miércoles, 27 de marzo de 2013

Chapuza nos Tilos: O responsable de infraestructura, bota balóns fóra



Un bo artigo en El Correo Gallego sobre a situación dos Tilos:
El gobierno de Teo culpa de los fallos en Os Tilos a los técnicos
La rúa Castiñeiro sigue embalsando cuando llueve, y lo achacan a la dirección facultativa del proyecto // La oposición exige más supervisión en obras públicas
Queda patente neste artigo a total falta de responsabilidade dun primeiro tenente de alcalde,  responsable das áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidada, que está a cobrar un bo soldo por... ¿rascarse aí abaixo? 

Resulta paradóxico, e á vez preocupante, que o único que se dignou a dar unha volta por Os Tilos, e disto hai xa uns cantos anos, trala finalización das obras, fora o Sr. Parajó, quen xa daquela alertou de certas deficiencias. Si, o Sr. Parajó xa avisou hai unas anos de que as cousas non se estaban a facer ben. Pero o Sr. responsable tiña cousas máis importantes das que preocuparse. Non sabemos cales, pero esperamos que as explique...

Estaría ben saber a que se dedica este responsable porque o que é supervisar as obras, e desta vez estamos a falar de case medio millón de euros, desde logo que non. O único que fixo no pleno foi botar balóns fóra e culpar aos técnicos. Así calquera ten un posto coma o seu, ¿non si? En fin, o peor de todo é que se despilfarran os cartos e ninguén asume responsabilidades...


No hay comentarios: