viernes, 6 de junio de 2008

Os 24.000 EUR de Os Verxeles: ampliamos información

Xa temos máis información sobre os 24.000 EUR que o Concello ingresou nas contas da Comunidade de veciños de Os Verxeles.
O asunto vén de longo e non é máis que a débeda que tiña o Concello (desde hai máis de 10 anos) coa Comunidade de Veciños polo impago das cotas da Comunidade que lle corresponden ao Concello por ser propietario de vairas parcelas.
A Comunidade interpuso denuncia por vía xudicial, e hai cousa duns meses saío a resolución a favor dos veciños, impoñendo o pago ao Concello para saldar a débeda.
Os 24.000 EUR son o resultado das cotas desde hai uns 10 anos (desde que existe a zona residencial) multiplicado polo número de parcelas coas que conta o Concello nese lugar.

Pero aquí non remata todo. Atención ao que nos dixo o veciño que nos aportou os datos anteriores... NOTA: Estos datos están sen contrastar. A xente maís vencellada ao Concello poderá acceder á documentación (mensaxe directa aos socialistas: poderíades investigar este asunto):

O Concello conta con varias parcelas en Os Verxeles; ao parecer, son as parcelas ás que se facía referencia no Pleno dos Orzamentos e que o Concello quería vender. O que ocorre é que hai un tema nada claro en todo isto: algunhas das parcelas do Concello xa están vendidas e, para máis inri, xa hai contruídos chalés nelas.
Foi un asunto do anterior alcalde. Por un lado, algunhas das parcelas foron vendidas a un empresario e outras foron permutadas por terreos noutra zona residencial. Outra parte, seguen a ser do Concello.

No hay comentarios: