miércoles, 9 de julio de 2008

Policías tumbados que resucitan...

Seguimos vivo/as, como vedes. Despois dunhas merecidas --porque o dicimos nós-- vacacións, volvemos ao choio con ánimos renovados. Non vos preocupedes, que temos para todo/as... vimos cargadiños de novas de interese.

Policías tumbados que resucitan...

Os chamados cotiamente como policías tumbados, ou sexa, as bandas redutoras de velocidade, están a dar choio aos do Concello. Por un lado, moitas delas estaban sen sinalizar e por outra, moitas son arrincadas polos veniños --realmente, non se sabe quen-- co cal uns andan a tumbar e outros a levantar...
O conto é que a broma está a costar ao Concello e a nós ao fin e ao cabo un diñeiral. Cada módulo son 50 EUR, e xa viña no xornal que gastaron máis de 4000 EUR en repoñer. E calquera que vaia por algún sitio como Augas Mansas pode ver que foron arrincadas filas enteiras.

Ante isto, pensamos en voz alta:

a) O Concello debe darse de conta de que os veciños están en contra. Falta diálogo do Concello cos veciños.
b) ¿Deber ser os veciños deben ser sancionados por estes actos? ¿É un acto de rebeldía "entendible"?
c) ¿Con necesarios estes medios para controla-lo tráfico? En certas zonas, é lóxico que se fan necesarios, pero noutras, vese unha medida desproporcionada.
d) ¿É lóxica a teima do Concello con este tema? Se tanto se preocupa pola seguridade, ¿por que con ten tanta dilixencia para arranxar baches que son case pozos de petróleo e que poden provocar accidentes? Moitas veces non tardan nin unha semana en repoñer as bandas redutoras...
e) ¿Alguén sabe que empresa está a encher os petos con tanta re-colocación das bandas redutoras?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola,

Decides: a) O Concello debe darse de conta de que os veciños están en contra. Falta diálogo do Concello cos veciños.

Bueno, non sei de onde sae esa conclusión, pero eu son veciño e estou dacordo coa colocación de bandas redutoras da velocidade. E a colocación de ditas bandas débese, alomenos en parte, que eu saiba, ao diálogo cos veciños.

Anónimo dijo...

Unha nova entrada...

"Que valerá máis... ¿Os cartos ou os veciños?"

en:

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Anónimo dijo...

E SI SON OS VECIÑOS OS QUE AS PIDEN E DESPOIS OUTROS OS QUE AS SACAN?

Anónimo dijo...

como veciño non has pedín, ignoro si algun dos meus veciños si o fixeron, pero desde logo cando falamaos do tema nadie di que o pai da criatura.
este sistema no e o adecuado, pero eu tampoico sei cal seria o necesario, pero desde lo go este non.
na mitade das aldeas topaste con elas sin señalizar, pun , de golpe a suspensión para o carallo.
non descartedes que sea tema de amiguismo, xa vistedes que todo se dou a dedo no concello, esto non sería extrano.
DENDE LOGO PIDO DESDDE AQUI QUE AS QUITEN, QUE SE BUSQUE OUTRA COUSA.

Anónimo dijo...

IMos ver.... 50 euros por "policia tumbao", una carretera pode ter minimo 10, xa son 500 euros...

E non será mellor que poñan outras que non se poidan quitar?

O que me parece mais patetico e ke non as poñan nos pasos de peóns... ali si que se necesitaban poñer! E sobre todo por cacheiras polos pasos de peóns enfrente o Betos, Canaleto, o Ché, o Dia, o Eroski... Ahi si que fan verdadeiramente falta! e non nas pistas! Nas pistas arreglade os baches primeiro!

Anónimo dijo...

Eu tamén o creo Fidirico, a xente non pode ir saltándose a lei a torera, porque se todos fósemos arrancando señais viarias isto sería unha anarquía.

Anónimo dijo...

SITUACIÓN ACTUAL
Anuais Mes
M. Noriega 47.195 € 3.371 €
R. Sisto 38.000 € 2.714 €
C. Diéguez 38.000 € 2.714 €
C. Hermida 28.000 € 2.000 €
M. Mata 38.000 € 2.714 €
S. Riveiro 38.000 € 2.714 €
C. Devesa 29.000 € 2.071 €
S. Beiroa 29.000 € 2.071 €
TOTAL 285.195 €

PROPOSTA JANISTA
Anuais Mes
M. Noriega 47.195 € 3.371 €
R. Sisto 38.000 € 2.714 €
C. Diéguez 38.000 € 2.714 €
C. Hermida 0 € 0 €
M. Mata 33.000 € 2.357 €
S. Riveiro 33.000 € 2.357 €
C. Devesa 29.000 € 2.071 €
S. Beiroa 29.000 € 2.071 €
TOTAL 247.195 €
Aforro de 38.000 €

PROPOSTA TAMEN SOMOS SOCIALISTAS DE TEO
Anuais Mes
M. Noriega 37.195 € 2.657 €
R. Sisto 28.000 € 2.000 €
C. Diéguez 28.000 € 2.000 €
C. Hermida 18.000 € 1.286 €
M. Mata 0 € 0 €
S. Riveiro 0 € 0 €
C. Devesa 19.000 € 1.357 €
S. Beiroa 19.000 €1.357 €
TOTAL 149.195 €
Aforro de 136.000 €

¿Cal creedes que é a mellor solución?

Anónimo dijo...

A ver se deixamos de darlle cabida a eses que rouban o nome do PSdeG-PSOE.

Nada ten que ver a liberdade de expresión coa usurpación da personalidade xurídica para denostar ao lexítimo propietario, do mesmo xeito que en nada se parece a discrepancia coa delincuencia.

Anónimo dijo...

LUNS 14 DE XULLO DE 2008...

¡¡¡EXCLUSIVA!!!

"Jano Leis fai amigos"

Comentario escrito e dirixido polo Veciño de Cacheiras.

En...
tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Anónimo dijo...

A MELLOR OFERTA


Anuais Mes
M. Noriega 37.195 € 2.657 €
R. Sisto 28.000 € 2.000 €
C. Diéguez 28.000 € 2.000 €
C. Hermida 0€ 0€
M. Mata 0 € 0 €
S. Riveiro 0 € 0 €
C. Devesa 0€ 0€
S. Beiroa 0€ 0€

QUEN SUPERA ESTA

Anónimo dijo...

Jano Leis continua facendo amigos, agora ante a crise económica que eles din que hai no concello, agora aputan máis gastos...

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=947&idNoticia=324192