viernes, 29 de abril de 2011

¡A cabeza de Parajó non para!

Con sorpresa limos noutro blog o que queríamos expresar sobre Parajó: é o único que falados temas relevantes para o concello de Teo. Así, tralo encontro dixital, puidemos ver as liñas mestras do seu programa:
  • Infraestruturas necesarias para o concello: saneamento, depuradoras...
  • Rede de comunicación interna entre parroquias.

Pero ahí non acaba a cousa. Na nova de La Voz sobre o último pleno do Concello de Teo, lendo atentamente un pode sacar varias conclusións:
  •  Armando seguirá dando que falar; xa sabemos que estes catros anos ten outras aspiracións, pero deixou a porta aberta para un regreso.
  • O BNG volve a propor mocións baleiras de contido (Teo anti-transxénicos, anti-nucleares e anti-touros) desta vez relativo ás hipotecas... Xa nos dirá qué pode facer un Concello como Teo neste eido...
  • Parájo segue e a súa cabeza non para. Foi o único, repetimos, o único que aportou algunha aportación á moción anterior e o único que fixo reclamacións de interese real para os veciños, neste caso, pasos de peatóns.
  • E por se isto fose pouco, non vacilou en criticar a campaña social de "Teo é teu" por considerala "non razoable"
  • En Teo non existe opocisión, salvo a de Parajó. Os outros grupos nin saen nesta nova, será que non propuxeron nada ou nada de interese.
Con este panorama, ¿alguén aínda se pregunta por qué apoiamos a Parajó como alternativa real? Unha persoa como Parajó pode ser clave para actuar entre os veciños e o Concello. Unha concellería sí que a merecía.





Nota: o vídeo non ten moito que ver coa entrada, salvo que se titula "A cabeza non para", pero deixámolo porque de seguro que a máis de un lles agradará á vista...


viernes, 22 de abril de 2011

Vídeo promocional (non oficial) de Parajó

Chegounos este vídeo promocional (non oficial) de Manuel Parajó. Xa que todos tiñan os seus vídeos promocionais, alguén tomouno con moito humor para facernos chegar este vídeo. Xa lle gustaría a outros que lle fixesen vídeos así de optimistas. Sorprendente! Quedamos sen palabras...vós mesmos....





Xa falta menos...

En canto arranxemos uns problemillas técnicos, publicaremos un material que nos fixeron chegar e que realmente é sorprendente... De momento, é o que vos podemos dicir...

miércoles, 20 de abril de 2011

Parájo (InTeo): "Somos necesari@s"

Manuel Parajó alcaldable de InTeo: "En la campaña hablaremos de los problemas y soluciones para Teo"
Mentras uns baixan, outros suben: Parajó será chave para o goberno de Teo.

Máis información aquí:
Parajó vuelve a liderar InTeo con candidatura renovada en un 40%

martes, 19 de abril de 2011

Presentación da candidatura de Parajó esta tarde

1Como xa saíu na prensa, xa podemos anunciar que o acto da presentación da candidatura de InTeo será esta tarde no Pazo de Adrán, un magnífico lugar, ás 8 e media. Non nos dixeron nada de pinchos, pero tratándose de Parajó, iso nin se pregunta.

lunes, 18 de abril de 2011

Reflexión rápida sobre a Campaña Teo é teu do Bloque

A campaña de Teo estase animando cos vídeos do PP e agora tamén do BNG, agardamos as do resto de partidos, que se animen que nós disfrutamos moito destas iniciativas.

Só unha pequena reflexión sobre o vídeo do BNG: ¿é lícito mezclar a neno/as no vídeo da campaña electoral? Non nos gusta a participación dos nenos neste tipo de campañas, ¿por que teñen que ter unha idea política formada os chavales de 5 anos? Non vemos a necesidade desta utilización e manipulación infantil.

Salvo iso, un vídeo optimista, que é o Teo necesita.

jueves, 14 de abril de 2011

Martiño, a achicoria e o café

Resultou altamente ameno o Encontro Dixital de LaVoz, que desta vez foi máis madrugador que ningún. Algunha das preguntas resultou moi graciosa, como a que lle preguntou "O seu atractivo físico será determinante nos resultados das eleccións?" que debe tratarse dalgunha fan namorada/o do señor alcalde.

E non menos interesantes son algunhas das respostas, das que reproducimos algúns exemplos, no que queda clara a teima de Martiño e se pode ver que pensa en obter a maioría:

Sobre os pactos...

"O BNG ten claro que máis aló do diálogo para o que está aberto con todas as opcións políticas, non permitirá volver a instalar ao concello nun armandismo sen Armando."

"Falando xa de pactos estables, a candidatura que eu encabezo nunca permitirá que políticas propias do pasado se volten a instalar no concello de Teo. "

Sobre a oposición...

"Ao meu entender, o señor Leis (PSOE) durante estes catro anos non soubo entender o mandato cidadán, practicou unha política de bloqueo, acoso e derribo antepoñendo sempre os intereses partidarios ao interese xeral do Concello intentando tensionar a vida municipal."
"O que non resposta o señor Leis (PSOE) é se estará disposto,chegado o momento, a instalar ao concello no pasado apostando coa súa ambiguedade por un armandismo sen armando que ven a ser algo asi como tomar achicoria en vez de café."
"No PSOE o proceso de renovación dado nas súas listas carece de autocrítica na medida en que siguen facendo unha aposta pola continuidade de alguen que tensionou terribllemente a vida municipal nestes catro anos." 

"O PP perdeu unha gran oportunidade para dar un proceso de renovación necesario na politica municipal e continúa a apostar por fórmulas do pasado".

Sobre a súa condición de médico...
"Eu sempre digo, de maneira informal, que o enfermo (polo Concello) saiu de coidados intensivos e está xa na casa onde segue a precisar de coidados."

miércoles, 13 de abril de 2011

A lista do PP pode provocar escisións internas

Parece que o noso comentario sobre a presenza de Vázquez Pallas na lista do PP de Teo e a non presenza de Juan Cerqueiro, o "ideólogo" da renovación no actual PP desde Novas Xeracións, está a provocar tensións entre os seguidores do partido, entre partidarios e detractores das dúas opcións.
Pallas representa a opción continuista, mentres que Cerqueiro sería a renovación verdadeira que os votantes do PP esperarían; algo así como Fraga-Feijoo. 
Esta noite desvelarase o secreto da lista, así que agardaremos con interese o resultado, aínda que todo apunta a unha especie de traición a Cerqueiro, que finalmente non estaría na lista. De confirmarse, os votantes de PP sabemos que non terán as cousas más claras...

Guerra: "O problema do BNG foi que fixo mais ven pouco ou nada."

O encontro de JM Guerra en LaVoz.es foi moi interesante, xa que demostrou por un lado que sabe falar, a pesar do que outros din, e que ten propostas reais para o Concello, lexos de discursos teóricos; podemos dicir que é un home práctico.

En resumo, preocúpanlle as infraestruturas e ten unha especial querencia polos problemas de accesibilidade, como tamén demostrou Parajó cando denunciou o caso da Policía Local.

Non perdeu tampouco oportunidade de criticar ao bloque, na súa liña habitual, con frases como a destacada:  "O problema do BNG foi que fixo mais ven pouco ou nada."

Ou outra como:
"Que PSOE y BNG son marcas devaluadas queda demostrado en que hasta sus propios militantes ocultan a sus líderes.En el caso de Teo se trata de dos marcas en proceso de declive, mientras que el PP en Teo mantiene una tendencia al alza."

martes, 12 de abril de 2011

Amplia cobertura de Parajó nos medios

O Encontro Dixital de onte con Manuel Parajó en La Voz de Galicia foi todo un éxito xa que o candidato non evitou pregunta algunha e deixou varias frases interesantes, como volve a reseñar de novo hoxe La Voz, sinalando «Mi intención es retirarme de la política dentro de cuatro años»; neste artigo podedes repasar as mellores respostas do candidato, que se sinte máis forte ca nunca.
Lembrade que este mércores estará Guerra e o xoves, xa menos interesante, Martiño.

lunes, 11 de abril de 2011

Manuel Parajó protagonizou un encontro dixital cos internautas en La Voz

Contestou a tódalas preguntas dos lectores de La Voz de Galicia, incluídas as incómodas, sen "despeinarse".

Tedes no enlace todas as preguntas das cales remarcamos algunhas das respostas para que vaiades abrindo boca.

esta seguro de que esta vez sacara su escaño, la cosa parece dificil
Le puedo asegurar que voy a sacar mi escaño y otro más como mínimo. In Teo es totalmente, como dice nuestro slogan, somos necesarios para Teo.
¿Cando dará a coñecer a súa electoral? A xente fala de que ten algunha fichaxe estrela, coma no futbol. ¿Que hai de verdade niso?
A darei a coñecer a semana seguinte despois de Semana Santa e non temos ningún fichaxe estrela, senon que temos xente nova e traballadora. Ademais haberá una renovación de mais do cincuenta por cento da lista de hai catro anos.Agardo que os veciños apoien a In Teo.
¿Cre que lle pode beneficiar a retirada de Armando Blanco? ¿Onde irán eses votos?
Pienso que me puede beneficiar y espero conseguir bastantes votos que eran de Armando.
cal cree vostede que vai a ser a forza mais votada e que posibles pactos pode haber en teo
La fuerza más votada creo que serán PP y BNG, por este orden, Los pactos se verán después de las elecciones, si es que fuese necesario.
es cierto que vd. se sigue dedicando a compra venta de fincas en Teo
Yo nunca compré ninguna finca en Teo, simplemente fui un mero intermediario.
e certo qu houbo lio entre vostede e Armando en Cacheiras, e decir pelexaron vostedes
Totalmente falso. Nos une una gran relación

Lee aquí todo o Encontro Dixital de Manuel Parajó.

Non vos perdades os próximos Encontros Dixitais, tan interesantes como este. Agradamos polo de Guerra, o vindeiro Mércores 13 de abril ás 11 horas.



viernes, 8 de abril de 2011

Cidadáns de segunda para o bloque

Hoxe podiamos ler no xornal El Correo Gallego a denuncia dun veciño de Calo denunciando que van a asfaltar esa zona excepto unha pequena franxa onde el vive, sentíndose por este motivo un cidadán de segunda que non recibe os mesmos servizos que o resto. Tal semella ser o proceder deste Concello, como xa demostrou na desidia dos verquidos en Fixó e o abandono de certas partes do Concello.
A "carta ao director" é a que segue:

Discriminación en Teo

Mi queja hace referencia al mantenimiento del firme que el Ayuntamiento de Teo está realizando en la aldea de Balcaide-Calo: limpia y reasfalta todas las calles que conforman la aldea excepto la rúa Ponte do Sal. La contestación del Ayuntamiento es falta de presupuesto, pero cualquier persona que pase por esta zona verá que esto se asemeja más a una discriminación que a otra causa. Yo pago mis impuestos al igual que los otros vecinos y no soy correspondido con el mismo trato.
Fonte:  El Correo Gallego

Parajó movendo fichas

Estannos a chegar rumores de de Parajó está movendo fichas para crear a súa candidatura. Os rumores falan de que anda estes días "visitando" a distinta xenta pola zona de Calo, ¿captando xente para a súa lista?. Non se sabe, pero todo parece indicar que si. Sería o último candidato en desvela-la súa lista. ¿Haberá sorpresas?

miércoles, 6 de abril de 2011

O PP volve a cargar contra BNG

Nas redes sociais estase a cocer unha verdaderira campaña electoral do PP contra o BNG. A raíz dunha nova na prensa donde Martiño asegura que "Rematamos coa gratuidade de moitos servizos", Guerra carga duyramente contra Martiño dicindo que "Que doado é falar e quedar ben, e non falar das débedas contraidas con diversas empresas tanto públicas coma privadas! Algunhas superan o millón de €. Vaia herdanza vannos deixar!"
A cousa estase a quentar no PP, que non pode esperar máis por ese posto na alcaldía..

martes, 5 de abril de 2011

Quiero un alcalde cercano como Manuel Parajó


Fui a ese acto en el cual el señor Parajó oficiaba de “párroco” en una ceremonia civil. El discurso no fue de lo mejor, al contenido me refiero, vamos, al fondo. Lo que emocionaba era él.

No vamos a discutir que quizá sea un político al que le falta formación.

No vamos a discutir tampoco que quizá sea un político que ha cometido errores en el pasado. Pero tiene lo que todos los vecinos de cultura rural profunda, es decir, los que nos hemos criado y vivido toda la vida en zona rural y nos sentimos teenses hasta la médula queremos. Y es esa profunda confianza que inspira.

Cuando llegué, los zapatos me molestaban, taconazo, hay que ir elegantes. La entrada al pazo en cuestión estaba adornada con una enorme alfombra roja. Para los que no solemos acudir a acontecimientos sociales con decoración “milimétricamente estudiada y elegante” es un momento emocionante. Llegué a sentirme como una estrella de Hollywood, puesto que me acompañaban también los flashes de la empresa contratada para el pack de las TIC, ja, ja. Al fondo estaba él…

Era Parajó. Vamos, Manolo para los que le conocemos de toda la vida. Al lado, su esposa, agradabilísima mujer y campechana. Ambos ejercían el papel que les correspondía, porque se lo estaban tomando en serio. Apreciaban, y mucho, a los que ese día se iban a enlazar y querían hacerlo lo mejor posible. Mientras, mi familia y yo caminábamos por la alfombra roja hasta que llegamos al final del pasillo… Manolo nos miró de manera orgullosa y nos estrechó su mano, y se le notó que lo hizo queriendo, no por aparentar. Estaba cumpliendo su papel a la perfección porque cuando estreché su mano, no sé por qué, me emocioné.

En la fiesta se comportó como uno más, cachondo mental. Bailó, bebió, y se sintió orgulloso ante los vítores de los invitados teenses de… ¡Vota Parajó!.

Quiero un alcalde cercano como él.

PP (Podemos Parajó)




Este texto chegounos como un comentario a DesbloquearTeo, pero fíxonos tanta gracia que o publicamos, merecedor de toda unha entrada no blog. Gracias, PP pola túa contribución.


 

Afluencia aos actos de presentación de candidaturas

¿Canta xente acudiu aos actos de presentacion de candidaturas? ¿500, 700, 1200 persoas ou máis?


lunes, 4 de abril de 2011

Parajó pide cousas sensatas para os veciños

Manuel Parajó, de InTeo, xa iniciou a campaña e empeza a aparecer nos medios. Un pequeno partido que se pon á altura dos máis grandes, pero que pide cousas sensatas e necesarias para os veciños.
Se xa destacou cando se preocupaba da falta de acceso adaptado nas instalacións da Policía Local, agora pide un paso de peóns regulado por semáforo na zona de As Galanas. Trátase dunha zona conflictiva, onde é habitual ver accidentes, pero o máis peligroso é que a xente ten que cruzar tres carrís para ir á parada do autobús. Moito TeoBus, pero se tes que xogarte a vida para collelo, este TeoBus lévanos directamente ao ceo (ao inferno non, que os de Teo somos todos boa xente; os de Teo, que quede claro, non os que viñeron de fóra).
Así que parabéns a Parajó por estas iniciativas. Nótase que está en contacto coa xente e, o que é máis importante, escoita e traslada as peticións dos veciños aos plenos.

domingo, 3 de abril de 2011

O BNG usa os novos colectores de lixo para pegar propaganda electoral

Non é de recibo que os novos colectores de lixo, tan resplandecientes eles, sexan literalmente emporcados por propaganda electoral do Bloque, o mesmo partido que os puxo. Mirade as imaxes! Sr. Martiño, como alcalde de Teo e como representante do seu partido, pedímoslle que deixe de emporcar os colectores de lixo con propaganda.
Os colectores non están para iso. E dubidamos que sexa legal empregalos para iso. ¿Que pasaría se todo o mundo se dedicara a pegar os seus anuncios nos colectores? ¿Acaso non teñen outro sitio para pegar eses anuncios?




viernes, 1 de abril de 2011

Altos niveis de polen

Atención aos alérxicos: esta mañá podíase notar en Teo unha alta concentración de polen no ambiente. Mirar esta mañá para os montes era preocupante: unha especie de néboa de cor amarelo cubrindo a maior parte do monte. E ao mediodía, as rúas e estradas aparecían cheas de pó amarelo: o temido polen.
Din que o mes de maio será o que indique a predición de polen para o verán, pero parece que a chegada da primavera xa se notou. Así que, alérxico/as, paciencia...