Mostrando entradas con la etiqueta feira cabalar teo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feira cabalar teo. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de julio de 2011

Mala política coa supresión do concurso cabalar

Non é doado facer unha política de contención de gastos e contentar a todo o mundo. Pero hai cousas que identifican a un Concello e a un xeito de vida, o que se lle chama Cultura, e que sempre de debería de protexer. E o concurso cabalar é un deses casos. Non só polo que representa, senón pola imaxe que de Teo tense desde fóra. Sería inconcebible, por exemplo, que non se celebrara a rapa das bestas de Sabucedo, ou a feira cabalar da Ascensión en Santiago.
Hai cousas que se deberían de protexer porque facéndoo estamos a protexer a nosa cultura. E o caso é moito máis "sangrante" cando un partido como o do BNG  defende a independencia de Galicia. ¿Indepedencia para que? ¿Que quedará en Galicia se non protexemos o noso? Non se sostén unha cousa coa outra.

Se xa criticamos a decisión de Ames de eliminar o MillaRock, agora criticamos con toda a nosa dureza a supresión do consurso cabalar de Teo, cando hai uns días o Concello loubábase de colaborar con "Música na noite", que non é máis que outra manifestación cultural.

Un mal camiño o que se está a tomar en Teo se empezamos por suprimir as tradicións. E estamos a falar só de 20.000 € que para o alcalde supón "un forte investimento de fondos propios e recursos humanos do propio Concello". Non sabemos as cifras de Música na Noite, se alguén as tén, que as publique, máis que nada para comparar.

Para finalizar... nunca asistimos á feira cabalar de Teo e, de feito, non nos interesa moito, pero iso non quita que defendamos o que pensamos é noso e dos nosos pais e avós; en Teo sempre houbo tradición cabalar e deberiase seguir mantendo.

Notica en La Voz:
Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas