jueves, 28 de febrero de 2008

E axiña, outro escándalo no Concello de Teo

Como vedes, volvemos a retoma-lo rumbo inicial desde Blog facéndonos eco de temas que interesan aos veciños.
Axiña contaremos con datos (e fotografías) dun escándalo que demostra a actitude do Concello cos seus veciños. Tralo caso dos veciños de Os Verxeles, agora súmase un novo colectivo ninguneado polo concello. Axiña... e desta vez, con datos que publicaremos.

Sede de Correos en Cacheiras nun baixo sen licenza...

Este tema xa colea desde o anterior governo. Resulta que a nova sede de Correos en Cacheiras (na curva mesma onde está a sede local do PSOE) está nun baixo sen licenza. Ao parecer, parte do edificio segue sen licenza.
O asunto non está moi claro, pero seica anda o Sr. Parajó polo medio, xa que ten parte dos locais e algunha planta do edificio. Pero ese non é o caso, senón que desde o anterior governo se permitiu esa ubicación para a sede de Correos a sabendas de que non ía contar coa licenza correspondente. Pero se pasamos por álí, podemos ver que a obra xa está case rematada e na fachada locen os rótulos de Correos.
¿Que sabe o Concello do asunto? Amigos socialistas que nos ledes, ¿podedes aportar máis datos? ¿Abrirá Correos de forma ilegal?...

Pleno ordinario do mércores: sube o tono

Seica no pleno ordinario do mércores subiu aínda máis o tono de crispación entre os grupos; desta vez, tamén o PP estivo forte.
Xa o dicían na Cadena Ser: que xa estamos acostumbrados a que cada mes haxa un espectáculo nos plenos de Teo.
Non cremos que esto beneficie para nada ao Concello; os plenos son para traballar polos veciños e non son un campo de batalla político. Para iso, que se reúnan en calquera sitio a debatir as súas diferencias e gasten o tempo dos plenos a debatir os problemas dos veciños, que para iso os eliximos.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Pleno sobre o estado da "nación" de Teo. ¡Houbo "movida"!


Sieca houbo "movida" no pleno do martes. Esta mesma tarde, na cadena Ser, puxeron os mellores momentos, que se poden resumir en que a Martiño as opinións de Jano Leis lle agreden. As críticas dos outros grupos, non; pero non sabe qué lle pasa, pero con Jano é diferente...

Pero o protagonista da noite foi, sen dúbida, o sr. Manuel Rama (Canteiro e concelleiro) quen non ocultou a súa indignación e, dando incluso golpes na mesa, puxo ao alcalde no seu sitio.
Lástima de non ter a grabación do pleno e, moito mellor, o vídeo. A ver se no blog socialista sacan algún audio. ¿Haberá que pedirlle o audio a un tal Elías a quen fan referencia nalgún comentario por aí?...

lunes, 25 de febrero de 2008

Xente impresentable haina en todo lados

Parece que se nos pega a xente impresentable que só ten o insulto como único argumento.
Por suposto, non podemos tolerar insultos, non é a primeira vez que o temos dito.

Esta clase de actitude non leva a ningunha parte. É unha pena que se perda tanto "potencial" de xente que non ten argumentos nin nada. A esta xente, desde logo, non lles importa nada o concello nin moito menos os veciños.

Pios a nós si que nos importa o concello, porque somos veciño/as e queremos, no fondo, unha mellor calidade de vida. Porque para nós, Teo é e será o mellor concello do mundo, o noso fogar, esté quen esté governando. E por iso loitamos, denunciando o que cremos ten que cambiar ou mellorar, para que o siga sendo.

Actitude ¿prepotente? do alcalde Noriega

E como aquí hai para todos (para o PP non hai nada porque en Teo andan desaparecidos nestas eleccións), nos comentan unha pequena anéctoda que reflicte o caracter "altivo" do alcalde.

Foi no mitin do BNG o pasado venres, con Beiras como invitado especial. Ao finalizar o mesmo, quedou un pequeno grupo do BNG xunto co alcalde no restaurante do mitin, no que había máis xente (veciños de Teo) tomando algo. O detalle foi que ao marchar, o alcalde nin se dignou a saudar aos que alí estaban, amosando unha atitude de señorito ou de divo que nada ten que ver coa imaxe que intentaba transmitir antes das eleccións.

¿É esta a actitude da que tanto están a falar os socialistas? Pois vai ser que van ter razón...

Reprimenda de Ceferino Díaz a Jano Leis


Chegou aos nosos oídos esta anécdota que vos transmitimos.

Acontenceu no pasado mitin do PSOE en Montouto. Ceferino Díaz (deputado do PSOE no Congreso dos Madrides), falando dos logros socialistas en España e máis en concreto en Galicia, comentaba do pacto chegado entre o PSOE e o BNG a nivel autonómico polo cal este último aprobaba os orzamentos da Xunta se había pacto local, é dicir, gobernar xuntos PSOE-BNG nos concellos.

Por iso, non entendía o que pasa en Teo, por que non existe tal pacto... co cal invitou a Jano a unha reunión para que llo "explicase"... En fin, pódese entender como unha reprimenda pública en toda regla.



viernes, 22 de febrero de 2008

Unha visión soibre a pegada de carteis

Reflectimos aquí parte dun comentario enviado polo noso colaborador Calandracas sobre a xornada de onte da pegada de carteis.

Es la noche. Mi amargo paseo nocturno entre esa penumbra, ya ni iluminada ni ensuciada por la mísera y ambruyente caída del pasado eclipse, me ha dejado, eso si, ver la primera caída de carteles.
[...]
Tensión. Cola. Tensión, cola... poco a poco.
[...]
La noche es larga. Muy larga. Demasiado larga. Ya no se distingue bajo las farolas a esos humanos, esos carteles, llenos de vida, quizás, poca vida, mas bien inertes, solapados por una sola esperanza, por un mismo fruto de ilusión que cada uno de ellos pone cuando sus brazos suben y bajan al son del ruido, el mínimo [...]
[...]
Así son ellos. Allí estaban ellos. Esta noche los he visto. Los he observado, en grupo. Solos.
[...]
Las manos llenas de cola, los carteles bajo los brazos, a las órdenes de ser fijados como se fija un rayo de sol sobre la piel tensa de un día de invierno, un rayo bajo, muy intenso que puede llegar a dejarme huella ante la más mínima destreza de mis poros incrustados en la amarga bajeza de la piel. Así se sienten ellos. Ahora, así me siento yo. Y tú... ¿te has parado a pensar? No.



Pegada de carteis: Un reflexo da política municipal

Hoxe pola mañá podiamos ver os cutre-paneis para a pegada de carteis, divididos nas catro porcións para PSOE, PP, InTeo e BNG. Sen embargo, todas estaban baleiras a excepción das do PSOE, que nalgúns sitios estaban a tope de carteis (no panel enfrente do Concello, non sabemos doutros sitios aínda).
Do cal se pode inferir cal é o grupo municipal que traballa neste concello. Está claro, ¿non?
Nos comentan que o Sr. Jano andivo de imaxinaria ata as 2 e media da madrugada... Iso si que é adicación á causa... outros deberían de tomar nota.

Por favor, agora non nos bombardeen con comentarios de si somos sicarios de Jano Leis e patatín, patatán... O que comentamos é un feito obxectivo; non hai máis que saír a rúa a comprobalo.

NOTA: Debemos ser xustos na crítica e desculpar ó grupo do PP debido ao falecemento da nai de Armando Blanco, onte mesmo.

lunes, 18 de febrero de 2008

Insultos non. Isto parece o patio do colexio.

Isto estase a converter no patio do colexio. Non toleramos os insultos e non queremos exercer a censura, pero contra os insultos, non cremos que sexa censura suprimir certos comentarios.

En breve voltaremos a traer novas interesantes e empezaremos a nova etapa, que chamaremos de control do concello. Agora que xa temos orzamentos aprobados, é a nosa obriga (e sobretodo a da oposición) facer o seguimento das actuacións.

Desde aquí seguimos coa nosa teima: A páxina web do concello prometida e comprometida hai meses, aínda non ten prazo. Teremos que preguntar de novo a Anxo Quintana polo asunto; ante unas elecións, non queda moi ben parado o BNG ante as súas promesas.

miércoles, 13 de febrero de 2008

¿Volven os pitufos mentirosos? As mentiras ou contradicións do BNG respecto do pacto co PSOE

Non hai máis que botar unha ollada á prensa, aceder ás hemerotecas e contrastar datos dunha e outra parte, para darse de conta das contradicións (¿ou mentiras?) do BNG ao respecto do pacto político co PSOE.

Aquí só mostraremos un caso, con estractos obtidos das 3 partes implicadas: BNG, PSOE e prensa. A ver quen dí a verdade... (todos o sabemos, non é moi difícil).
1º.- No seu boletín, Martiño dice que "veuse na necesidade de enfrontar en solitario [...]".
Pero resulta que non se presentou cando o PSOE quixo negociar con eles.


BLOQUE TEo, num 24, xaneiro 2008


2º.- Logo, no pleno (ver a nova aparecida en La Voz) di Rafa Sisto que "temos un problema particular con vos" e que había vontade de dialogo. Pero iso non é certo, xa que realmente non querían falar.


3º.- E para rematar, o día despois do pleno, Martiño di, en entrevista na SER, que non quere pacto de goberno, segundo comentaban no Blog socialista:


Demasiadas contradicións...
¿Quen governa en Teo: Martiño Noriega ou Rafa Sisto? ¿Ou serán ordes superiores, ou sexa, o mandamáis Quin?

lunes, 11 de febrero de 2008

Aclaración: DesbloquearTeo non apoia a partidos políticos

O equipo de DesbloquearTeo non apoiamos a ningún partido político. Unicamente queremos un concello dinámico e funcional, con ancorado en disputas políticas e de caracter persoal.
Por iso, nin estamos en contra do BNG, nin a favor do PSOE, nin do PP nin doutro partido. Non nos metades en ningún saco e non atoparedes contradicións na nosa postura.

Trala aprobación dos orzamentos ábrese unha nova etapa no Concello. Agora está posta a carne no asador e hai que esperar a que se coza ben ou se queime. O tempo o dirá.

viernes, 8 de febrero de 2008

É hora de deixar governar á alternativa, ou sexa, ao BNG de Teo

Xa é hora de que se deixe governar á alternativa votada polos veciños de Teo. Non esquezamos o xiro político alcanzado nas eleccións, pasando da case maioría absoluta do PP (coa axuda de Inteo) á maioría do BNG. O PSOE, desta volta, manténdose ahí.

¿Non é hora de deixar governar ao Bloque a pesar de que non esteamos dacordo ao 100% cos orzamentos? Acaso se houbera pacto BNG-PSOE eses orzamentos xa serían válidos para o PSOE?

¿Cal é o problema: os orzamentos ou a rivalidade Martiño-Leis? ¿Estamos antepoñendo esa rivalidade persoal a un proxecto de futuro para Teo?

A nosa proposta, desde este humilde curruncho virtual é clara: deixemos governar á forza política máis votada. A ver qué tal o fan. Igual non é tan fiero o lobo como o pintan. Ou igual sí...

jueves, 7 de febrero de 2008

Oposición de Teo... "El perro del hortelano"?...


Xa sabedes o refrán... "El perro del hortelano, ni come ni deja comer".
Tal é a pinta que ten a oposición en Teo. Que si agora pacto, que si agora non. Que se isto está mal, que se isto está ben... A ver si nos aclaramos.

Que agora seica hai vontade de diálogo por parte do PSOE pero é agora o BNG o que non quere dialogar, xusto o contrario de hai uns días. ¿Pero estamos de cachondeo ou que?

¿A que andamos a xogar? Pois andamos a xogar co pobo de Teo, nin máis nin menos.

"Non teño nin idea", Emilio Touriño, presidente da Xunta de Galicia


Esta foi a resposta dada por Emilio Touriño a unha pregunta sobre a situación do concello de Teo, en concreto sobre o pacto do BNG co PSOE (escoitado hoxe nas radios).
Sen comentarios...

Xa empezamos a estar fartos de tanta política


Desde o debate dos orzamentos do Concello, aquí (os veciños de Teo) seguimos sin saber nada, desde ningunha das partes e menos da alcaldía, dos planes de actuación para este ano.
¿Que é o que se vai facer cos cartos? ¿Que actuacións se levarán a cabo? ¿Onde? ¿Cando? ¿Quen?

Xa estamos fartos de tanto debate político e posibles pactos. Queremos un concello que funcione, ben ou mal, pero que funcione. Queremos feitos e non palabras.
Cremos que é o momento de que desde a oposición se termine co bloqueo continuo ó alcalde, remantanto coas teimas persoais e deixando actuar ós grupos políticos.

A nosa postura é clara: se non hai acordo, deixemos actuar ó governo do BNG cos orzamentos propostos, que tampouco serán tan malos como os pintan. É o único xeito de que este concello poida traballar.

miércoles, 6 de febrero de 2008

Que se está a cocer na política de Teo que fará temblar os cimentos?


Rumore, rumore... Rumores hai moitos, pero cando o río sona, auga leva, que dí o refraneiro popular. O último que nos chega é de impresión: "algo" vai acontecer axiña (cuestión de semanas) na política de Teo que terá unha grande repercusión, quizáis ata fóra do mesmo Concello.

¿De que se tratará? De momento son rumores, pero tempo ao tempo. Agradécese máis información. O equipo de desbloquearteo seguirá investigando.

Moitos temas tralo último pleno.


Son e serán moitas as novas que estamos a recibir despois do último pleno. Así que necesitamos tempo para dixerilas todas e, o que é máis importante, adentrarnos en profundidade e rigor nas informacións que nos chegan.


Comenzamos por un tema que nos parece interesante polas contradicións que existen. Falamos das fincas que o Concello ten en Os Verxeles e que agoran queren vender.


Nos informan (pronto nos darán datos concretos, esperaremos...) de que os terreos que Martiño dixo que van vender en Os Verxeles, non son tal. Ao parecer, a anterior corporación xa fixo a venda dos terreos. Sen embargo, hai contradicións ao respecto, xa que feita a venda, na Comunidade de veciños segue aparecendo o Concello como titular cando os terreos non existen ao existir agora vivendas neles.


Sen embargo, o Concello aínda ten terreos, pero moitos menos dos que xa tiña e que, por suposto, terán un valor no mercado moito menor porque ademais, seica non son "edificables" (isto último entre comiñas a falta de verificar).


Chamamento: Se alguén posúe máis datos, que nolos fagan chegar. Grazas!


lunes, 4 de febrero de 2008

Tema Os Verxeles: Tirando pedras contra o seu propio tellado


No tema de Os Verxeles, o alcalde tirou pedras contra o seu propio telladó. Chamando insolidarios e estigmatizadores ós veciños de Os Verxeles, está a chamalos no seu conxunto e polo tanto, está chamando iso mesmo a:

1º: O Ilustre Avelino Pousa Antelo, nomeado Fillo Adoptivo de Teo, e veciño de dita urbanización, de feito o seu primeiro e único inquilino durante uns meses, «por iso lle puxeron o meu nome ó parque da entrada» según lembra o propio Avelino.


2º: Ó propio Concello de Teo, xa que posúe numerosas parcelas en dita urbanización e, polo tanto, o Concello é veciño de Os Verexeles. Polo tanto: O Concello de Teo tamén se opón á ubicación do Centro de Menores de ditaUrbanización. (Pronto desvelaremos máis datos interesante deste tema das parcelas...)


viernes, 1 de febrero de 2008

Tema "Os Verxeles": Pronto, información interesante co alcalde de protagonista

Axiña ampliaremos información sobre o tema de Os Verxeles, a actuación do alcalde e os intereses do Concello neste tema. Grazas aos nosos informadores polas súas aportacións.

Dentro duns días, esta información cobrará máis relevancia:
Las 130 familias que habitan la urbanización Os Verxeles, en Teo, iniciarán
distintas acciones legales "contra la decisión de Vicepresidencia de trasladar a
esta urbanización teense el antiguo centro de reeducación de menores Xoán
Vicente Viqueira, que antes estaba ubicado en Roxos", explicaron ayer a este
diario. Ésta fue una decisión que se tomó en una asamblea celebrada ayer, y en
la que "sólo una persona votó en contra", dicen.
Fonte

Lembramos que podedes enviarnos informacións a desbloquearteo@gmail.com; sempre que sexa información contrastada terá cabida.
E lembrade, o obxectivo desde blog non é a destitución de ningún alcalde nin grupo: simplemente loitamos por un concello mellor, sexa do partido que sexa.

Anxo Quintana opina sobre o goberno municipal de Teo

Opinión de Anxo Quintana sobre o goberno local de Teo e o labor da oposición:

O goberno municipal do BNG de Teo está desenvolvendo con rigor e exemplo unha política que vai permitr que o noso concello acade cotas de benestar e e transformación importantes.

A diferencia fundamental é que precisamente antes estabamos na oposición e agora temos a responsabilidade de levar o timón deste barco, que vai ser capaz de navegar e chegar a bo porto, a pesar dos esforzos da oposición para que os veciños e veciñas non se beneficien da nosa acción de goberno.