miércoles, 3 de agosto de 2011

Xornais en galego


No BNG están a poñer o grito no ceo coa desaparición do, para eles, único xornal en galego, Xornal de Galicia. Pero as cousas non son como as pintan. Como din no anuncio, "non somos tontos".

En primeiro lugar, este xornal non estaba escrito integramente en galego, non hai máis que botarlle unha ollada á portada para ver como as novas mesturan entre galego e castelán. Cousa que si poderiamos dicir do tamén desaparecido Galicia Hoxe. Pero a este último non lle dan tanta importancia porque é afín ao PP. Así de claro. Así de patético.

En segundo lugar, o Xornal naceu na época do bipartito, e grazas a el se puido desenvolver este proxecto empresarial. Proxecto, por certo, propiedade de Jacinto Rey, da constructora San José e, tamén, a empresa adxudicataria do famoso concurso eólico, despois anulado polo entrante goberno de Feijoo. ¿Adiviñan quen son as personaxes que saen na foto coa que ilustramos este artigo? Acertaron: Anxo Quintana (do BNG) e Jacinto Rey. ¿Casualidade? Por suposto que non. Ao tal Rey non lle saíron as cousas como esperaba: o bipartito foi un sono moi corto co cal remataron o concurso eólico e as subvencións para o seu xornal. E todo isto agravado pola crise económica que afectou maioritarimente ao sector da construcción.
Así que as augas volven ao rego.

A vocación (palabra que ultimamente aparecía nas redes sociais) de Xornal non é a defensa do galego, senón que era a excusa para vivir das subvencións e ter unha plataforma mediática de poder. O xornal de tirada nacional Público seguerá o mesmo camiño, por algo xa está á venda.

Por último, queremos deixar constancia de que moitas veces todos estes autodenominados defensores do galego son uns "estafadores" morais. E querelos comparalos con verdadeiros defensores de Galicia como a revista Nós, é de chiste. Pero de chiste de chorar, do malo que é...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece que los amigos y amigas de desbloquear están íntimamente vinculados al mundo del periodismo, ejerciendo de amigos políticos de grupos políticos locales contrarios al actual gobierno

Anónimo dijo...

Ya salió Colombo

Anónimo dijo...

Un artigo moi bo. Felicidades¡

Anónimo dijo...

Dios mio, é que sodes pésimos! Galicia Hoxe proxima ao PP!?!?!?! se na edición en papel de Galicia hoxe escribian militantes nacionalistas do talle de Xosé Manuel Beiras!!!

Informádevos un pouquiño antes de falar anda...