domingo, 25 de abril de 2010

Un Concello que defende aos veciños

Este Concello estanos a demostrar que sabe face-las cousas ben e así o demostran co asunto das vivendas de A Ramallosa (detrás do Concello). Este é o titular que saía nos medios:

Acusan al empresario de falsificación para escriturar 60 viviendas que no tenían licencia de primera ocupación

O Concello xa fixera a correspondente denuncia no ano 2008 a favor dos veciños, que é o que todo Concello debe de facer: preocuparse polos veciños. ¿Que fixo a oposición en todo este asunto?: Polo que se ve... nada.

Cando o Concello fai as cousas ben, hai que recoñecelo.

martes, 20 de abril de 2010

Por fin... o alcalde vai facendo cousiñas por Teo

Queremos felicitar ao Concello de Teo pola iniciativa, xa demandada desde este mesmo blog hai varios meses, das liñas de autobuses circulares en Teo. Estas son as iniciativas que os veciños de Teo valoramos. A oposición debería de tomar nota e presentar propostas que beneficien aos veciños e deixar de perde-lo tempo en PXOMS e outras historias...


Teo completa con dos líneas propias el bus metropolitano






jueves, 1 de abril de 2010

Unha de rumores.....

1- ¿Que hai de certo sobre os rumores que din que unha man negra fixo que desapareceran blogs de Teo que antes tiñan moita actividade?
2- ¿Que haberá de certo, incidindo no anterior, para que ata a prensa escrita se pregunte onde están eses blogs de Teo?
3-  ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan á escisión dun importante partido político en Teo de cara ás próximas eleccións locais, provocando a aparición dun novo grupo?
4- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan a que se está a formar un novo partido político formado por xente nova?
5- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo que certo dirixente dun partido local estivo mantendo contactos con xente nova para afiliala ao partido, continuando coa mesma estratexia iniciada xa hai uns anos?
6- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo de certo dirixente dun partido vaise desprender de xente histórica do seu partido?
7- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan que certo partido que leva as rendas do concello acadará aínda mellores resultados que nas pasadas eleccións?
8- ¿Que hai certo nos rumores que apuntan a unha posible unión de dous pesos pesados da política teense: un home sen paxaros na cabeza e un home da restauración?

Quen teña datos máis fiables, este é o lugar para abrir debate. E por último...


¿Que haberá de certo sobre os rumores que vinculan este blog a certo partido político?
A este rumor respondemos nós: rumores infundados...  de momento.