jueves, 11 de septiembre de 2008

O BNG cos deportistas... ¿inimigos?

Parece que o BNG e o deporte non se levan; isto vén a conto da polémica entre a nacionalista Anxela Bugallo e David Cal, como se reflicte na prensa.
O caso este nos lembra ao de Ezequiel Mosquera, ciclista profesional de Teo. Hai anos este mozo, aínda descoñecido, agora está no equipo Xacobeo --antertior Karpin-- e pelexando na Vuelta a España (exemplo) na que quedou quinto na edición 2007.
Como diciamos, hai anos este mozo pedira o patrocinio do Concello de Teo (rexindo Armando) para mercar unhas rodas de bicicleta profesionais para perfeccionar, pero o alcalde negoullas. Así que tivo que seguir loitando sen o apoio institucional. 
Iso sí, coma no caso de David Cal, cando veñen os triunfos, todos se queren apuntar ao carro. Pero o que non sabemos é se o concello está a facer algo non só para patrocinar a este ciclista, senón para fomentar este deporte aproveitando o tirón de Ezequiel. Iso sí que estaría ben para os nosos fillos. E non tanto futbol.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Falta de prazas en TEO!

Imos ver... Hai cousas que non entendo neste concello. Son nai dun fillo de menos de 3 anos que quere unha plaza para o meu neno. Eu estou censada no concello de Teo, e o meu marido no de Santiago. Pois dinme que teñen que estar os dous censados en Teo! Desde cando? E se estivesemos separados que pasaría?

Pero o problema ainda non e ise! Gustariame que investigasen esas listas dospais! Urxentemente! porque unha compañeira de traballo comentoume que ten a sua filla no concello de Teo, pero eles estan censados en AMES! Que esta a pasar?

Porque fan isto? Non será para dicir que en Teo non hai prazas suficientes e por iso necesimanos construir unha galescola? E por iso meten a xente doutros concellos para ocupar "as nosas prazas"?

Non quero ser mal pensada... esperemos que non!

Saúdos dende Lampai. Magnífico blogue ahora que me aficionei a isto das webs.

Por certo, esta fin de semana non me funcionaba a WIFI do concello no meu portatil. Sabedes se ten horario?

saudiños a todos dende lampai

deporte en TEO dijo...

bueno vexo que o tema do deporte en Teo non funciona.
levo varios dias mirando e ninguen escribe sobre o tema.

pois falemos de deporte, de deporte en Cacheiras.
Si da famosa pista polideportiva que queria facer o BNG na explanada do cimiterio.
anunciaron a bombo e platillo o tema, pleno conflictivo, con Rafa sixto fora das casillas, carmen Hermida desaparecida ( como decia unha muller do publico ¿ donde esta a concelleira, donde esta carmen Hermida, crea o problema e logo non aparece, fai como a avestruz).

mandaron papeles as casas co anagrama do BNG decindo que bonita quedaría a pista diante do cementerio...etc.
ahora o concello chamou a todos os veciños de Cacheiras a movilizarse nunha reunion para presionar e sairse ca sua no tema da instalación, reparto de papeletas co anagrama do concello chamando a xente de Cacheiras a unha reunión....

hasta ahi o recopilatorio, pero a verdadeira historia e que o Alcalde de Teo so consigueo levar a reuinión +- 30 perosas.

estaba todo o goberno municipal, integrantes da lista, amigos do nacionalismo e mebros do patronato.

Preguntome eu. Donde vai un alcalde recien nomeado, que teria que ilusionar os veciños e que NON CONSIGUE MOVILIZAR A OS VECIÑOS DA PARROQUIA.
foi un fracaso de reunión, si eu fora do grupo municipal estaría preocupado con este tema, si o principio non se ilusiona, cando se fai a facer, cando xa veñan os problemas, logo xa empeza o desgaste.

en fin un verdadeiro problema de comunicación entre o Alcalde de Teo e o pueblo que administra.

NIN SIQUERA MOVE 50 VECIÑOS AS REUNIONS QUE CONVOCA COMO ALCALDE DE TEO

mal vamos Martiño , mal vamos

Anónimo dijo...

AMigo de desbloquear mira a miña ultima entrada, a ver se coñeces esta historia... Un saúdo
TSSDT

Anónimo dijo...

CENSURA NO BLOG SOCIALISTA
==========================

Espero amigas que publiquedes isto no noso blog porque nos socialistas non o fixeron, a pesar de ser unha noticia aparecida nos medios.

O tema fai referencia ao PLAN DE AUSTERIDADE que propoñen os socialistas e a realidade que lles está a reventar nos miolos:

Saía en:
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=35181




Méndez Romeu resérvase unha planta que para o Consello da Xunta a quixeran.
Xornal Galicia | Viernes, 29 Agosto, 2008 - 11:57

Preguntanse se todos os membros do Goberno van a ter un despacho propio en cada Delegación Provincial. Esta si é unha forma de facer fronte a crise, cada Conselleiro/a un despacho en cada unha das Delegación Provinciais, supoñemos que con seu persoal, claro, a poder ser de gabinete, non vaia ser que os sindicatos poidamos fiscalizar en que se gasta o diñeiro público, afirma a C.I.G.-Autonómica.

Quen dixo crise, facendo súas as palabras do Presidente do Goberno central, negando que exista crise económica, o Conselleiro de Presidencia predica co exemplo e faise un despacho para o seu uso na Coruña. Como non lle debía gustar as vistas que hai dende o Edificio Administrativo de Monelos, alugou unha pranta nun edificio das aforas, coa escusa de que fora para alí o servizo de Xustiza gratuita. O mellor desto é que este servizo e recluído nunhas oficinas sen fiestras nin apenas luz natural e para o Conselleiro resérvase unha planta noble cus marabillosos ventanais e unha sá de xuntas que para o Consello da Xunta a quixeran.

--------------------------------------------

Anónimo dijo...

Bueno bueno.... QUe pasou cos BLOGS todos?

Foron desaparecendo!!!!! Deus santo!

amoscaasquerosa.blogspot.com ---> PECHADO!!

seguimossendosocialistasdeteo.wordpress.com/----> PECHADO!!

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/----> PEDIA ESTAR REXISTRADO PARA ENTRAR

QUe esta pasando en TEO cos Blogs? E normal....

Pois a verdade que si,m pareceme normal... porque ultimamente a xente facia comentarios un pouco de mais insultantes, xa dando nomes e apelidos. Mais ben parecia unha cosntante pelea de barrios, a verdade, penoso, penoso...

Non me extraña que neste blog empezaran a censurar comentarios, e puxeron o filtro, a verdade ben feito, porque ainda que os que administran este blog non teñan culpa dos comentarios, si que deteriora a imaxe, e moito...

AInda que gustariame saber que pasou. haber se ampliades informacións. Saudos.

Anónimo dijo...

Non sexas tan tremendista, que só hai un desdes Blog inactivo. A ver...

amoscaasquerosa.blogspot.com ---> Non tes ben a referencia, non é "asquerosa" senon "esquerdosa":
amoscaesquerdosa.blogspot.com

seguimossendosocialistasdeteo.wordpress.com/----> PECHADO!! Este si.

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/----> Funciona. A estes seica lles deberon "avisar" de que xa estaban a falar de maís e parece que van retificando... Entroulles o medo no corpo!!!

Anónimo dijo...

Só por referencias:

amoscaesquerdosa.blogspot.com segue aberto e goza de moi boa saúde.

hai alguén (sabemos quen é, pero o noso desprezo impídenos nomealos)que tentando desprestixiarnos alcumounos dende o principio co de "asquerosa". Como xa dixemos no seu momento, é para nós un orgullo ser calificados como "asquerosos" pola xente deste tipo e, por outra banda, dado que nos consideramos politicamente incorrectos, tamén é unha honra amolar ás instancias e persoas causantes desta sociedadade que queremos combatir e mudar.

por certo, o blog de "amoscaesquerdosa" pode falar ou intervir ocasionalmente sobre temas da política de Teo, pero non é este o seu obxectivo.

Gracias pola publicación. Administradores/as.