viernes, 22 de agosto de 2008

Os veciños da urbanización "A Ramallosa" desamparados!

Os veciños desta urbanización atópanse desamparados e sen saber a quen recurir. O problema: falta de licencia de primeira ocupación. Recentemente contrataron asistencia xurídica.
O problema xorde cando estes veciños, dos cales estan "ocupadas" cerca de dous tercios das vivendas, a urbanización carece de licencia de primeira ocupación, co cal os veciños estan sendo suministrados con auga e luz de obra.

O concello de Teo debe entregar a concesión de licencia de primeira ocupación, pero ata que os traballos esten completamente rematados non poden facelo. E está dificil a cousa... Por unha banda, o suministro da auga ten un diámetro excaso para ese tipo de urbanización. Co suministro da luz pasa un tanto do mesmo: potencia insuficiente. Problemas dos que a promotora, Juan Sampedro, non da solucionado polo elevado custo que supera os 600.000 euros. A posibilidade de pagar esta cantidade ca urbanización próxima "Val da Ramallosa" parece pouco probable.

Os veciños, os afectados.
Despois de falar con varios veciños, teñen o medo de sufrir cortes tanto de auga coma de luz. A promotora Juan Sampedro non ten capacidade para desembolsar ditos cartos, de feito -según algúns rumores- a promotora está a pagar "en especies" con algunhas das vivendas...

O que non entendemos é se o Concello de Teo non tiña previsto por un lado a insuficiente rede enerxética para abastecer a urbanización "Val de Ramallosa" e "A Ramallosa", e por outro lado se para o concello non existe como tal esa urbanización -xa que carece de licencia de primeira ocupación- ¿como se explica que algúns veciños esten censados nela? ¿Como se pode censar alguén en algo que non existe para o concello?.
Tamen puidemos comprobar que xa habia xente vivindo na urb. "Val da Ramallosa", ¿terán os mesmos problemas? ¿Onde está o concello para buscar algunha vía de solución?
Esperamos poder ampliar as noticias según nos vaian informando os veciños.


jueves, 21 de agosto de 2008

Subvencions a Cementerios: ¿oportunismo?

Non sabemos como enfocar o asunto das subvencións ás entidades que levan cementerios (como o xa famoso de Cahceiras) que acaba de saír:

Subvencións ás entidades promotoras de cemiterios veciñais

19/08/2008

O Concello aprobou unhas bases para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de obxectividade, publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades relacionadas coa creación, conservación, mantemento, coidado, reparación ou ampliación de cemiterios de titularidade non municipal no concello de Teo.


http://concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=39&lg=gal


Van dirixidas a os padroados de cemiterios, as asociacións de propietarios e as asociacións veciñais ou parroquiais. Levan unha partida de 28.000 €. ¿Non é un pouco mosqueante que se aproben xusto en medio da polémica do cementerio de Cacheiras? Tendo en conta que só hai 20 días para presentarse (estamos en agosto!) dos que xa pasaron 4... e que hai que facer as actuacións antes do 30 de novembro...
Nós poñemos os datos; vós, os comentarios.

miércoles, 20 de agosto de 2008

Foto denuncia


Nós fixeron chegar, supoñemos que un veciño da zona, o mal estado desta marquesiña en Vuela.

Máis presenza policial en Teo

Volve a presenza policial en Teo, desta vez a Guardia Civil, xa anda a facer controis na zona dos Tilos a calquera hora do día e tamén se ten visto nas pistas do Concello.

¿Nova ondanada de roubos na zona? Seica sí. Así que coidado coas casas baleiras nestas vacacións.

Homenaxe a Anxel Casal

Moito político e cargo institucional, sí, pero ¿e os veciños? Non se ven moitos na foto, que digamos... ¿está a perder tirón o noso alcalde? Mal andamos...


O que máis nos chama a atención é a presenza do camión de bombeiros no acto. ¿Había risco de incendio ou que? ¿Para iso temos camión de bombeiros, para ir a tódolos actos do alcalde? Ademáis dos bombeiros vimos o coche de protección civil, ¿tamén necesario? Co coche da policía municipal sería máis que suficiente, non?

lunes, 11 de agosto de 2008

Fotografía histórica

Pista deportiva en Cacheiras

Ante as novas informacións, redeseñamos o plano de ubicación da pista ao aire libre, que non pabillón cuberto, da explanada do cemiterio. Pista de 28 x 15 m aproximadamente.

lunes, 4 de agosto de 2008

PISTA POLIDEPORTIVA NA EXPLANADA DO CEMITERIO DE CACHEIRAS

Ben, por fin un tema de interese veciñal. É un asunto que se pode ver desde varias formas. Cos datos dos que dipoñemos, tentaremos de aportar puntos de vista.

O asunto, para quen non o coñeza, é que o Concello plantexa facer unhas instalacións deportivas na explanada co ceminterio de Cacheiras. Desde a nosa ignorancia, cremos que se refiren ao camposanto de Cacheiras, o que está ao lado da estrada xeral. Ante esta proposta, hai dúas posturas claras:

Que SI: O Concello e algúns veciños. Nós, por exemplo, queremos estas instalacións deportivas que falta fan para todos.
Que NON: O grupo socialista, apoiando ao padroado do camposanto, composto por uns 2000 veciños. Alegan que quitaría espazo para os aparcadoiros públicos.

Ben, vexamos paso a paso as cousas.


1. O tamaño, importa

Alegan os veciños que a construcción eliminaría espazos de aparcadoiro.

- ¿Qué aparcadoiro, pensamos nós? Alí nunca se ven coches aparcados. Normalmente, un par de camións e como moito un par de coches. ¡Nin en días de feira! Como non sexa o día de Defuntos... porque nin habendo enterros se enche aquilo. Así que NON nos convence esta alegación.

- Falemos de metros. Segundo se pode ver pola cartografía, o espazo da explanada é duns 5.000 m2. O alcalde dicía hoxe na radio que o pabillón ocuparía uns 800 m2 (falo de memoria), ou sexa, un sexto do espazo total (isto sí o dixo). En resumo, unha opción é a que pintamos abaixo:



Se o espazo fora ese, enton cremos que os veciños terían o seu espazo dabondo e todos os veciños poderían disfrutar dunhas instalacións necesarias.
Pero, se tomamos como referencia o pabillón de Calo, e o plantamos enriba da explanada, levamos unha sorpresa, xa que midindo nos da case 2000 m2 de pabillón e a cousa quedaría así:



O espazo se reduce bastante, aínda que habería espazo para todos. Pero NON suficientes, aparte do aspecto visual. Así que este tipo de pabillón, NON nos gustaría alí ubicado.



2. ¿Lugar axeitado?

Aparecían no blog socialista referencias en cando á idoneidade da ubicación: ¡un pabillón ao lado dun cemiterio! Para nós, iso non sería ningún problema:
Primeiro: nesa explanada xa hai un parque infantil e conviven perfectamente.
Segundo: temos o caso de Calo, onde o pabillón está ao lado do cemiterio; leva así anos e que se sepa, non hai queixas. Aportamos foto aérea para que se vexa a situación en Calo:





3. ¿Goberno déspota ou veciños insolidarios?

¿Volvemos atoparnos de novo co "caso Verxeles"? Daquela, o Concello quería meter unha casa de acollida nunha zona residencial en contra dos veciños. Agora, quere ubicar un pabillón tamén en contra da opinión dos veciños. ¿Chamará tamén Martiño "insolidarios" a estes veciños por ir, desta vez, en contra do resto de veciños?. O mesmo que as bandas rugosas, que os veciños non querían.

Como siga así, sumando os veciños de Verxeles, máis estes 2000, máis os das bandas rugosas... e todo isto en menos de 1 ano.... acabarán a lexislatura con todos os veciños en contra!


En resumo, que todo apunta a unha manobra propagandística por parte do Concello. Este tenta facer ver, como no caso os Verxeles, que está a facer unha "boa obra" pero que hai veciños insolidarios que non queren. Isto é o que se vé desde fóra. O que falta é que alguén explique, na prensa por suposto, como pasou en os Verxeles, qué é o que realmente pasa con esa explanada; se é do concello, se é dos veciños, se se pode edificar alí un pabillón, etc. Faltan datos.