jueves, 29 de octubre de 2009

NSC: Neo Sector Critico


Nos chegan mensaxes anónimas que debemos coller con "pinzas" por iso de que non as puidemos contrastar. Contan nestas mensaxes que se está a constituír un novo sector crítico, que nós, que nos gusta de poñer nomes a todo, chamaremos Neo Sector Crítico, ou NSC.

O NSC estaría formado, de novo, por xente interna e, de novo, moi achegada ao líder; e como si todo se volvese a repetir, aparece unha figura feminina de relevancia...

Nos contan ademáis que desta vez contan con apoios de alto nivel, dunha rúa que ten nome de ábore moi abundante en Galicia (a bo entendedor...)

Seguiremos con atención este asunto, por ver si é verdade, unha simple idea, ou un bulo...

E como sempre, agradecemos as opinións e colaboracións para confirmar estas noticias.

lunes, 19 de octubre de 2009

PXOM vai, PXOM ven...

Nós, os pobres, que non temos fincas non entendemos o interese tan desmedido de tódolos sectores polo PXOM.

¿A quen afecta máis o PXOM? ¿Aos veciños de Teo de "toda a vida" con leiras?. ¿E aos novos residentes, tan veciños coma eles, que pagan as taxas municipais lles afecta en algo?
¿E aos veciños "de toda a vida" que non teñen fincas, lles afecta?

Estamos a ver que uns din que é malo, outros, que non é tan malo. Propoñemos, desde desbloquear, que se diga que cousas están mal neste PXOM. Pero cousas concretas, con fincas concretas. A ver si está tan mal como din...

Agardamos os vosos comentarios.