jueves, 25 de agosto de 2011

Hai que ser mesquiño para cobrar por oficiar unha boda!

Atentos á nova que aparcía onte:

Teo regula la tasa por prestación del servicio de celebración de boda civil


As taxas empezan en 75 EUR se o casamento é dentro do Concello. Cunha tasa de 30 bodas ao ano, o Concello recaudaría 2.250 EUR. ¿Nos vos parece mesquiño cobrar por isto? ¿Cal é o gasto real para o Concello? ¿Acaso non é de mesquiños cobrar por iso?

Entendemos que o casamento é un acto máis que xa debería entrar na carteira de servizos do alcade ou concelleiros, que para iso teñen un soldo. ¿Para quen vai eses cartos?

¿Cobraríalle o actual alcalde os 75 EUR ao seu irmán ao que casou hai unhas semanas? Se o que oficia é Parajó, por poñer un exemplo, ¿cobraría algo? ¿Teremos que pagarlle aos concelleiros cada vez que fagan algo que xa lles tería que or no cargo, como por poñer un exemplo asistir aos plenos?

Non nos cadra moito que sexa unha iniciativa do alcalde e xusto que salga agora, cando éste está de vacacións, non nons cadra moito, semella como se fose unha iniciativa do grupo municipal pero da cal o alcalde se quixera desvincular por non estar conforme. O cal non nos estrañaría nada.




O novo asfaltado xa se vai cobrando víctimas

 O novo asfaltado estase xa a cobrar as primeiras víctimas, de momento só con danos materiais. Así nolo indica esta persoa que nos comenta dun accidente acontecido onte nunha pista de Balcaide recentemente asfaltada; como se pode ver, ao parecer un conductor perdeu o control do seu vehículo que quedou envorcado nunha zanxa, na cuenta para ser precisos.

As novas pistas están a presentar este problema: as pistas son estreitas, e as beiravías demasiado estreitas, nalgúns casos inexistentes, o cal provoca que ao máis mínimo despiste, o coche se saia da estrada. Co agravante de que as cunetas quedan moi altas.

E non só e un perigo para os coches, senón para os peóns, que moitas veces non teñen para onde apartarse cando pasa un coche preto deles.






viernes, 19 de agosto de 2011

¿Unanimidade no Concello para mete-lo zoco?

Esta entrada pode provocar polémica, así que tentaremos expor a nosa postura para que non se malinterprete. O asunto trata desta noticia: Non queremos a Volta en Galicia sen Ezequiel, na que se explica como "o Concello demanda á Federación Española de Ciclismo resolva o expediente aberto a Ezequiel Mosquera xa que, sen estar sancionado, Ezequiel non pode competir [na Volta a España 2011] á espera do pronunciamento por parte da Real Federación Española de Ciclismo".

E como se ve na foto, vén avalada por tódolos grupos, incluído o PP, cousa que sorprende xa que cando estaba no poder case que "despreciaba" a Ecequiel, aínda agora parece que xa pensan doutro xeito, o cal está ben por rectificar.

¿Debería meterse o Concello nesta clase de apoios a deportistas? O caso Ecequiel todavía non está resolto pola Federación e, sendo totalmente escrupulosos, ata que non resolva, non hai nada que facer. A Federación Española ten as súas normas e un ente foráneo coma o Concello non ten nada que facer nin dicir. E menos como representantes institucionais. Porque se resulta que ao final resolven que será sancionado, ¿con que autoridade moral un Concello que me representa pode apoiar a un "tramposo"? ¿Que pensaríamos se o Concello apoiara a Mourinho (ou Guardiola, que aquí hai moito culé), por poñer un exemplo, porque a Federación lle puxo unha sanción? ¿Non resultaría estraño? Todo o mundo se botaría as mans á cabeza.

Esto resulta resulta dun artificio e hipocrisía que dá que pensar, un acto totalmente de cara á galería. Sen pés ne cabeza. E sen pés nin cabeza por parte do PP (que ata o de agora non apoiou ao deporte base do Concello nin moito menos a Ecequiel) nin do Bloque. ¿Acaso non quedan aínda pintadas polo Concello do tipo "Volta a Espanha, fora da Galiza", toda unha frase propia do ideario do Bloque? ("Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.").


O que queda claro é que este Concello, sen o alcalde, vai á deriva... nacionalista.




NOTA: Para quen pense que estamos en contra de Ecequiel, xa lle adiantamos que está radicalmente errado, e poderíamos ir "máis alá", pero non é o caso.


martes, 9 de agosto de 2011

Incendios en Teo: Nunca Máis

Unha imaxe vale máis que 1000 palabras, di o dito. E achegarse a un monte tras un incendio produce unha desazón indescritible. Mostramos algunas imaxes de montes de Teo (zona de Fornelos e Oza) tras os incendios. Sen palabras.







miércoles, 3 de agosto de 2011

Pontevea non queda sen Servizo médico

Non hai como petar ás portas para obter resultados. O Centro Médico de Pontevea, pechado por vacacións, seguirá atendendo aos seus pacientes, pero en Cacheiras.
Os pacientes asignados a este centro, atendidos pola Dra. Pérez Villalva, no mes de agosto serán citados na axenda da mesma profesional, pero no Centro Médico de Cacheiras, no mesmo horario que en Pontevea.
De xeito que ninguén quedará sen o servizo.

Xornais en galego


No BNG están a poñer o grito no ceo coa desaparición do, para eles, único xornal en galego, Xornal de Galicia. Pero as cousas non son como as pintan. Como din no anuncio, "non somos tontos".

En primeiro lugar, este xornal non estaba escrito integramente en galego, non hai máis que botarlle unha ollada á portada para ver como as novas mesturan entre galego e castelán. Cousa que si poderiamos dicir do tamén desaparecido Galicia Hoxe. Pero a este último non lle dan tanta importancia porque é afín ao PP. Así de claro. Así de patético.

En segundo lugar, o Xornal naceu na época do bipartito, e grazas a el se puido desenvolver este proxecto empresarial. Proxecto, por certo, propiedade de Jacinto Rey, da constructora San José e, tamén, a empresa adxudicataria do famoso concurso eólico, despois anulado polo entrante goberno de Feijoo. ¿Adiviñan quen son as personaxes que saen na foto coa que ilustramos este artigo? Acertaron: Anxo Quintana (do BNG) e Jacinto Rey. ¿Casualidade? Por suposto que non. Ao tal Rey non lle saíron as cousas como esperaba: o bipartito foi un sono moi corto co cal remataron o concurso eólico e as subvencións para o seu xornal. E todo isto agravado pola crise económica que afectou maioritarimente ao sector da construcción.
Así que as augas volven ao rego.

A vocación (palabra que ultimamente aparecía nas redes sociais) de Xornal non é a defensa do galego, senón que era a excusa para vivir das subvencións e ter unha plataforma mediática de poder. O xornal de tirada nacional Público seguerá o mesmo camiño, por algo xa está á venda.

Por último, queremos deixar constancia de que moitas veces todos estes autodenominados defensores do galego son uns "estafadores" morais. E querelos comparalos con verdadeiros defensores de Galicia como a revista Nós, é de chiste. Pero de chiste de chorar, do malo que é...

A sede do PP cambia de ubicación, non pecha

O que parecía un peche é un cambio de ubicación, así que a sede do PP non pecha e só cambia de ubicación, como aclara o concelleiro do PP Eloi Gesto no seu blog. Así que como rectificar é de sabios, poñemos a rectificación.
Un apunte: o novo local estará en Montouto, ao lado da cafetería Mar Adentro, onde traballa o que foi a "oposición" interna do actual comité local do PP de Teo. ¡Vaia coincidencia! ¿Ou non? E lembrade, antes de entrar, hai que petar á porta: TOC, TOC!

WAKA-RUMOR: Alegría polo último Pleno

Deunos alegría comprobar que no último Pleno do Concello de Teo acudiu unha persoa da que nos contaran que tiña certos problemas de saúde. Alegrámonos de que volvese ao seu traballo e desde aquí lle enviamos o noso afecto e ánimo, por si nos le.

A sede do PP de Teo tamén pecha en Cacheiras

Segundo nos informan, parece que a sede do PP en Teo tamén pecha as súas portas. A tan anunciada sede dos populares ao final desaparece tralos malos resultados electorais, e tamén pola falta de fondos, por suposto. Como xa vimos dicindo desde hai meses, a falta de implicación dos membros dos comités (PP e PSOE) provoca estas situacións.
Agora xa non poderemos visita-la para velo tempo que fará en Teo. (Algúns din que o que sae aí non é o "home do tempo", senón un tal Guerra que algún día se presentou a alcalde de Teo, ¿alguén se lembra? Para nós, sempre será o home do tempo...)

Tanto PP como PSOE e InTeo (este nunca tivo sede externa) teñen os seus despachos no edificio do Concello, na Ramallosa, para que os veciños interesados lles vaian a levar as súas queixas e peticións.

lunes, 1 de agosto de 2011

Pecha a sede do PSOE en Teo

Parece que pecha a sede do PSOE en Teo, e de feito esta mesma tarde xa apareceu co rótulo luminoso quitado. Cúmprese, unha vez máis, o xa anunciado hai semanas neste blog: que ante a debacle nas eleccións, o grupo non tería cartos para soster a sede. Lembremos que ata o de agora se "aproveitaban" de gran parte do soldo dunha "membra" do corporación para soster o local.