jueves, 31 de enero de 2008

EXCLUSIVA! A opinión de Anxo Quintana sobre a oposición en Teo

En breve publicaremos a opinión que da oposición do concello de Teo ten Anxo Quintana, líder do BNG.
Non nos preguntedes as nosas fontes, son confidenciais... pero fiables ó 100%.

"Yo sé que hay gente aseguraban ver pitufos" Martiño Noriega, alcalde de Teo


As perlas do pleno de onte son únicas... este alcalde sí que nos está a dar unha lexislatura divertida... sí señor.


"Yo sé que hay gente que tiene delirios y los confunde con la realidad, es más, he tenido pacientes que aseguraban ver pitufos, pero aquí el alcalde soy yo", le espetó Noriega a Leis. [Fonte]


¿É ético comparar a un alcade democrático como Martiño con Goebbels?

ACTUALIZADO:
A intención desta entrada non era facer unha crítica directa ao PSOE, como parece que a xente o entendeu, senón a un xeito de informar casi "amarillista". Introducir unha foto dun nazi nun blog socialista e de seguido falar dun alcalde dá que pensar...
É o primeiro que un pensa; que logo haxa que ler o fondo do artigo é outra cousa. Pero a primeira impresión é de impresión. E só desa primeira impresión é do que se trataba aquí.
Se alguén o considera axeitado, nos parece ben. Pero nós tamén temos dereito a dar a a nosa opinión. E sen acritude, como diría Felipe.
No blog dos socialistas comparan --alomenos é o que se pode deducir de todo o texto-- a Martiño con Goebbels. Cremos que dita comparación xa chega a ter caracter de calumnia e ata sería denunciable.

Desde este blog non apoiamos este tipo de comparacións, sexan do bando que sexan. O noso fin é fomentar un debate en torno ao labor do actual goberno do concello. O fin é chegar a ter un concello máis participativo onde a xente conte. Non tratamos de afundir política nin persoalmente a ninguén. Só criticamos ideas e accións de partidos.

As pelexas persoais non deberían existir, e por iso desde aquí nunca entraremos neste xogo.

miércoles, 30 de enero de 2008

Debate dos presupuestos

O debate do venres parece interesante... lástima que non o transmitan pola televisión, xa que a censura informativa impera nos plenos aínda(non era cousa so PP como nos querían facer ver...).

A ver que dá de sí este pleno. Veremos quen intenta gobernar e quen actúa de forma responsable como oposición. A postura do PP é unha incógnita para nós (pobres veciños desinformados)... pero para o resto dos grupos? Xa o veremos.

¿Estamos de novo nas mans de Armando? Este señor é o que ten a tixola polo mango... e desta vez non para facer tortillas.

martes, 29 de enero de 2008

O papel da oposición en Teo

O papel da oposición en Teo limítase ao PSOE, xa que PP e o G.I. non aparecen nunca nos medios. ¿Traballarán á sombra, sen tanto bombo e platillo como o PSOE, pero de forma eficiente?

¿Pero é a oposición beneficiosa para Teo?
¿Ou se está a comportar como un obstáculo para que os os veciños e veciñas non se beneficien da acción de goberno do concello, como están a insunuar dentro do BNG?
¿Estamos a ter unha oposición ao goberno como a practicada polo PP a niverl nacional?
Ista é unha interesante pregunta, que só o tempo nos resolverá.

lunes, 28 de enero de 2008

¿Que fai o alcalde? Outro exemplo de petrificación.

A este paso, o alcalde non precisará estatua: xa parece unha estatua agora.


El PSOE de Teo exige que Martiño Noriega se implique en el conflicto de Os Verxeles
El grupo municipal socialista, critica abiertamente «a inhibición calculada do goberno local teense e, en particular, do alcalde, Martiño Noriega, que parece actuar máis dacordo con dictados partidistas que de implicación activa na busca de solucións ao problema prantexado, como se agardaría dun rexedor municipal». La Voz 23/1/2008

Venimos de un ayuntamiento en el que nosotros denunciamos sistemáticamente actitudes que llamábamos armandistas y parajoístas (M.N.)

"Venimos de un ayuntamiento en el que nosotros denunciamos sistemáticamente actitudes que llamábamos armandistas y parajoístas"
"Hice una definición personal, de lo que soy y de como me siento, y una proyección de mis valores, que son los que me impulsan a estar en política: justicia, transparencia, igualdad. " (M. N.) Ver fonte

TEMA: Os Verxeles de Teo

Las contradicciones envuelven a Vicepresidencia. Fonte

  • Si en un principio este hogar tenía "carácter de urgente", ayer María Xesús Lago, secretaria xeral de Benestar, anunció que se descarta totalmente la ubicación de este inmueble en Os Verxeles, y que no corre tanta prisa porque los niños están acogidos en familias.
  • Este cambio de decisión "no se debe a las protestas de los vecinos" [...] Vicepresidencia buscará otra casa y en otro lugar por las acciones de protesta que han realizado los vecinos.
  • Vicepresidencia tampoco ha aclarado todavía a qué llaman "menores difíciles", pues la administración autonómica define así a los jóvenes de 13 a 18 años que iban a vivir en esta vivienda de la urbanización teense. En la Xunta únicamente se limitan a responder que "son menores en situación de desamparo".

Onde está a TRANSPARENCIA neste asunto?

viernes, 25 de enero de 2008

Na web do BNG de Teo tampouco traballan

Non só é problema do Concello.
Na web do propio partido tampouco actualizan desde novembro. ¡Este é o espírito traballador do Bloque! ¿A que se dedicarán? ¿Que farán durante o día?


Na sección de Novas Municipais, a lo menos teñen unha nova do 4 de decembro. ¿Que pintará aquí unha nova do Concello? ¿Non debería de estar na web do concello? 4 noticias en 6 meses.... uf! que traballiños...

ULTIMA HORA!

Novas de última hora nos informan de que a web do Concello estará
rematada a finais deste mes
. Sí, por fin teremos unha web ó nivel que o
noso concello precisa. E ademáis, contará con servizo de admnistración
en liña
, que por algo teñen unha subvención de
Industria de 100.000 euros. A ver si os aproveitan!

¿Empezará a haber esperanza en Teo? Xa veremos...

As novas tecnoloxías non chegan a Teo



A web do noso concello segue en obras, como as da administración... xa que están paradas desde as eleccións.
A última nova aparecida é do 28 de xuño do 2007!! ¡Máis de 6 meses de inactividade!
Esta é a velocidade de traballo no concello de Teo. Ahí queda iso.