miércoles, 3 de agosto de 2011

A sede do PP de Teo tamén pecha en Cacheiras

Segundo nos informan, parece que a sede do PP en Teo tamén pecha as súas portas. A tan anunciada sede dos populares ao final desaparece tralos malos resultados electorais, e tamén pola falta de fondos, por suposto. Como xa vimos dicindo desde hai meses, a falta de implicación dos membros dos comités (PP e PSOE) provoca estas situacións.
Agora xa non poderemos visita-la para velo tempo que fará en Teo. (Algúns din que o que sae aí non é o "home do tempo", senón un tal Guerra que algún día se presentou a alcalde de Teo, ¿alguén se lembra? Para nós, sempre será o home do tempo...)

Tanto PP como PSOE e InTeo (este nunca tivo sede externa) teñen os seus despachos no edificio do Concello, na Ramallosa, para que os veciños interesados lles vaian a levar as súas queixas e peticións.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Os do PP cambian a sede para un local ao lado do maradentro, fontes do facebook dun concejal do PP

Anónimo dijo...

a mesma fonte xa nos di que o que pasa é que Gueera xa non ten cartiños para seguir pagando...

Anónimo dijo...

Falabaratos das narices, pois seguro que ides vós e lle pagades un mesiño polo menos. Non, se non haberá quen che compre unha braga, pero quen cha rompa vai a sobrar. Non aportades nada, meus. Saúdos, que cabemos todos.

Anónimo dijo...

Tedes moitas fontes, ides afogar.