miércoles, 13 de mayo de 2009

Obras na AC-841: PERIGOS, INSEGURIDADE E IRRESPONSABILIDADES

Estivemos a recibir nestas últimas semanas moitos correos informando sobre as obras da AC-841. Enumeramos a continuación algunhas delas; advertimos que algunha desta información tivemos que corroborala pois o que se denuncia son feitos moi graves que alguén debería de mirar...

INSEGURIDADE
Os que circulan pola nova estrada en obras, pode comprobar que existen numerosos defectos na correcta sinalización das rotondas que aparecen dun día para outro. Así, podemos destacar:
  • Iluminación escasa ou nula (caso da rotonda ao lado de Os Robles ou a ITV)
  • Sinalización ridícula, como pintar os "ceda o paso" con spray, a modo de graffitti e nun color que non é o indicado polo Código de Circulación para sinalar as obras.
  • Gravilla solta nas rotondas, o que xa provocou algún accidente pola saída de vía dos vehículos.
PERIGOS
As zanxas que se abren ao carón das casas son perigosas. Debido á falta de sinalización, e de elementos que eviten o paso dos peóns por zonas perigosas, se poden producir moitos accidentes.
Por non falar da falta de elementos que faciliten o paso ás persoas con movilidade reducida.
Xa se dou algún caso de persoa que caeu nunha destas zanxas.

IRRESPONSABILIDADE
Ante estes feitos que a xente común pode ver tódolos días, un se pregunta qué papel están a levar a cabo as autoridades do Concello: Concelleiro de Obras e Policía Local. A resposta é clara: NULA.

Concellería de Obras: Pode argumentar que as obras son do Ministerio e non poden actuar. Non é así, pois xa se deron casos de apertura de zanxas en zonas privadas ou polas que se requería unha autorización expresa. Ou sexa, que a empresa subcontratada para facer as obras, abre zanxas onde lles peta. E ninguén sabe quen ó o responsable.

Policía Local: Debe de actuar de oficio e revisar as irregularidades. Se unha rotonda carece de sinalización, debe obrigar a que se cumpra a normativa. Se non é competente, que faga unha chamada a Garda Civil de Tráfico para que o revise. Hai que actuar e non facer a vista gorda.

Máis grave é un caso que nos comentaron, sobre unha persoa que se caeu nunha zanxa que estaba mal sinalizada (co agravante de que se lle expuso a falta de seguridade en concreto dese lugar á empresa que estaba realizando os traballos). O grave do caso é que a Policía Local foi informada do accidente, pero non se personou no lugar. Repetimos: se lle chama á Policía Local de que unha persoa acaba de caer nunha zanxa e non acode ao lugar! ¿Que está a pasar no Concello, estase a encubrir a alguén, é denunciable este pasotismo da Policía Local? (NOTA: Este caso nos foi relatado por unha persoa testemuña dos feitos e que fixo fotografías de todo, polo que consideramos que a información é veraz).