porque parece que hai dous Teos. Pero nós sabemos que no fondo, houbo un Teo. Mal gobernado, pero unido. ¿Quen non lembra as festas de Cacheiras? Alí iban os de todas as ideoloxías; agora nin festa nin nada. E a feira cabalar, desplazada do seu lugar de sempre... unha pena. 

E agora, xa fóra de temas políticos que no fondo non nos interesan a ninguén, estamos a vivir a destrucción de parte do noso territorio. Aquel navallazo á terra do que falaban no Bloque cando se facían as autoestradas galegas, agora estase a permitir no seu territorio: autovía Santiago-Estrada, cortando e rachando con centos de aldeas; obras do AVE, outro tanto; mellora Os Tilos - Ramallosa, outro navallazo que destrúe natureza, e nos deshumaniza aínda máis ao meter máis espazo para coches e menos para a xente.

Un panorama desolador. Que fai que para moitos Teo deixe de ser o que era: a nosa querida aldeíña, un lugar idilico para vivir que agora xa se está a converter noutro Milladoiro, Bertamiráns, Brión...


jueves, 11 de septiembre de 2008

O BNG cos deportistas... ¿inimigos?

Parece que o BNG e o deporte non se levan; isto vén a conto da polémica entre a nacionalista Anxela Bugallo e David Cal, como se reflicte na prensa.
O caso este nos lembra ao de Ezequiel Mosquera, ciclista profesional de Teo. Hai anos este mozo, aínda descoñecido, agora está no equipo Xacobeo --antertior Karpin-- e pelexando na Vuelta a España (exemplo) na que quedou quinto na edición 2007.
Como diciamos, hai anos este mozo pedira o patrocinio do Concello de Teo (rexindo Armando) para mercar unhas rodas de bicicleta profesionais para perfeccionar, pero o alcalde negoullas. Así que tivo que seguir loitando sen o apoio institucional. 
Iso sí, coma no caso de David Cal, cando veñen os triunfos, todos se queren apuntar ao carro. Pero o que non sabemos é se o concello está a facer algo non só para patrocinar a este ciclista, senón para fomentar este deporte aproveitando o tirón de Ezequiel. Iso sí que estaría ben para os nosos fillos. E non tanto futbol.

lunes, 8 de septiembre de 2008

Onde está Wally?

Curiosa instantánea de El Correo Gallego, sobre a noticia Cacheiras se une con una comida para sus vecinos.  O mellor é o pé de foto e premio para que atope a "Wally".



Jano Leis, tras la columna de la derecha, durante el ágape




jueves, 4 de septiembre de 2008

Inseguridade cidadá en Teo: agrávase

Coméntannos que onte se produciu outro feito delictivo de especial gravidade en Teo: na zona de Casalonga, produciuse un atraco a plena luz do día, contra a tardiña, e a cara descuberta, nun estanco da zona. Os asaltantes, ademáis de ameazas, tiveron retidos á xente no interior do local.

¿Non son xa moitos os casos como para que desde o Concello e demáis instancias empecen a actuar, como están a facer no concello veciño de Ames? 

Desde aquí xa advertíamos de que algo estaba a pasar en Teo pois a presenza policial (Garda Civil) era como para alarmarse, pero ¿a Policía Local fai labores de vixiancia ou só serve de protección nas saídas do alcalde?

martes, 2 de septiembre de 2008

MOCIÓN SOBRE A ILEGALIDADE DA VIXENCIA DE CERTOS CONTRATOS ASINADOS POLA ALCALDÍA

Que tempos aqueles...

O 2 de maio do ano 2000 o Concello de Teo contrata por un ano, con carácter prorrogable, un servizo de asistencia xurídica [...] Nestas mesmas datas o Concello de Teo contrata un servizo de asesoría ou asistencia Xurídico-urbanística, coa mesma empresa e por un importe económico similar. [...]
Consecuentemente, a Alcaldía do Concello de Teo, pese ás críticas que XXXX fixo en repetidas ocasións aos mecanismos de contratación (e moi especialmente á contratación desta persoa), non só renovou a vixencia do contrato repetidamente, senón que o mantivo e o prorrogou en condicións de manifesta ilegalidade (polo menos a partir de maio de 2004) [...] Por desgracia, este non é o único caso.
[...]

En consecuencia, o Grupo Municipal do XXXX PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:
1. Cumprir a lei. Interromper, de inmediato, calquera tipo de servizo prestado ao Concello por calquera empresa en base a un contrato xa sen vixencia e sen posibilidade de prórroga.
2. Censurar a actuación política da Alcaldía e do Grupo de Goberno do Concello de Teo por ter permitido estas manifestas ilegalidades
3. Cubrir os servizos municipais que sexan precisos no futuro mediante unha convocatoria pública, en libre competencia entre todas as empresas capacitadas e con vontade de facelo, nun proceso transparente e con garantías,

En Teo, a 15 de xullo de 2005
Asdo.:

Rafael Sisto Edreira
Concelleiro

Sen comentarios...