lunes, 8 de octubre de 2012

A Web de Alternativa Galega dá risa...

Qué risas nos botamos lendo a web de Alternativa Galega. O mellor está no artico no que explican as bondades da nova páxina web. ¿Quen sería o artífice de tal despropósito de artigo? En fin, si estos son os que nos van gobernar...


Extracto do artigo:

César Santiso, concelleiro da Coruña e responsable nacional de comunicación de EU, indico [Isto pasa por meter a xente de La Coruña, que se lles vai o castellano...] que “en coherencia co noso programa, a nosa web inclúe ferramentas de participación cidadá e transparencia [Na web o único participativo é o Facebook e Twitter, os comentarios aos artigos están pechados, ¡viva a libertade de expresión!], como non podía ser doutra maneira e a [sic] diferenza doutras forzas políticas facemos o que dicimos, así propoñemos que os galegos e galegas poidan democraticamente revocar as Leis que consideren inxustas e ineficientes antes de iniciar o seu trámite parlamentar [sic] mediante ferramentas de voto electrónico como sucede noutra [sic] democracias máis avanzadas como Finlandia ou Islandia ou a través de referendo popular.

Asemade propoñemos unha Lei de Transparencia que permita á cidadanía poder controlar e inspección [sic] a acción de goberno e a actividade institucional, tanto na Xunta de Galicia como das Administracións locais galegas, mediante o acceso aos expedientes administrativos, até onde permita a lexislación (Lei de protección de datos), nomeadamente todos os datos relativos aos expedientes de contratación e subvencións [Esto último, con tal redacción, non se entende nin papa].

Xa que logo [Qué cursi, ¿non?], comezamos a aplicar as nosas propostas de empoderamento da cidadanía na nosa propia organización, tanto coas actuais ferramentas participativas de cara a [sic] campaña [Á parte do Facebook, Twitter, e Google+, ¿que outras ferramentas teñen?] como as que incorporaremos para o desenvolvemento da actividade do grupo parlamentario [¿Cales son esas ferramentas? ¿Por que non as nomea? ¿Existen? Qué van existir...].

Tamén aplicamos a transparencia na nosa web, amosando en directo os actos centrais de campaña [¿Iso é transparencia? Iso é propaganda electoral; ¿acaso o resto de grupos agochan as datas de celebración dos seus actos de campaña? ¿Qué clase de transparencia é esta? ¿Están de broma? ¿Tómannos por tontos?] e subindo posteriormente a [sic] web os vídeos íntegros en calidade sen cortes [Pois preferimos un vídeo editado, que a ver quén pode aguantar dúas horas de vídeo... A edición non é censura, senón adicarlle unhas horas de traballo para facilitarlle as cousas ao votante... pero iso supón tempo e traballo. Non nos queiran vender transparencia cando queren dicir que teñen poucas gañas de traballar], como fan o resto de forzas políticas [¿Todas fan iso, están seguros?].

Santiso explico [Outro ramalazo Coruño...] que estas ferramentas estan [sic] a ter unha grande aceptación entre os cibernautas, así por exemplo mentres máis de 500 persoas ateigaron o local no acto de Teo do pasado sábado [¿E logo onde foron parar os utros 500 que seica Martiño encheron o restaurante Pórtico? Moi mal Martiño, pilláronte os teus propios colegas...], onde, case outro medio millerio de persoas seguiron o acto en directo a través de streamen [Está claro, Martiño contou con estes outros 500 ---que non foron 500 senón menos de 300, xa están a mentir...--- , que non se sabe moi ben cómo, tamén ocuparon espacio no Pórtico... ¡qué cousas hai que oír!... E non vos perdades o palabro "streamen"... dito por un director de comunicación... ].

Artigo completo en: http://alternativagalega.com/alternativa-galega-de-esquerda-presenta-sua-web-centrada-na-participacion-cidada/




domingo, 7 de octubre de 2012

Inaudito: Martiño responde ao PP de Teo a través de Beiras!

-- Papá, papá, estes nenos malos do PP de Teo estanse a meter conmigo. Din que non traballo e que só me preocupo das eleccións e de facerche as beiras... e que teño ao concello está abandonado.

-- Non te preucupes, que xa lles mando eu unha mensaxe no mitin desta tarde...

Vía Twitter: "@martinhonoriega comprometeuse a seguir cos veciños, por iso non vai ó Parlamento, perdemos a un deputado excepcional"@XMBeiras...

-- Grazas, papaíño.



jueves, 4 de octubre de 2012

Uso ¿ilegal? dos espazos electorais

Están a colocar os paneis para pegar os carteis electorais, e a sorpresa foi máxima cando puidemos ver cómo algún deles, como se ve na fotografía adxunta, tomada no Montouto, xa ten pegada propaganda electoral.
Neste caso todo fai pensar nunha pre-campaña do novo grupo de Anova-IU, Alternativa Galega de Esquerdas, "comandado" por Beiras e o seu delfín Martiño.
Descoñecemos a Lei Electoral (La Xunta infringe la Ley Electoral por sexta vez desde la convocatoria de las elecciones),  pero este tipo de actuacións parece a todas luces ilegal. ¿Se o PP ou o PSOE pegara carteis antes de tempo, non sería criticado?
Polo que se pode ver na fotografía, non é un acto illado no sentido de que non é o típico grafiti  senón que está currado, isto está feito por un profesional...