viernes, 6 de junio de 2008

O Concello segue a traballar: ¿por fin se desbloquea?

Accións que está a levar a cabo o Concello que parecen suxerir que, por fin, se está a desbloquear a corporación municipal:
- Asfaltado (é unha forma de dicilo, a verdade sexa dita) en o Montouto, diante do bar Che. Está moi ben, agora poderemos ir tomar algo sen deixarnos as rodas.
- Desbrozado de cunetas pola zona de Solláns e outras partes do municipio. É obriga do Concello manter as cunetas limpas, pero está ben que o fagan ao chegar os primeiros días de calor.

A ver se seguimos así e podemos, por fin, dicir que xa estamos desbloqueados e así tomar unhas vacacións...

Os 24.000 EUR de Os Verxeles: ampliamos información

Xa temos máis información sobre os 24.000 EUR que o Concello ingresou nas contas da Comunidade de veciños de Os Verxeles.
O asunto vén de longo e non é máis que a débeda que tiña o Concello (desde hai máis de 10 anos) coa Comunidade de Veciños polo impago das cotas da Comunidade que lle corresponden ao Concello por ser propietario de vairas parcelas.
A Comunidade interpuso denuncia por vía xudicial, e hai cousa duns meses saío a resolución a favor dos veciños, impoñendo o pago ao Concello para saldar a débeda.
Os 24.000 EUR son o resultado das cotas desde hai uns 10 anos (desde que existe a zona residencial) multiplicado polo número de parcelas coas que conta o Concello nese lugar.

Pero aquí non remata todo. Atención ao que nos dixo o veciño que nos aportou os datos anteriores... NOTA: Estos datos están sen contrastar. A xente maís vencellada ao Concello poderá acceder á documentación (mensaxe directa aos socialistas: poderíades investigar este asunto):

O Concello conta con varias parcelas en Os Verxeles; ao parecer, son as parcelas ás que se facía referencia no Pleno dos Orzamentos e que o Concello quería vender. O que ocorre é que hai un tema nada claro en todo isto: algunhas das parcelas do Concello xa están vendidas e, para máis inri, xa hai contruídos chalés nelas.
Foi un asunto do anterior alcalde. Por un lado, algunhas das parcelas foron vendidas a un empresario e outras foron permutadas por terreos noutra zona residencial. Outra parte, seguen a ser do Concello.

jueves, 5 de junio de 2008

O Concello de Teo paga 24.000 EUR aos veciños de Os Verxeles

Nos informan desta impactante nova: o Concello de Teo abonou máis de 24.oo0 euros aos veciños insolidarios de Os Verxeles.
Non temos máis información de momento; seguiremos informando.

martes, 3 de junio de 2008

Sen entrar en politica, os veciños gañamos

En ánimo de entrar en discusións políticas que só lles interesan aos interesado/as, velaí o resultado do último pleno, según o blog socialista:

APROBAN UNHA TRANSFERENCIA DE CRÉDITO, COA DISCULPA DO ASFALTADO DO TRAMO
BOUÑOU-REIS, DA ESTRADA MILLADOIRO-PONTEVEA, PARA EN REALIDADE PAGAR AS OBRAS DE
ASFALTADO DO TRAMO SOLLÁNS-LUOU, QUE O GOBERNO NACIONALISTA EXECUTOU INCUMPRINDO
TODOS OS REQUISITOS LEGAIS: SEN CONSIGNACIÓN ORZAMENTARIA, SEN PROXECTO TÉCNICO,
SEN EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN...


De onde se deducen dúas cousas:
  • O Concello asfaltou o tramo Solláns-Luou. Ben polo Concello; saímos gañando os veciños.
  • O Concello vai asfaltar o tramo Bouñou-Reis. Ben polo Concello; saímos gañando os veciños.
Esta é a única conclusión que sacan os veciños: o Concello está a asfaltar as estradas. O Concello está a facer un bo labor no Concello, facendo cousas demandadas polos veciños. Sen esquenver os mini-puntos limpos e agora as compostadoras (unha moi bia idea).

E isto, pese a quen lle pese, é a visión que van ter os veciños do alcalde Noriega: está a traballar polos veciños. Os oscuros texemanexes e intereses que hai detrás a ninguén lles importan, ben porque non os entenden, ben porque a xente xa ten problemas abondo como para preocuparse polos políticos e as súas teimas.