lunes, 25 de febrero de 2008

Actitude ¿prepotente? do alcalde Noriega

E como aquí hai para todos (para o PP non hai nada porque en Teo andan desaparecidos nestas eleccións), nos comentan unha pequena anéctoda que reflicte o caracter "altivo" do alcalde.

Foi no mitin do BNG o pasado venres, con Beiras como invitado especial. Ao finalizar o mesmo, quedou un pequeno grupo do BNG xunto co alcalde no restaurante do mitin, no que había máis xente (veciños de Teo) tomando algo. O detalle foi que ao marchar, o alcalde nin se dignou a saudar aos que alí estaban, amosando unha atitude de señorito ou de divo que nada ten que ver coa imaxe que intentaba transmitir antes das eleccións.

¿É esta a actitude da que tanto están a falar os socialistas? Pois vai ser que van ter razón...

18 comentarios:

Jano Leis dijo...

¡Martiño é o demo!

Anónimo dijo...

Nada novo. Ou é que aínda non descubríchedes a soberbia, altanería e prepotencia que agocha o sr. Noriega detrás desa fachenda de pel de cordeiro?
E non o digo como insulto ou por prexuizos políticos. Digoo porque estou totalmente convencida do que digo e hai moito tempo que me din conta. Martiño é así e nada máis. Como político, non o vou xulgar agora, pero soberbio e distante non hai máis que observalo un chisquiño.

Anónimo dijo...

JANO LEIS: ACOLLÉNDOME AO DEREITO DE RÉPLICA
A través dunha amiga e compañeira socialista, veño de enterarme da existencia dun comentario neste blog que utiliza o meu nome. A este respecto véxome na obriga de decirlles aos administradores do blo e a todos os que participan no mesmo que:
1º Nunca escribín nada neste blog. Polo tanto esa suposta autoría miña é rotunda e categóricamente falsa.
2º Só participo no blog dos Socialistas de Teo e sempre que o fago asino todas as miñas intervencións.
3º Esta nova provocación, probablemente forme parte da sistemática e enfermiza campaña de calumnias e inxurias de que son obxecto por parte dun pequenísimo clan familiar (con intereses inconfesables) que ademáis teñen a desfachatez de proclamarse militantes socialistas cando non o son. Como Secretario Xeral dos Socialistas de Teo podo dar cumprida fe.
4º É a primeira vez (e derradeira) que saio a denunciar infundios desta natureza e o fago por deferencia aos administradores deste blog (cuia identidade descoñezo) e aos honestos intervintes no mesmo independentemente das posicións políticas que manifesten respecto da situación política de Teo.
5º Por outra banda, aproveito esta miña derradeira intervención para pedirlles aos administradores deste blog un pouco máis prudencia á hora de verter certas valoracións sobre feitos obxectivos incuestionables, tal e como xa algúns participantes o expresaron, no relativo ás supostas "reprimendas de Ceferino Díaz a Jano Leis".
Como xa lle advertiron outras persoas neste blog, a "tal reprimenda" de Ceferino ía claramente dirixida en tono crítico ao BNG de Teo. E efectivamente, é absolutamente certo que o meu amigo Cefe falou conmigo antes do mítin sobre da conveniencia ou non de facer esta referencia.

Agradecido pola sua amabilidade e desexándolle o mellor para este blog como instrumento útil para o debate político e a reflexión colectiva sobre dos asuntos que interesan á veciñanza de Teo, saúdalles atentamente,
JANO LEIS
DNI: 76.856.050D

PS: Perdoen que a miña intervención apareza como ANÓNIMO porque precisamente non estou rexistrado para nada como JANO LEIS en ningún blog.

Jano Leis dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Jano "enamorado" Leis dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Martiño era o alcalde que Teo precisaba...Un home bó,xeneroso, preocupado polos intereses dos teenses e sen importarlle a pela como o valdruecas de Jano Leis...

VAI POR TI MARTIÑO!!!
Pq o mereces
pq eres un home de palabra
pq en Teo todos te queremos
pq a pesar de ser bloqueiro eres unha gran persoa
pq Jano Leis perdeu as eleccións
pq simplemente eres XENIALLL!!!

NON te rindas hasta os do Psoe estamos contigo

VIVA MARTIÑO!!!

----------PRINCESITA---------------

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Por favor non censuren os comentarios que non interesan... ou é que só se van publicar os que engalanan ao señor Leis, quizais só os que escribe el... que curioso, recórdame isto a actitudes "filo-fascistas" de certos medios de comunicación(censuren se queren porque me acabo de quedar ben agustiño)
Falan aquí de que non é tolerable publicar insultos, claro claro, pero neste espazo insúltase case continuamente ao representante elixido polos cidadán de Teo, non esquezan nunca que unha persoa sae elixida grazas a unha boa proporción de votos, neste caso dos seus veciños.
Sexan responsables e coherentes por favor.

Anónimo dijo...

Jano as acusacións hai que demostralas que neste país haiche moita práctica do inxurio e non sei se sabe que iso é un delito, pero bueno en canto a temas desa natureza xa ten algunha experiencia.Que ano ese de 1990... que vellos tempos.

María dijo...

Supoño que os que defenden as entradas de xente que o único que fan é insultar e defender as súas ideas, se é que as teñen, con actitudes prepotentes e fascistas, é porque encontran nesas palabras unha forma de placer, unha maneira de sentirse ben lendo como outros se mofan sen sentido de seres humanos. A persoa é libre para emitir xuizos de valor e para expresar libremente a súa opinión, pero sen incurrir no libre albedrío.
A nosa liberdade termina donde empeza a liberdade dos demáis. O ser libre non significa facer o que nos da gana, levemos a quen levemos por diante.Seguramente, ninguén destas persoas que se adican ao insulto gratuito (espero),non se poñan na pel desas outras que os sufren. Imaxino que o porcentaxe de egoísmo que teñen no seu corpo non lles deixa ver as cousas con un mínimo de humildade, se é que a coñecen. Eu cónfesome votante do BNG e sen embargo, por encima de todo delátome defensora das liberdades humanas que levaron por diante tanta loita e sangue dos nosos antepasados.Non vexo xustificación algunha á campaña de acoso e derrribo que certa xente está a facer do Sr. Jano Leis porque considero que ningún ideal político debe estar por enriba da dignidade da persoa, que nos debe acompañar sempre. Pero tamén penso que esta xente non ten ideais políticos. Non saben nin o que é a dereita ou a esquerda,nin o que defenden.Os políticos e militantes de verdade pensan primeiro como persoas, defenden os seus pensamentos da mellor maneira posible pero sen faltar ó honor dos demáis.Quixera saber se algún de vós, os que vos escondedes detrás da palabra para o insulto, poderíades saír, e ante un publico numeroso decir, alomenos unhas cantas verbas correctas en defensa dun concello que parece que tanto vos importa. Ou quizáis nos vos importa tanto, senón que simplemente utilizades un mecanismo sinxelo, ó alcance da vosa man para divertirvos á costa doutros, como meros adolescentes. A xente seria e responsable da a cara e enfróntase ó adversario de frente e nunca pola espalda. Pero estou segura que de frente non teriades nada que dicir,porque en iso se diferencian os cobardes dos valentes.

marta dijo...

ese político e a súa xente permiten no seu blog máis insultos que opinións políticas. le senon os comentarios das diversas entradas e nelas atoparás palabras como zafias, lerdas ou putas. todos estes insultos están firmados por anónimos e van acompañados de afagos para Jano Leis, e foron trasladados a outros blogs.

ningún ideal político debe estar por riba da dignidade da persoa; e esas "zafias, lerdas e putas" ademais de ter (tamén) dignidade, son alleas a calquera papel político que se poidera antepoñer a dita dignidade.
pero, ademais de que o ideal político non deba estar por riba da dignidade da persoa, os intereses da persoa non deben dirixir os ideais políticos, e como iso é o que o señor Jano Leis está facendo, penso que debe ser dito.

marta portela barreiro
(fai falla o DNI?)

Anónimo dijo...

Marta bravo!!!
Aqui o señor Leis contesta moito aos comentarios, inda q el diga que non é, eu sonche dura de sentido e vou dicir que si.En fin ao que ía,que contesta si, pero en trinta ou corenta liñas non chega a dicir nada, é coma o que toca a flauta pra levantala serpe... igual.Polo que vexo seguides plicando a cnsura.Estou dacordo en que deben ser eliminados comentarios con insultos, algúns fortes e que molesta só lelos, pero aquí séguese a censurar as opinións e fagan o favor de non negalo pq sei os comentarios que deixo e os que desaparecen... e eu creo que non insulto a ninguén, pero señor Jano se me equivoco avíseme.
Recórdolle que non está vostede en poisición política de insultar, hai que ter cuidado cos votantes Jano que estes logo escapan.
Adiántovos un bo titutal: "O PSOE de Teo intenta silenciar as voces dos veciños a golpe de censura"

Anónimo dijo...

"LA COSA NOSTRA", A ÚLTIMA SUPERPRODUCCIÓN DO BLOGUE:

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/