martes, 28 de febrero de 2012

O que lle molesta a Martiño é que salgan á luz as débedas do Concello

¿Pero que clase de alcalde é capaz de dicir publicamente isto?
Por lo que respecta al Ayuntamiento de Teo, Martiño Noriega, lamentó que se hiciera pública la deuda de Teo con el refugio. y reconoció que en octubre del pasado año se terminó de pagar la cuota del 2010.
Fonte: La Voz de Galicia

Ou sexa, que o maior problema do alcalde é que se saquen os "trapos sucios" do Concello, para el é mellor agochar as débedas baixo a alfombra e que ninguén saiba as débedas do Concello... A ver se vai ser que hai moitas máis débedas ocultas e que é mellor manter así, ocultas. Claro que iso non convén facelo publico cando acaban de "regalar" 30.000 EUR a Chévere; eses cartos seguro que llos pagan en prazo, non teñades dúbida.
Esperamos que a oposición tome note e "audite" as contas co Concello, porque moito nos tememos que, como esta, poden haber moitas máis cousas ocultas... poderiamos dar algunhas pistas...

Refuxio de animais de Bando. Ou estamos, ou non estamos....

Dos concellos quieren abandonar el refugio de animales de Santiago
Boqueixón y Brión lo tienen decidido, y Teo no ha abonado sus cuotas.

domingo, 26 de febrero de 2012

Martiño, se fora un home de palabra, ¿non debería entregar a acta de concelleiro?



As hemerotecas son moi crueles cos políticos porque lles sacan as vergoñas cando din cousas e prometen outras que, pasado o tempo, non cumpren. É o que lle pasa a Martiño, pois no seu programa electoral para as eleccións locais do 2011 (dispoñible na web do BNG de Teo), dí textualmente:

[...] asinamos o compromiso individual de renunciar á nosa acta como concelleiro/as se así nolo demanda o BNG, organización da que formamos parte.

E despois das declaracións do portavoz nacional Guillerme Vázquez na prensa (ver debaixo), ¿non debería de cumprir coa palabra que el mesmo deu aos veciños, tanto os que o votaron como os que non?, Nós só facemos a pregunta. Que cada quen opine o que lle queira, pero a cousa parece, desta vez, clara.


La cúpula del BNG emplaza a los escindidos a entregar sus cargos 
Exige a sus tres ediles de Cee que retiren la moción de censura con el PP

Guillerme Vázquez insiste en que es una «obligación» del BNG reclamar las actas a los escindidos
La dirección nacionalista ha empezado a reclamar por carta a los irmandiños escindidos que tienen cargos locales, entre ellos el alcalde de Teo, Martiño Noriega, que devuelvan sus actas en el plazo de una semana, tras la que, si no se produce la renuncia, el Bloque comunicará al ayuntamiento que dejan de integrarse en las siglas por las que fueron elegidos. 

Guillerme Vázquez juzga «absolutamente normal» reclamar las actas a los escindidos 
El portavoz nacional del BNG, Guillerme Vázquez, defendió ayer como un gesto «absolutamente normal» el emplazamiento escrito remitido a los concejales que abandonaron la disciplina del Bloque para que entreguen sus cargos institucionales. [...] Martiño Noriega, en minoría. Ese será el caso del alcalde de Teo, Martiño Noriega, perteneciente al Encontro Irmandiño, y de varios concejales de su equipo de gobierno. Aunque dispone de una semana de plazo para tomar una decisión, ya avanzaron que no entregarán sus actas, con lo que el BNG se inclinará probablemente por abstenerse de seguir participando en el ejecutivo, lo que dejará a Noriega sin el respaldo de la mayoría absoluta lograda en las municipales de mayo del 2011.
 
 


domingo, 19 de febrero de 2012

Basta de rumores: Martiño seguirá en Teo

Tivemos unha semana bastante movidiña e, adiantándonos ao que se lle viña enriba  a Martiño, no noso blog dabamos as primeiras pinceladas de cómo sería a semana. E non nos erramos: a continuidade de Martiño como alcalde de Teo sería un tema controvertido. E ata o PP de Teo, que tardaron máis da conta incomprensiblemente, entraro ao trapo, con máis pena que gloria, todo sexa dito...

Pero xa basta de rumores. Unha consulta á nosa fonte que nunca nos falla, cunha pequena consulta á nosa meiga xa estamos en condicións de confirmar que Martiño seguirá ao frente de Teo. O cal, por outra banda, era o máis previsible.

Xa teremos tempo de avaliar todo o acontencido esta semana, pero iso será cando se calme un pouco, que agora as augas baixan algo revoltas. 

Porque a nosa meiga deunos outras claves sobre o que lle estaría a pasar pola cabeza de Martiño, pero como algunhas delas poderían entrar no terreo persoal, seremos discretos.


martes, 14 de febrero de 2012

WAKA-RUMOR. Martiño deixa Teo

Noite de tertulia que dá para moito.
O rumor máis estendido nestes momentos é que Martiño deixará a alcaldía de Teo. ¿Será verdade?

lunes, 13 de febrero de 2012

Transfuguismo

Saír electo por unhas siglas e logo cambiarse a outras... ¿a iso non lle chaman transfuguismo?

BNG xa se apunta ás teses de DesbloquearTeo

Nin que nos leran a mente... Vázquez cree que los escindidos del BNG deberían dejar sus cargos "por coherencia"
E agora xa só queda o PP de Teo que non tardará en dar guerra con este asunto... tempo ao tempo!


¿Debería dimitir Martiño como alcalde de Teo?

Agora que Martiño abandona o BNG, ¿como queda a situación en Teo? Porque os veciños de Teo votaron ao Bloque e non necesariamente ao Encontro Irmandiño.

Quedarse no posto, ¿sería interpretable como transfuguismo? ¿Debería de dimitir? ¿Convocar novas eleccións? ¿Cantos dos concelleiros actuais son de EI e cantos do BNG? ¿Deberían de convivir entre eles pese ás diferenzas ideolóxicas que agora os separan?

Ai! Martiño... ¿en que situación nos deixas Teo?

domingo, 12 de febrero de 2012

Encontro Irmandiño: Crónica dunha escisión anunciada

Como xa dixemos por aquí no mes de maio de 2011 (xa hai uns meses diso...) ao final o Encontro Irmandiño decidiu escindirse do BNG. Nós xa comentabamos no noso blog que Martiño estaba pensando en abandonar o BNG e, tras os meses precisos, e por suposto, despois das eleccións, a idea de Martiño fíxose realidade.

E en breve publicaremos cales serán os seguintes pasos que dará Martiño no mundo da política, uns pasos que terán unha importante repercusión, sen dúbida, para Teo.

Resolución da asemblea de EI aquí:
http://www.encontroirmandinho.org/artigo.php?ap=2000&id=213&tm=0

sábado, 4 de febrero de 2012

WAKA-RUMOR: Abandonará Martiño o BNG?

Xa dixemos aquí hai meses que se rumoreaba sobre a posibilidade de que Martiño abandonara o BNG por unha serie de "encontronazos" dentro do Bloque.O que antes era rumor, parece que cada día vai cobrando máis forza, se un sabe ler entre liñas: desde as palabras de Beiras (por favor, que alguén lle pida a este home que se retire, que xa vai camiño dos 80 anos!, e logo criticaban a Fraga...), ata o posto que ocupou Martiño na candidatura de EI...

viernes, 3 de febrero de 2012

Cumpliuse o que pediamos: Sala NASA en TEO !!

Ao final cumpliuse unha das nosas demandas: que a Sala NASA se ubicase en Teo. De momento non parece un asentamento en firme, é dicir, con é unha Sala NASA independente, senón que compartirá espazo en Teo, co cal aforrará en gastos, que é do que se trata, á vez que poderán pensar en facer o seu traballo sen tanta presión económica.
En fin, que nos alegramos coa noticia e non entraremos en valoracións de si está ben ou non que se lle asignen 30.000 EUR para o seu proxecto, que non para o grupo Chévere. Andan pola oposición a criticar estes cartos, e mezclando churras con merinas, posto que non se trata de quitarlle a uns para darlle a outros.
Esperemos que o grupo axiña empece a funcionar e esta sexa unha primeira pedra para facer de Teo un referente cultural; a intención do alcalde Martiño parece clara neste sentido. Só pedimos que exista pluralidade e  que calquera proposta cultural poida ter cabida neste proxecto.

jueves, 2 de febrero de 2012

Grupo Chevere en Teo


Aínda que liderados polo grupo Chevere, a Sala NASA non é o mesmo que o grupo Chevere, ou iso entendemos nós. O grupo de teatro Chevere leva moitos anos traballando e facendo teatro; moitos dos seus compoñentes son agora caras moi recoñecidas por todos en medios como a televisión.
Entendemos que apoiar a un grupo teatral é apoiar a cultura, e iso sempre será bo para un concello. Misturar cultura con outros temas é tentar desviar a atención, xa que o obxectivo dos fondos é diferente.E así se debería de entender.
Dito todo isto, o debate pode estar se é conveniente apoiar con 30.000 euros a un grupo teatral que non ten sede social en Teo. Se con iso se consegue crear un crcuíto cultural no Concello, aínda que de momento só sexa apoiando a un grupo (ou máis ben un proxecto cultural), eses cartos estarán moi ben investidos. E  o Concello debería de ir máis alá e tentar montar unha sala NASA ou como se lle queira chamar que faga de Teo un referente cultural, que supla a debacle cultural (iniciada co PSOE) en Santiago: sala NASA, sala Iago, sala Galán...