lunes, 18 de mayo de 2015

#teopechado

O alcalde de Teo xa "pasou" do seu concello e foise a Compostela, polo que só nos queda que todos os teenses, seguindo ao noso líder Martiño, abdiquemos de Teo e nos mudemos tamén a Compostela.
Ante a falta dunha alternativa real nestas eleccións locais de 2015, ao Concello de Teo só lle queda a opción de pechar as súas portas ata dentro de catro anos.
Por iso nace a iniciativa #teopechado, para que o que queira poida facer constar o seu rexeitamento ás candidaturas que non representan os intereses do noso concello de Teo.

Teo merece algo máis.
Descarga, imprime, recorta e introduce esta papeleta e emite o teu VOTO NULO en sinal de protesta.

DESCARGAR A PAPELETA #TEOPECHADO