martes, 31 de mayo de 2011

PSOE - Como "liquidar" a un presidente

Aínda que non unha nova sobre Teo, queremos compartir con vós isto. Resulta curioso ver a web do PSOE nacional, xa que dun día para outro, "liquidaron" a Zapatero e foi substituído por Rubalcaba; como si Rubalcaba fose o mesmísimo presidente do goberno! Velaquí unha mostra gráfica da web do PSOE deste martes 31 de maio:

A web, no seu conxunto... ¿a quen vedes?


  

A foto da portada está dedicada ao presidente, perdón, a Rubalcaba.


Na banda das fotos, destaca Rubalcaba. ZP só aparece (sombreado) nunha delas...



Na sección de novas, Rubalcaba 2 - Zapatero 1.



Na sección de audios, RB 2, ZP 2, con ZP mencionando a RB de xeito explícito e indirecto. Ou sexa, RB 4 - ZP 0.



Na nube de Tags, RB empeza a gañar protagomismo fronte a ZP.


 Na sección de Participación ¡xa se fala de como participar nas primarias! 
E fixádevos na banda da galería de fotos!


[Grazas ao PP de Teo] Máis de 1.300 persoas do Concello de Teo que carecían de cobertura xa teñen acceso a internet

Máis de 1.300 persoas do Concello de Teo que carecían de cobertura xa teñen acceso a internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta 2010-2013

Pois segundo o PP de Teo, lido no Facebook de JM Guerra (exactamente, no de Eloy Gesto, o sexto de abordo, xa que o Facebook de JM Guerra xa está pechado) foi grazas ao "petar ás portas" de Guerra:
Jose Manuel Guerra Calvelo
Xa vos adiantamos durante estes meses que estábamos xestionando a cobertura de Internet, e o traballo deu os seus frutos, Mar Pereira, atendeu á nosa solicitude!
As reunións que tivemos con altos cargos da xunta non foron políticas senon de traballo!
A pesar do resultado, nos comprometimos a seguir a traballar con responsabilidade!
Daremos máis novas proximamente!

lunes, 30 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

80.000 € cobrará ao ano no seu novo posto na Xunta.

Así, ¿a quen lle importa ser alcalde? Agora enténdense toda a trama organizada: ou me dades un posto, ou monto o meu partido e lévome boa parte dos votos do "voso" candidato. Co posto asignado, xa se fixo a famosa foto (o pasado e o futuro), para que todos soubesen que seguía aí, que había que votar ao novo, porque él, agora sí, xa o respaldaba.

sábado, 28 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

¿Por que lle chamaron DIMISIÓN cando deberían de dicir EXPULSIÓN?

Non vos creades nada do publicado nin en blogs, nin en facebooks nin nos xornais. Non foi unha dimisión, foi unha expulsión; se queredes velo doutro xeito, unha dimisón forzada.

viernes, 27 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

O alcalde de Teo vaise a Madrid uns días, pero xa non volverá.

Escoitado a un veciño de Teo.

WAKA-RUMOR

Inauguramos a sección "Waka-Rumor" na República Independente de Teo. Cando vexades algunha entrada baixo o lema "Waka-Rumor", querrá dicir que é unha información escoitada por Teo, sen base nen fundamento, isto é, que se trata dun rumor e como tal deberá ser considerado. Poderá ser certo ou non, pero non puidemos contrastar.

Nova sinaléctica en Teo

Están a aparecer novos sinais en Teo, unha renovación que xa se facía necesaria. A verdade é que quedan moi ben integradas.
Non entendemos (ignorantes de nós) por qué un lugar como Pontevea aparece resalatado sobre Reis.

jueves, 26 de mayo de 2011

Xa se coñece o futuro de Armando Blanco

Xa é un rumor xeneralizado o futuro de Armando Blanco. A nosa pitonisa xa pronosticou que Armando non estaría na política de Teo, e nós xa adiantamos que seguramente fora tentado por un cargo na Xunta.

Pois parece que os rumores xa se fixeron máis fortes e parece xa confirmado que Armando ten asignado un cargo na Xunta. Non sabemos exactamente de que, pero imos arriscarnos e dicir que o máis probable é que sexa algo relacionado coa emigración (Secretaría Xeral de Emigración).

O caso é que se confirma (case) o seu ascenso a un posto da Xunta. E dicimos o de ascenso porque ata se coñece o que podería cobrar. Non o imos diicr aquí porque non o podemos asegurar, pero todo apunta a que recibiría un soldo maior que o de alcalde de Teo, o cal reforzaría a teoría de que non se presentou á alcaldía porque obterá maiores beneficios (e menos dores de cabeza) con este postiño.

A oposición en Teo

A oposición en Teo traballará activamente. Como dixo Guerra na rolda de prensa: "O principal ojetivo agora é traballar para merecer unha confianza creciente facendo unha oposición responsable. O grupo municipal popular vai facer unha oposición ativa e construtiva. Vamos a traballar con rigor e coherencia, vamos a facer esa política de prosimidá da que falamos durante a campaña. Estaremos cerca dos veciños para levar os seus problemas ó Concello".
Todo son boas palabras se non fora porque ten necesidade de ler todo dun papel que alguén lle preparou. Para unha rolda de prensa, ben se podería preparar un pouco e memorizar o texto. Que non é un discurso, é unha rolda de prensa.

Aquí publicaron o vídeo: http://www.facebook.com/video/video.php?v=150548098347638&comments
(Nota: o vídeo que sae antes xa é premonitorio: ¡Era visto!")


Por outra banda, Parajó tamén falo: Fará oposición «en positivo porque eu non son dos non porque non» e augurou para oBNG un mandato «complicado porque dudo moito que lle veña outro Plan E».
Noticia completa: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/05/25/0003_201105S25C4996.htm


Do PSOE non se sabe nada. Volve a estar metido, por enésima vez, en líos internos, co que o seu labor de oposición de momento é nula ou dela non falaron nada nos medios.

miércoles, 25 de mayo de 2011

22-M, TOCADO. 24-M, TOCADO E AFUNDIDO

22-M, TOCADO. 
24-M, TOCADO E AFUNDIDO.
REMATOU O XOGO.

Teo quere NASA


Para os interesados pola cultura, e sexan da ideoloxía que sexan, creamos un grupo en Facebook "Teo Quere NASA" para apoiar que a sala NASA, que terá pechar en Santiago porque a nova corporación municipal, do PP, non lle dará máis subvencións, se instale en Teo.
Queremos que Teo se convirta no referente cultural da comarca.

Podedes unirvos ao grupo en:
http://www.facebook.com/home.php#!/pages/Teo-Quere-NASA/147766935297189

Xa o sabe todo o mundo: Jano Leis abandona a política

É unha noticia que correu como a pólvora esta noite: Jano Leis abandona a  política. Puidemos sabelo na noticia aparecida en El Correo Gallego: Jano Leis abandona la política y cede el liderazgo del PSOE de Teo a Uxia Lemus
É unha noticia que non nos colle de novo, pois xa anunciamos aquí o día 5 de maio a debacle electoral do 22M e fomos máis aló dando por feito que Jano Leis abandonaría a política tralo 22-M, que publicamos o día 20 de maio.
Era unha noticia moi esperada por algúns, a xuzgar polos comentarios que aparecen na rede, pero ¿era esperada? Para nós sí, xa o tiñamos claro desde hai días.

martes, 24 de mayo de 2011

A sala NASA podería asentarse en Teo

O titular de que a sala NASA podería asentarse en Teo é unha elucubración nosa sacada despois de escoitar nunha entrevista na radio este mesmo luns, que a sala depende das subvencións do Concello de Santiago e que temen que as perderán debido á animadversión declarada de Conde Roa contra esta sala (lembremos que Conde Roa chegou a acusar á sala NASA de facer homenaxes a terroristas). Na entrevista, o seu responsable comentaba que estaban a estudar a posibilidade de asentarse nun concello limítrofe a Santiago. E nós pensamos, ¿qué concello sería o máis axeitado? ¿Non estarán pensando en Teo, debido a que goberna o BNG en maioría?

Nós cremos que sería unha boa noticia para Teo contar cun espazo cultural como a sala NASA, que xa leva funcionando máis de 20 anos e na que se forxaron moitos dos artistas galegos (os actores/actrices que saen nas series da TVG pasaron moitos por ahí). E todo isto dicímolo a pesar de que non nos sintamos moi identificados con certo tipo de arte. Pero que non nos guste a ópera, non quere dicir que non apostemos por facer en Teo un festival de ópera. Aquí o que importa é que Teo empece a ser un referente cultural, e a sala NASA sería un bo xeito de poñer a Teo no "mapa" cultural galego.

Evolución do voto en Teo

Gráfica co resumo do número de concelleiros acadados por cada grupo desde 1999. A tendencia alcista do BNG é imparable, o PP parece que se asenta, e a do PSOE é a maior caída nunca vista. InTeo resiste.

lunes, 23 de mayo de 2011

Benvid@ á República Independente de Teo

En DesbloquearTeo xa adiantamos os resultados, pero ninguén nos creu

Uns resultados tan sorprendentes, non só pola maioría absoluta do BNG senón polo desplome do PSOE, non eran doados de precedir. Pero en DesbloquearTeo fomos os únicos que atinamos ao 100% estes resultados! Todo, grazas aos astros e a unha pitonisa. Tales acertos dánnos para pensar e ata crer nestas cousas... ¿a quen non?

Lembremos o que vos diciamos a modo  de presaxio aló polo 5 de maio... Que o BNG obtería a maioría absoluta; "o que queira, cando queira" era como titulabamos a entrada. E cumpriuse. Sobre InTeo diciamos que non ía acadar o que Parajó pensaba (falou de 2-3 concelleiros) e cumpriuse. Comentabamos que Parajó podería pensar en deixa-la política; para ver isto teremos que esperar. Do PP diciamos que era un "quero e non podo", ou sexa, que quedaría igual, non chegando a acadar a maioría absoluta. Do PSOE, o máis difícil, nós adiantabamos "derrúmbaselle todo". E atinamos ao 100%! Na última predicción falamos que de Jano deixaría a política; tempo ao tempo, veremos se dimite tra-la debacle electoral (case obtivo os mesmos votos que Parajó).

Con este panorama, ¿non é para crer nos astros e estas cousas? Moito máis efectivo que as enquisas... e máis barato!

E seguindo con prediccións, isto vai para Martiño... Seica os planetas están ben alineados coa Lúa e todo iso é favorable para Martiño ao ser Piscis. Non entendimos o que nos quixo dicir, pero todo apunta a que teremos alcalde para rato en Teo.

domingo, 22 de mayo de 2011

Bos datos de participación

Pola velociade de actualización, seguídenos en Twitter (@desbloquearteo) e Facebook (desbloquearteo).

sábado, 21 de mayo de 2011

Crónica breve dos actos de fin de campaña

Resumimos as impresións que nos chegan dos nosos "reporteiros".

InTeo: Cheo absoluto no restaurante San Martiño, o aparcadoiro estaba a rebosar, os coches xa aparcaban fóra do recinto. Un éxito de participación.

PSOE: A asistencia foi a agardada, a festa durou o xustiño.

BNG: Éxito de convocatoria de Martiño, superando as espectativas do propio grupo. Destacaban as caras coñecidas de xente doutros partidos... ¿será un síntoma do que pasará o domingo?

PP: Festa ao estilo armandista, con carpa, música e viño. A festa durou ata ben pasada a medianoite, habendo aínda xente a iso da 1 da madrugada.

viernes, 20 de mayo de 2011

¿Quen vai pagar todo isto?

No acto de fin de campaña os partidos están a botar a casa pola fiestra e parece que non van reparar en gastos... Xa comentamos que o importante é arañar votos e para iso non se andan con tonterías. Pero, se hai crise, ¿quen paga todo isto? Pois ben, dependendo co caso, pagan uns, ou pagan "outros"... Hoxe non poremos os nomes e apelidos de quen afronta tales gastos, pero mañá... mañá será outro día...

Repasamos o despregue dos partidos para este venres:

INTEO. Fin de campaña no Restaurante San Martiño. Desta vez haberá pinchos a encher, para resarcirse do primeiro acto da campaña. parajó non defraudará aos seus desta vez.


PSOE: Fin de campaña en Pórtico, sede habitual do BNG. Haberá pinchos e así o anuncian, ademais de música, para que a xente o saiba.


BNG: Fin de campaña no Pazo de Adrán. O sitio con máis "nivel", que para algo irá o sr. Beiras. Aínda que non se falaba de pinchos a encher, parece ser que algún refrixerio sí que se servirá.


PP: Fin de campaña na Ramallosa, o feudo do número seis da lista. Haberá festa rachada, que paga o "presi". Na foto podedes ver parte do desprege: volvemos ás carpas, música e comida a esgalla.

Actos fin de campaña: acabouse a austeridade

Ao final, tiramos toda a demagoxia da austeridade pola borda e facemos un Acto de fin campaña con pinchos, como ten  que ser, todo sexa polos votos.

E velaí que van (case) tódolos partidos e organizan o seu acto de campaña, sinalando, eso sí, que quede ben clariño, que despois haberá pinchos... ¿Non resulta patético?

Lista de actos, para que cada quen vaia ao que máis lle guste:

  • InTeo: Ás 21:00H no Restaurante San Martiño. O máis interesante de todos, este restaurante ten sona polo bo comer, aquí un xa poderá saír ceado (as empanadas están boísimas).
  • PSOE: Ás 21:30H no Restaurante Pórtico.Anuncian "pinchos socialistas" e música. Como dicía aquel: ¡Toma Moreno coa austeridade!
  • PP: Ás 21:00H, en Lucí, na Praza dos Encontros. Haberá sorpresas, din. Así que de austeridade, nada de nada.
  • BNG: Ás 20:30H no Pazo de Adrán. Parece ser que non haberá pinchos. Se ser así, sería o único que actúa con coherencia despois do dito durante toda a campaña.


    Jano Leis abandonaría a política tralo 22-M

    Os astros falaron de novo. E non é broma. A poucos días das eleccións, recurrimos de novo aos astros para comprobar si as predicións feitas antes da campaña electoral, se seguían cumprindo. E abofé que se seguen a cumprir, e desta vez a pitonisa aporta máis detalles.
    Do PP, os astros non varían na súa predición, indicando que seguirán como estaban, non chegando a cumprirse os obxectivos buscados (que segundo o mesmo Guerra dixo, é a maioría absoluta).
    Do Bloque, segue a indicarnos o mesmo, isto é, que se ve como o claro vencedor. Niso non hai dúbidas.
    Para InTeo, a situación mantense, non chegando a acadar os tan comentados, por Parajó, tres concelleiros. Desta volta parece que se quedará como estaba.
    Ao respecto do PSOE, os astros volven a comentarnos que Jano Leis entablará moitas conversacións, moitas xuntanzas e reunións. Moito diáologo. Pero que todo acabará en fracaso e que abandonará o seu proxecto, neste caso, político. É dicir, os astros auguran o fracaso socialista en Teo e a caía do seu líder, quen se marchará.

    Nota: Para os incrédulos, só diremos que o que aquí detallamos provén dunha consulta real a unha vidente. Que desta volta os arcanos volvan a dar os mesmos resultados, a nós, polo menos, danos moito que pensar. Non cremos nas meigas, pero habelas, hailas.

    martes, 17 de mayo de 2011

    Atopamos un libro da "Solta de Libros" do BNG

    Por pura casualidade atopamos un dos libros ceibados polo BNG co gallo de celebra-lo día das Letras Galegas. Había outro libro no mesmo sitio, que deixamos para outro/a afortunado/a.

    Queremos expresar desde aquí a nosa felicitación ao Bloque por esta iniciativa. Non sabemos se é unha iniciativa feita pola coincidencia coas eleccións (no libro explícase que é unha iniciativa do Bloque, non do Concello), pero desde aquí animamos ao Concello a que recolla esta idea e a traslade a tódolos 17 de maio, goberne quen goberne.

    Iniciativas como estas son as que nós aplaudimos, porque non supoñen un grande custo e un xeito moi divertido de achegar aos nenos aos libros, que nestes tempos que corren non é doado. Unha suxestión: un dos libros podería levar un agasallo, como un lote de libros a recoller na mediateca municipal, por exemplo.

    En fin, que felicitamos ao Bloque por esta iniciativa (se fora doutro partido diriamos o mesmo, quede claro) e agardamos que continúe tódolos anos.

    lunes, 16 de mayo de 2011

    Guerra xa non se tapa: é a volta do Armandismo


    O que todos temiamos xa se cumpliu oficialmente: votar a Guerra será votar a volta ao armandismo. Isto quedou plasmado, sen tapuxos, na foto publicada hoxe no xornal El Correo Gallego, que aquí reproducimos.
    A interpretación que lle damos a esta foto é a seguinte:
    1. Guerra sempre foi un monicreque de Armando, posto a dedo polos de arriba para poder manexalo, pero sempre baixo o auspicio, protección ou control de Armando.
    2. Guerra estalle a ver as orellas ao lobo, xa non ve tan clara esa maioría absoluta da que tanto se gaba, e ten que recurrir a Armando para non perder os votos do armandismo.
    En resumo, unha pena. Unha volta ao armandismo sen Armando, como xa dicía Martiño.

    Acceso completo á noticia: O PP de Teo fai piña para arroupar a Guerra na súa loita pola alcaldía

    sábado, 14 de mayo de 2011

    Surrealista: ao señor Facebook non lle gusta esta foto

    Unha situación surrealista. Ao sr. Facebook non lle gusta a foto de Guerra por riba de Martiño... ¿será mal pensado? Pois tivemos que quitar a foto do Facebook porque segundo eles, alguén se queixou:

    We’ve received one or more reports that content you posted violates Facebook policies. We have not yet taken any action. If this content threatens or harasses anyone, or contains nudity or excessive violence, please remove it immediately to avoid your account being warned, blocked, or disabled.

    Que en coruño (traductor Google) sería algo así:


    Hemos recibido informes de uno o más de contenido que viola las políticas publicadas Facebook. Todavía no hemos tomado ninguna medida. Si este contenido amenaza o acosa a cualquier persona, o que contenga desnudos o violencia excesiva, por favor, elimine de inmediato para evitar que su cuenta de haber sido advertido, obstruido o con discapacidad.



    A foto da que falemos é:



    viernes, 13 de mayo de 2011

    A caravana do PP...

    Imaxe curiosa da "caravana" do PP. A imaxe é un pouco borrosa, pero é unha camioneta cos carteis do PP. Iso si que é unha caravana... tódolos medios son válidos nesta campaña!

    A guerra PP-BNG tamén se libra nos carteis electorais.

    A caravana do PP está a pasar por Teo, arrasando con canto oco queda libre para pegar os carteis, chegando a situacións curiosas como a da foto, na que se "pelexan" os candidatos polo mellor posto...
    Unha imaxe gráfica do que está a pasar nesta campaña, cada vez con máis forza, entre os dous candidatos que aspiran á maioría.

    CRUCE DIALECTICO ENTRE PP - BNG NAS REDES SOCIAIS

    O que parecía un candidato moderado no PP, estase a amosar moi intransixente case déspota; como se diría agora, o candidato Guerra vai de sobrao pola vida... Xa o puxemos de manifesto cando declarou nunha entrevista que o único importante era ter a maioría en Teo e que o demáis non importaba.
    Agora estamos máis asustados que nunca co que nos pode tocar esperar nun goberno en minoría co BNG. A situación de tensión vivida nestes últimos anos pódese ver agravada; se antes era dificil a relación co PP, a lo menos con Armando se podía falar. Con este novo candidato, parece que nin eso...
    ¡Era o que lle faltaba a Martiño! Antes xa tiña a súa particular "cruz", e agora vénlle outra "cruz" enriba...

    Resumo do cruce dialéctivo vivido en Facebook hai unhas horas:

    GUERRA: "Hoxe pechamos os actos da xuventude destos meses encaixados no movemento "A Xuventude Quere guerra"! Animádevos a vir as 22:00H a festa na carballeira de Santa eufemia en Oza!"

    MARTIÑO: "Falando de campañas, algúns veñen dende a Xunta a Teo a predicar a austeridade mentres os seus aquí seguen instalados na fórmula do pasado carpa+comida+música.Non saben, que a liberdade e a decisión dunha maioría de veciñ*s de Teo xa non se mide nestas coordenadas, que nos tempos que corren, non deixan de resultar obscenas."

    GUERRA: "Algúns dedícanse a criticar os nosos actos políticos porque non son capaces de xuntar xente nos seus actos! É un pouco triste!"

    miércoles, 11 de mayo de 2011

    O home do tempo

    Cando o vimos sacando o mapiña de detrás da mesa non o podiamos crer! Tal parecía que Guerra estaba dando o tempo. Ceos despexados ao norte, chuvias polo sur... por aquí mais ou menos faremos un paseo, de aquí a acolá un "bulevar"...



    Podedes ver a entrevista completa aquí, pasaredes un bo rato. A xornalista merece un monumento para poder sacar adiante unha entrevista de media hora con este "persoaxe". Non é unha teima persoal contra o candidato, pero como dicía a canción, "Manolete, se non sabes torear, pá que te metes".


    lunes, 9 de mayo de 2011

    Martiño mexa fóra do cacharro...



    No mitin do sábado Martiño debía de estar eufórico e perdeu un pouco esa timidez súa, e soltou algunha perla que xa foi comentada por este blog. Nós fixámonos nun detalle, sempre nos fixamos nos detalles porque son reveladores, cando fixo referencia ao alcalde de A Coruña, mofándose da súa forma de falar como "castellano bien cerrado; practicando o coruño" (min. 10:35). Ou sexa, que o noso alcalde Martiño mófase de:
    1. Que un político empregue o castelán como lingua habitual (que nós saibamos, de momento galego e castelán son linguas oficiais de Galicia)
    2. Mófase do seu "castellano bien cerrado", é dicir, do que todos entendemos como "acento pechado". Ou sexa, que se mofa do ¡acento do galego! Normal, se seguimos escoitando o mitin e vemos cómo apela á súa orixe basca... 
    3. Mófase de tódolos coruñeses. A tópica loita Coruña-Santiago xa está máis que pasada de moda, e Teo aí non pinta nada como para que o alcalde de Teo desprecie á Coruña; porque despreciar a un alcalde é despreciar a toda a xente que representa.
    Moi mal, Martiño... renegando dun dos maiores tesouros dos galegos: a nosa lingua. Igual quere que falemos todos ao estilo "madrileño", ou basco, non o temos moi claro.

    Guerra de cifras: InTeo 300, BNG 150, PP 91

    Estas son as cifras oficiais dos últimos mítines. Xa adiantamos aquí o éxito de participación no mitin de Parajó, a cifra oficial saía hoxe publicada no xornal El Correo Gallego, así como a do BNG, e iso que éste levaba a un peso pesado como Guillerme Vázquez. E a cifra do PP foi dada polo propio JM Guerra, sendo para éste un éxito de participación. Se 91 persoas son un éxito, ¿que serán as 300 de InTeo?
    ¿Estaremos presenciando o auxe de Parajó nestas eleccións? A nosa pitonisa adiantounos que non será así, pero ¿estará equivocada? O día 22M saleremos todos de dúbidas.

    sábado, 7 de mayo de 2011

    Resumo dos mitines de InTeo e BNG

    Pasados so mitines de InTeo e BNG, deste venres e sábado, facemos un breve resumo.
    O mitin de InTeo foi todo un éxito de asistencia, case que 300 persoas que abarrotaron o local. Ao remate, uns viños, sen pinchos que a economía non dá para máis. No mitin, o sr. Parajó esbozou o programa de InTeo a tódolos asistentes de xeito claro e entendible para todos. Non se meteu con ninguén e mantivo un tono reconciliador con todos, dando mostras dun gran entendemento co actual alcalde. Aínda que a xente lle pedía que dera "caña" aos políticos, no seu tono reconciliador argumentou que: "Se vas a un bar podes pedilo con caña ou sen caña; pero non pides caña sola". Unha frase que ten moito significado detrás se se le con coidado.
    O que nos comentaron é que sorprendeu ver a algún anterior militante socialista dentro da lista de Parajó.
    Por outra banda, o mitin do bloque, este mesmo mediodía, foi todo un éxito. O actual alcalde irradia ilusión e moitas gañas,  non mostra signos de agotamento, a xuventude axuda. Foi arroupado polo "mandamais" do bloque; agardamos con ansia o mitin de final de campaña co inefable Beiras.
    Este éxito de convocatoria, contrasta coa mínima participación do resto de agrupacións: no PSOE pouca xente, a sede socialista non dá para máis, e no PP xa se congratulan cos 91 asistentes. ¡Que son 91 asistentes comparados cos case que 300 de Parajó! E iso que o sr. Guerra ten unhas siglas detrás, ás que realmente non lle está facendo xuztiza.

    viernes, 6 de mayo de 2011

    Campaña sen mítines: ¿non hai cartos?

    Sorprendentemente, dous dos partidos máis "potentes" non farán mítines "á antiga usanza" en Teo: PP e PSOE. A escusa que dan é que prefiren facer reunións cercanas cos veciños. Esta razón non nos convence e o que nós pensamos é que non teñen cartos para facer tal despregue. Un mitin require cartos: aluger de local, medios técnicos, catering...
    Pois debe de ser que os/as "xefazo/as" non lles deron cartos abondo para organizar este tipo de actos nesta campaña. ¿Será que non confían en gañar en prefiren investir noutros concellos onte o teñen máis claro, como o caso de Santiago (no caso do PP) ou Ribeira(no caso do PSOE), por poñer exemplos de partidos que organizan grandes actos?
    Pero sorprendentemente o que sí fará mitin será Parajó (InTeo) e Martiño (BNG). O de Martiño non sorprende, pero o de Parajó sí. ¿Cómo o consigue Parajó? A razón é sinxela: co apoio da xente. Estes actos son moitas veces subvencionados coa participación da xente. O exemplo máis coñecido é a de Armando, que cando organizaba actos conseguí axuda de todo tipo: uns aportaban a carpa, outros as empanadas, outros a cervexa... E isto consíguese "pateando" as casas dos veciños e pedindo.
    Pero nin este "renovado" PP nin o PSOE se dignan a "pedir" colaboración dos veciños. Nin dos mesmos militantes e candidatos. Porque si tes unha lista de 21 candidatos, con que cada un poña 1000 € do seu peto (unha alcaldía ben os valen) xa tes por onde empezar. Pero dá toda a sensación de que os que van nas listas non se involucran pola "causa". Falta compromiso.
    Todo isto é una reflexión feita desde o máis absoluto descoñecemento do que ocorre nas sedes dos partidos, simpelmente son cousas que a xente se pregunta e o que se percibe. A xente critica os mítines porque din que son un gasto innecesario, pero se un partido non o organiza, é porque a cousa anda mal. A xente de a pé somos así de simples, pero ao final, somos os que votamos...

    Guerra: decepción e ¿lobo con pel de año?

    O candidato polo PP, Guerra, cada vez nos "descoloca" máis. Ten algunha reacción que non se sabe moi ben por onde tomala. Na entrevista que lle fan en La Voz de Galicia dí unha frase que nos descolocou:
    "Imos gañar as eleccións por maioría absoluta. E do resto, dá igual."
    En primeiro lugar, non explica (nunca o fixo) en qué se basea para facer tal afirnación (nós polo menos recurrimos a unha pitonisa e noutro blog fixeron unha mini-enquisa, métodos que poden ser criticables, pero polo menos non "inventamos" o que dicimos). 
    E en segundo lugar, ¿qué quere dicir con "E do resto, dá igual"? Pode querer dicir varias cousas:
    • O imporante, o obxectivo final, é obter a maioría absoluta
    • Unha vez conseguida, o resto, é dicir, o resto dos partidos, dá igual, serán despreciados.
    • Unha vez conseguida a maioría, o "resto", é dicir, as cousas prometidas durante a campaña, darán igual, porque o importante era ter a maioría.
    • Só conta con obter a maioría. Calquera outra situación non a ve factible e de ocorrer, él non estará alí para velo, porque non pensa seguir en política se non gaña. Dimitira e listo, así de doado. Xa ten quen ocupe o seu lugar (¿Pallas, quizáis?).
    Non atopamos outra explicación. Se alguén a ten, que a dea. Pero en verdade, é para asustarse.

    Parajó: «Hai xente con traballo grazas a InTeo»

    Entrevista en La Voz de Galicia ao candidato por InTeo. Este home, que parecía un pouco desaparecido, ante as eleccións estase a mover, e moito, dando caña por todos sitios. Xa lles gutarían a outros doutros partidos acaparar tanto espazo nos medios como Parajó. Non se lle pode negar que está currando moito nestas eleccións.
    Algunas das perlas desta entrevista:
    •  «non haberá maioría absoluta»
    • «abriremos unha oficina municipal en Calo para dar servizo a estes veciños» 
    •  «hai moita xente con traballo grazas a InTeo»
    Nós xa demos o noso vaticinio, confiamos no poder dos astros, e lamentablemente Parajó con mellorará os resultados obtidos, quedando como estaba (ou peor, non sabemos). Pero alégramos saber que traballa pola súa causa a pesar de non ter detrás unhas siglas de partido.

    TAROT de Martiño: "O que queira, cando queira"

    FUTURO DE MARTIÑO
    O que queira, cando queira, é o resumo global. Martiño vén precedido pola xustiza, e a balanza dí que é un home equilibrado. Pensa moito o que vai facer e quere facelo ben. É un home xusto e será recompensado por esa virtude. O Sol indica o éxito total, a alegría, e o Mundo é a cúspide da felicidade. Non se pode pedir máis.




    Nota de Desbloquearteo: Está claro quen gañará as eleccións e polo que parece, con moito máis apoio que o que o mesmo Martiño esperaría.

    jueves, 5 de mayo de 2011

    TAROT de Jano Leis: "Derrúmbaselle todo"

    FUTURO DE JANO LEIS
    Vai intentar facer cousas novas, ten moitos proxectos en mente. Pero ao final derrúmbaselle todo. Incluso fará moitos contactos novos, que farán que se desplace (viaxe) bastante por este motivo. Pero ao final caerá de bruces.




    Nota de Desbloquearteo: Descoñecemos se Jano Leis estivo a viaxar moito estes días, alguén o poderá saber. Pero o importante é que fai cosas novas (como o blog Teo Aberto) pero ao final a cousa sairá mal, ou sexa, que a debacle electoral está cantada. Sempre segundo os "astros".

    miércoles, 4 de mayo de 2011

    Encontro Dixital de Guerra en El Correo Gallego

    Xa rematou o Encontro Dixital de J. M. Guerra en El Correo Gallego, que podedes consultar desde este enlace:

    http://www.elcorreogallego.es/encuentros-digitales/ecg/jose-manuel-guerracandidato-alcaldia-teo-pp/idEntrevista-36/


    Só queremos dar un par de apuntes despois de ler as respostas do candidato popular:

    -  Non dixo nada novo. Todo son boas intencións, pero non aporta nada novo. Non se "molla" en certos asuntos como os posibles pactos.
    - Fala de que pensa obter 9 concelleiros. Non dí en que se basea para facer tal afirmación, porque enquisas non fixeron, que se saiba. A lo menos nós, en desbloquearteo, recurrimos a fontes (paranormais, sí, pero mellor que "nada" será...) para facer as nosas previsións. E neste punto as nosas fontes indican a debacle do PP. A ver quen ten a razón. O 22-M saberémolo.

    TAROT de Guerra: "É un quero e non podo"

    FUTURO DE J.M. GUERRA
    O resumo é un "quero e non podo". O arcano do Sol é bo porque indica que está respaldado, porque a xente pensa aínda noutra persoa [Armando] e no grupo onde está [PP], pero non pensa directamente nel. As ideas políticas son boas, e ten boa intención, pero non chega. A Lúa é a que indica a desilusión final, a desolación.




    Nota de Desbloquear: Queda claro que o PP non acadará os resultados esperados, quedando como estaba, defraudando tódalas expectativas postas polo PP e por Guerra en particular.

    martes, 3 de mayo de 2011

    Presentación da candidatura de InTeo

    O próximo venres ás 21:00, InTeo co seu líder Manuel Parajó, invita a tódolos veciños á presentación da súa candidatura, no restaurante Los Robles.
    É a única invitación que empezou a chegar aos veciñosde Teo. Dos outros partidos todavía non se recibiu nada e non se sabe das súas presentacións.

    TAROT de Parajó: "Non se ve que continúe en política"

    FUTURO DE PARAJÓ
    Vaino intentar. Estas eleccións faráas con tódalas gañas: falará coa xente, manterá diálogos con moitas persoas. Pero o resultado das eleccións non o respaldarán e pensará en deixalo. Verémolo facendo outras cousas. Non se ve que continúe en política.
    El intentouno, fíxoo con tódalas súas gañas, pero o que se ve é que el so non pode con todo. E por iso decidirá abandonar. Podemos resumir o seu estado de ánimo futuro coa frase: "Ata aquí chegamos".



    Nota de Desbloquear: Se confiamos na predicción, a conclusión é que Parajó non acadará os votos que pensa que acadará, e seguirá como está, e iso fará que quizáis deixe a política.

    lunes, 2 de mayo de 2011

    TAROT de Armando: "Horrible. Nada en política"

    Comenzamos coas perspectivas políticas de Armando. Lembramos de novo que a tirada das cartas, perdón, arcanos, fíxose ao xeito tradicional, onde unha persoa pregunta polo futuro, neste caso profesional, doutra. A "pitonisa" non ten por qué coñecer a esa persoa e limítase a ler o que pon as cartas. E este é o resumo do que nos contou. Tamén poñemos unha foto dalgúns deses arcanos que foi sacando a profesional disto.

    FUTURO DE ARMANDO
    Horrible. Nada en política. Xa "caducou". Vese que aínda o ten no seu pensamento, pero non asenta. Mantén un certo equilibrio, pode ser que o intente, pero vese que  está bastante dolido pola falta de apoio recibido. Incluso vese como un pouco descoidado e lle faltan forzas porque non atopa apoios.



    Lectura de DesbloquearTeo: ¡Quedamos sorprendidos! A tarotista foi quen de dicirnos o que realmente se cumpliu: que Armando estivo intentando levar a cabo o seu grupo político pero que desistiu por falta de apoios. Repetimos que a pitonisa non coñecía á persoa...

    Encontro Dixital con Manuel Parajó

    Deixamos o enlace ao encontro dixital de Manuel Parajó de hoxe en El Correo Gallego:
    http://www.elcorreogallego.es/encuentros-digitales/ecg/manuel-parajocandidato-inteo-alcaldia-teo/idEntrevista-33/

    domingo, 1 de mayo de 2011

    Nin enquisas nin gaitas: os astros xa falaron

    Unha vez máis, en desbloquearteo botamos man dos astros para anticiparnos ás eleccións do 22-M. Xa alá polo 2008 botaramos as cartas para saber do futuro dos nosos políticos, desvelando os quebradeiros de cabeza que lle daría a Martiño o seu novo posto como alcalde e o estado caótico no que se atopaba Armando (agora vemos cómo se cumpliu a predición á perfección).

    Agora recurrimos a outra profesional deste mundillo para adiantarnos ao futuro. Confiamos na predicción que nos deu, e a partir da semana que vén iremos poñendo as predicións, una por día para cada partido.

    Debemos lembrar que a botada de cartas que fixemos foi real; cadaquen pode crer ou non nestas cousas, pero os resultados que saen son asombrosos tendo en conta que a tarorista non coñecía aos seus protagonistas. Partimos de que nós non cremos nas meigas, pero visto o visto, podemos dicir que habelas, hailas...