jueves, 1 de abril de 2010

Unha de rumores.....

1- ¿Que hai de certo sobre os rumores que din que unha man negra fixo que desapareceran blogs de Teo que antes tiñan moita actividade?
2- ¿Que haberá de certo, incidindo no anterior, para que ata a prensa escrita se pregunte onde están eses blogs de Teo?
3-  ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan á escisión dun importante partido político en Teo de cara ás próximas eleccións locais, provocando a aparición dun novo grupo?
4- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan a que se está a formar un novo partido político formado por xente nova?
5- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo que certo dirixente dun partido local estivo mantendo contactos con xente nova para afiliala ao partido, continuando coa mesma estratexia iniciada xa hai uns anos?
6- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo de certo dirixente dun partido vaise desprender de xente histórica do seu partido?
7- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan que certo partido que leva as rendas do concello acadará aínda mellores resultados que nas pasadas eleccións?
8- ¿Que hai certo nos rumores que apuntan a unha posible unión de dous pesos pesados da política teense: un home sen paxaros na cabeza e un home da restauración?

Quen teña datos máis fiables, este é o lugar para abrir debate. E por último...


¿Que haberá de certo sobre os rumores que vinculan este blog a certo partido político?
A este rumor respondemos nós: rumores infundados...  de momento.

No hay comentarios: