viernes, 19 de agosto de 2011

¿Unanimidade no Concello para mete-lo zoco?

Esta entrada pode provocar polémica, así que tentaremos expor a nosa postura para que non se malinterprete. O asunto trata desta noticia: Non queremos a Volta en Galicia sen Ezequiel, na que se explica como "o Concello demanda á Federación Española de Ciclismo resolva o expediente aberto a Ezequiel Mosquera xa que, sen estar sancionado, Ezequiel non pode competir [na Volta a España 2011] á espera do pronunciamento por parte da Real Federación Española de Ciclismo".

E como se ve na foto, vén avalada por tódolos grupos, incluído o PP, cousa que sorprende xa que cando estaba no poder case que "despreciaba" a Ecequiel, aínda agora parece que xa pensan doutro xeito, o cal está ben por rectificar.

¿Debería meterse o Concello nesta clase de apoios a deportistas? O caso Ecequiel todavía non está resolto pola Federación e, sendo totalmente escrupulosos, ata que non resolva, non hai nada que facer. A Federación Española ten as súas normas e un ente foráneo coma o Concello non ten nada que facer nin dicir. E menos como representantes institucionais. Porque se resulta que ao final resolven que será sancionado, ¿con que autoridade moral un Concello que me representa pode apoiar a un "tramposo"? ¿Que pensaríamos se o Concello apoiara a Mourinho (ou Guardiola, que aquí hai moito culé), por poñer un exemplo, porque a Federación lle puxo unha sanción? ¿Non resultaría estraño? Todo o mundo se botaría as mans á cabeza.

Esto resulta resulta dun artificio e hipocrisía que dá que pensar, un acto totalmente de cara á galería. Sen pés ne cabeza. E sen pés nin cabeza por parte do PP (que ata o de agora non apoiou ao deporte base do Concello nin moito menos a Ecequiel) nin do Bloque. ¿Acaso non quedan aínda pintadas polo Concello do tipo "Volta a Espanha, fora da Galiza", toda unha frase propia do ideario do Bloque? ("Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.").


O que queda claro é que este Concello, sen o alcalde, vai á deriva... nacionalista.




NOTA: Para quen pense que estamos en contra de Ecequiel, xa lle adiantamos que está radicalmente errado, e poderíamos ir "máis alá", pero non é o caso.


9 comentarios:

Anónimo dijo...

creo que el apoyo de los partidos políticos a Ezequiel Mosquera es para que resuelvan su caso, y no lo tengan más tiempo sin saber qué va a ser de su futuro. Por lo que entiendo yo, no es que defiendan u inocencia sino que piden la resolución de su caso. Entiendo que es lo que quiere además muchos ciudadanos que apoyan movilizaciones como la de mañana. Creo que todo el mundo debe tener derecho a un juicio justo y a su defensa en caso de cometer "presuntamente" un delito o una falta. Nadie habla de su inocencia, sino de la resolución de su caso

Anónimo dijo...

Todo o mundo ten dereito a un xuizo xusto, pero TODO O MUNDO, non só uns cantos que por saír nos medios parece que teñen máis dereitos.
Eu creia que xa non había cidadáns de primeira e de segunda...

Anónimo dijo...

¿ Desde cuando existe el nombre de ECEQUIEL ? ¿ No será Ezequiel ? Cuantas patadas al diccionario.

Anónimo dijo...

CONDE ROA EN EL HOMENAJE A ÁNXEL CASAL EN TEO.

ahora si que Nos deja de piedra, algunos dicen " serán los vapores de la noche ", otros dicen que ahora que dejó el OPUS, quiza se convierta, no sabemos por que, pero lo real es que hoy Conde Roa representara al Concello de Santiago en homenaje a un fusilado por los Falangistas, curioso no.


que dirá su jefe Feijoo en la foto con el, vestidito de Gaitero.. quizas nada, al fin y al cabo el pobre Casal murió de cusas naturales.....y ya se sabe ante eso nada.

DESBLOQUEAR TEO dijo...

Para os das patadas ao diccionario, na miña escola aprendéronnos: ZA, CE, CI, ZO, ZU.
E no listado de nomes galegos (A Mesa), o correcto é Ecequiel.
Así que xa nos explicarás quen dá as patadas ao diccionario.

Anónimo dijo...

en todo esto de " Mosquera " por non poñer o nome, non se que meta o zoco, donde esta o flamante presidente de ciclismo da Galega, porque non fala, non ten nada que decir.¿ ou e que e tan cobarde qur non di nada para non meter a pata.

MOLLATE, HOME MOLLATE AMIGO TALLON........

ocarallo29decompostela dijo...

donde hay papeles callan barbas.

Anónimo dijo...

Conde Roa pode estar na homenaxe a Anxel Casal, vestir de galego e facer o que lle dea a gana. Non matou a ninguén, o traxe galego non é propiedade de ningún "radical das narices" e mortos houbos polas dúas partes. Todos foron víctimas. Debémos homenaxear ás persoas que morreron e non facer bandos. Algún se puidera resucitar o odio, sería feliz. Dios Diante, meigas fór. ¿Dóenche os dentes porque Conde Roa Sorprende. ¿Quen foi o chulo anterior que fixo que un humilde cidadán de Santiago fora protagonista na súa Cidade?. Todos buscaron "figuritas famosas". Pois o único que o fixo foi Conde Roa.Rabeade, rabeade.....jajajajajaja. Bicos a todos (a vós tamén).

Anónimo dijo...

conde roa non foi A HOMENAXE E OS DO PP DE TEO TAN POUCO. NON GUSTA A REPÚBLICA