viernes, 25 de junio de 2010

Empeza a conta atrás...

Empeza a conta atrás para as vindeiras eleccións municipais e todo semella paralizado en Teo.

Da actual corporación, só sabemos o que editan no seu boletín propagandístico. ¿Alguén se decatou de que sempre veñen as mesmas obras: Os Tilos, asfaltados varios,... ? E de vez en cando, Martiño sae nos medios, cada vez apuntando máis alto (Voz TV). Tamén temos o placer de disfrutar da sabedoría popular da señora Hermida na capital mundial do folclore (Luar).



En canto á oposición, do PSOE non se sabe nada. Quedaron mudos desde a marcha do sector crítico. ¿Tan duro foi o golpe que aínda non se recuperaron? E do PP tampouco temos novas a nivel político, posto que a nivel persoal, o señor Armando aínda segue a recibir algunha que outra medalliña. E en canto a InTeo, se antes non se sabía nada del, agora moito menos...

¿E con este panorama afrontaremos un novo ano electoral? Se isto segue así, o señor Martiño vaino ter doado. Dada a debacle prevista do PSOE, debido á deriva do governo de Rodríguez, todo apunta a que se formará un governo BNG+PP. ¿Imposible? Non moito menos. Teo é especial. E un acordo BNG+PP é unha opción moito máis probable que BNG-PSOE. En Teo, como na maioría de corporacións locais, son máis importantes as persoas que as siglas dos partidos; de novo, isto explica que non se puidera acadar o acordo entre socialistas e nacionalistas.

Pero hai unha alternativa a este panorama. Vos podemos anunciar que axiña haberá sorpresas no panorama político de Teo, quizáis un novo partido político formado por persoas ben coñecidas (e incluso as que aínda son anónimas...) neste pequeno mundo blogueiro que se formou arredor da política de Teo.

Pouco a pouco iremos desvelando cousas.