lunes, 4 de agosto de 2008

PISTA POLIDEPORTIVA NA EXPLANADA DO CEMITERIO DE CACHEIRAS

Ben, por fin un tema de interese veciñal. É un asunto que se pode ver desde varias formas. Cos datos dos que dipoñemos, tentaremos de aportar puntos de vista.

O asunto, para quen non o coñeza, é que o Concello plantexa facer unhas instalacións deportivas na explanada co ceminterio de Cacheiras. Desde a nosa ignorancia, cremos que se refiren ao camposanto de Cacheiras, o que está ao lado da estrada xeral. Ante esta proposta, hai dúas posturas claras:

Que SI: O Concello e algúns veciños. Nós, por exemplo, queremos estas instalacións deportivas que falta fan para todos.
Que NON: O grupo socialista, apoiando ao padroado do camposanto, composto por uns 2000 veciños. Alegan que quitaría espazo para os aparcadoiros públicos.

Ben, vexamos paso a paso as cousas.


1. O tamaño, importa

Alegan os veciños que a construcción eliminaría espazos de aparcadoiro.

- ¿Qué aparcadoiro, pensamos nós? Alí nunca se ven coches aparcados. Normalmente, un par de camións e como moito un par de coches. ¡Nin en días de feira! Como non sexa o día de Defuntos... porque nin habendo enterros se enche aquilo. Así que NON nos convence esta alegación.

- Falemos de metros. Segundo se pode ver pola cartografía, o espazo da explanada é duns 5.000 m2. O alcalde dicía hoxe na radio que o pabillón ocuparía uns 800 m2 (falo de memoria), ou sexa, un sexto do espazo total (isto sí o dixo). En resumo, unha opción é a que pintamos abaixo:



Se o espazo fora ese, enton cremos que os veciños terían o seu espazo dabondo e todos os veciños poderían disfrutar dunhas instalacións necesarias.
Pero, se tomamos como referencia o pabillón de Calo, e o plantamos enriba da explanada, levamos unha sorpresa, xa que midindo nos da case 2000 m2 de pabillón e a cousa quedaría así:



O espazo se reduce bastante, aínda que habería espazo para todos. Pero NON suficientes, aparte do aspecto visual. Así que este tipo de pabillón, NON nos gustaría alí ubicado.



2. ¿Lugar axeitado?

Aparecían no blog socialista referencias en cando á idoneidade da ubicación: ¡un pabillón ao lado dun cemiterio! Para nós, iso non sería ningún problema:
Primeiro: nesa explanada xa hai un parque infantil e conviven perfectamente.
Segundo: temos o caso de Calo, onde o pabillón está ao lado do cemiterio; leva así anos e que se sepa, non hai queixas. Aportamos foto aérea para que se vexa a situación en Calo:





3. ¿Goberno déspota ou veciños insolidarios?

¿Volvemos atoparnos de novo co "caso Verxeles"? Daquela, o Concello quería meter unha casa de acollida nunha zona residencial en contra dos veciños. Agora, quere ubicar un pabillón tamén en contra da opinión dos veciños. ¿Chamará tamén Martiño "insolidarios" a estes veciños por ir, desta vez, en contra do resto de veciños?. O mesmo que as bandas rugosas, que os veciños non querían.

Como siga así, sumando os veciños de Verxeles, máis estes 2000, máis os das bandas rugosas... e todo isto en menos de 1 ano.... acabarán a lexislatura con todos os veciños en contra!


En resumo, que todo apunta a unha manobra propagandística por parte do Concello. Este tenta facer ver, como no caso os Verxeles, que está a facer unha "boa obra" pero que hai veciños insolidarios que non queren. Isto é o que se vé desde fóra. O que falta é que alguén explique, na prensa por suposto, como pasou en os Verxeles, qué é o que realmente pasa con esa explanada; se é do concello, se é dos veciños, se se pode edificar alí un pabillón, etc. Faltan datos.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

menos mal que algún blog hace un analisis imparcial. Solo una opinion, no creo que poner una pista polideportiva sea un acto propagandistico, podra gustar mas o menos y se le podra mas o menos rendimiento pero esta claro que lo que es esuna necesidad

fidirico dijo...

E dalle con que os veciños non querían as bandas rugosas. Algúns veciños non as querían e outros si as queremos.

En canto á cancha de deportes ao lado do cemiterio: penso que aínda na opción que poñedes na foto de abaixo, na que ocuparía mil e pico m2, pagaría a pena facelo. Aínda así quedaría moitísimo espacio para aparcar. En toda esa explanada normalmente hai un ou dous coches como moito. Unha cancha daría un uso perfecto a ese enorme espacio normalmente valeiro e desaproveitado.

Por certo, na foto non aparece, pero na explanada hai un parque infantil que se construiu na precampaña das pasadas eleccións.

propietaria dijo...

amigos, nada en contra de que haga un pabellon polideportivo, pero no me parece que en ese se deba construir en el aparcamiento del cementerio.
desde hace mucho tiempo los vecinos del patronato queriamos que se nos arreglara el espacio, poniendo unos bancos, unos arbores y pintando las lineas de aparcemiento para ordenar el sitio en dias de entierro. Cuando gobernaba el PP no se hizo y ahora lo que se pretende es otra cosa totalmente distinta para lo que fue creado ese espacio.
Yo como propietaria estoy totalmente een desacuerdo de que se realice esa obra del pabellon.
si queremos un pabellon en Cacheiras, pero en otro sitio. Supongo que habrá más espacios para realizar esta obra.
en Cacheiras nunca fuimos vecinos que se nos pueda pisar y ahora no vamos a cambiar.
si al pabellon, pero en otro sitio.

Anónimo dijo...

Yo soy un chaval que llevo queriendo tiempo hacer deporte en cacheiras y no tego donde...asi nos va en este ayuntamiento.Ayer escuche la radio,la pista ocupa 500 metros de 5000...donde está el problema?.

Anónimo dijo...

el gobierno, por lo que se, no tiene en Cacheiras un sitio de propiedad municipal que no sea ese. Ya que habla una persona directamente implicada me gustaría preguntarle ¿que tiene de malo el pabellon en ese sitio si queda espacio para aparcar? no será hora ya de dejar de ser tan gallegos y tan respetuosos copn los cementerios que por otra parte siguen cumpliendo su funcion

Anónimo dijo...

aunque non estivera martiño non creo que overa pacto. ¿non son insolidarios uns veciños que habendo 5000 metros cadrados libres non queren ceder 500 para unha pista polideportiva? da igual o que diga o alcalde a min parecenmo sen que mo diga ninguen

Anónimo dijo...

Fixeches moito traballo pero partes dun falso principio. Segundo se di en tódolos lados o que se quere facer non é un pavillón polideportivo, senón unha pista ó aire libre. Tamén se di que a súa extensión é de 28,70 x 15,20. E debe ser certo porque está así no catálogo.
www.benito.es

Anónimo dijo...

Manda carallo, estes JANISTAS, cada día están máis tolos... ¡ESTÁN LOCOS ESTAN ESTES ROMANOS, digo, JANISTAS!

Hai xente que está en contra das pistas deportivas ao carón do cemiterio... e se o motivo é por "respeto" ao lugar santo do cementerio... preguntome eu:

¿¿¿POR QUE CARALLO NON HOUBO PROTESTAS NAQUEL ANO NO QUE O SEÑOR ARMANDO (O AMIGO DE JANITO E EX-ALCALDE) ORGANIZOU XUSTO NESE APARCADEIRO, ÁS PORTAS DO CEMITERIO, A FESTA DA TERCEIRA IDADE????

E que claro, facer deporte é "irrespetuoso co lugar" e sen embargo estar de festa e bailoteando non o é...

E QUE UNHA FESTA NUNCA DEIXA DE SER UNHA FESTA... ¡Janito e Armandito... moito vos gusta ir fa man carallo! Saúdos a todos :D

TSSDT
tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Anónimo dijo...

¡LO TUYO ES PURO TEATRO!

Todo o acontecido no último plenos no noso concello... ¡UNHA PANTOMIMA!

http://osmentirososcompulsivosvisitan.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Cando Jano votou a Martiño, por non votar a Parajó...

en...

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com