lunes, 21 de julio de 2008

Resposta á mensaxe de Santa, enviada desde o blog socialista

Queremos facer unhas puntualizacións a unha mensaxe aparecida no blog socialista (o oficial) escrita por Santa, entendemos militante ou simpatizante socialista, aínda que iso é o de menos pa nós.

Unha xa non sabe que curioso virus ataca a certos blogues deste concello que
adoptan xustamente unha apariencia contraria ao que pretenden de "facto". [...]
Até os que din querer "desbloquear" (con xogo de colores)Teo e actuan
"bloqueando" descaradamente.


Ben, entendemos que se está a referir ao noso blogue que é voso (¿a qué nos sona isto?...)


-Din estar contra os ladróns da propiedade en Teo, pero dan cabida e reproducen mensaxes de delincuentes que rouban a propiedade intelectual e a "marca" PSdeG-PSOE... Congruente maneira de pedir "seguridade"...

"Delincuentes" chámaos tí, pero iso terá que decidilo un/ha xuiz/a. Nós cremos que son opinións. Pero se cres que son delincuentes, supoño que xa os terás denunciado. Seguro que niso andades, porque si non, non se explica a afirmación anterior.
Por outra banda, non misturemos o tema do blogue co tema da seguridade cidadá. Non nada que ver unha cousa con outra.


-Nunca, xamais, se solidarizaron cos socialistas, malia a noxenta e persistente campaña de calumnias (ladróns,mafiosos, sicarios...)e inxurias... cómpre moita hipocrisía para pechar os ollos ante un xogo tan infame.

Os socialistas xa sodes (son) dabondo maiorciños como para que ninguén os defenda. Nós non estamos para defender a ninguén, porque non nos enteramos nin da metade das cousas das que se falan, maís que nada, porque non nos interesan as rencillas políticas e xogos de nenos pequenos. E punto.


-Nunca, xamais, vimos unha soa crítica (insisto: crítica, xa non condena)contra actuacións ilegais do goberno do BNG, recoñecidas por eles mesmos (iso si, baixo o eufemismo de "erros")como o asfaltado da estrada Solláns-Luou. Pola contra, xustifícase como se a lei fose un atranco que debe ser obviado e as costas das ilegalidades non contasen.

Non podemos dicir que algo é ilegal sin non se demostra. Se o Concello, como o noso representante veciñal, dí que foi un erro, pois un erro será. Se foi ilegal, entendemos que xa a oposición actuaría en consecuecia; de momento, non vimos que fixera nada ao respecto. Vale, que sí, que seguro que se falou no pleno e patatín-patatán... pero iso non chega aos veciños. A ver se vos dades conta: non chega aos veciños, que é a quen ten que chegar.
(Podedes publicalo no boletín, pero con tanta letra... ¿quen o vai ler? Facede uns debuxos, unha caricaturas, que iso sí que entra polos ollos. Por favor, máis imaxinación e inxenio!

E sobre o último comentario, estamos plenamente a favor da lei e tivemos que "sufrila" en moitas ocasións. Temas personales, que ás veces fan pensar a un que canto máis te axustas á lei, máis paus levas... E repetimos o que levamos repetindo: os veciños non saben se foi un erro ou algo ilegal. Só ven o asfalto e xa está.



-E que dicir desa nova teoría de que o importante é facer cousas, sen planificar, sen estudios de impacto, rendibilidade, gastos... todo porque é mellor facer "algo" que nada?

Todo iso é necesario, obviamente. Niso estamos dacordo. Pero o importante ó final é facer cousas.


-Pero é que realmente algún destes xustificadores da ineficacia e a ineficiencia actúan así na súa vida privada, nos seus estudios, no seu emprego?Cren acaso que por escribir calquera cousa nun exame van aprobar?

Grazas por pensar que estamos en idade de facer exames, pero por sorte ou desgracia, según se mire, xa pasamos esa época.


-Cren talvez que un empresario mantería no seu posto de traballo a un empregado que por "facer algo" fixese unha parede torta, un camiño en zig-zag ao chou, colocase unha roda pinchada a un coche... todo por facer "algo"?

A solución sería o despido? Sen contemplacións? Sen intentar saber os motivos desa actuacións? No tema que nos ocupa, non vemos que o PSOE actuase en consecuencia. Máis ben agora saiulles o "tiro pola culata", porque o Bloque soubo darlle a volta á tortilla e poñer a actuación solialista como un atranco para o asfaltado.
Falta plan de ataque organizado no PSOE, xa o vimos dicindo desde hai meses, pero nada... e así con se gañan eleccións. Tedes (imaxino que serás socialista) que reflexionar niso: o "inimigo" utiliza toda a súa maquinaria pesada de propaganda que vos funde todo o voso traballo. Esa é a realidade; e ata que vos deades conta diso, non teredes nada que facer.


E eu, por suposto, non teño nada contra a ideoloxía e as simpatías de cadaquén, pero amólame sobremaneira que se agochen as intencións do que realmente se pretende: "BLOQUEAR" TEO. -Talvez non sexa máis cunha parodia de "Burla Negra"...Que mágoa de xogo sucio! Santa.

É unha mágoa que non entendas a estas alturas de qué vai este blogue. Pensabamos que erades máis intelixentes. Pero vemos que seguides vivindo nos "mundos de Yupi" ou algo así. Un mundo irreal onde as cousas deberían de ser doutra maneira pero non son. Estades nunha cova e canda saídes non sodes capaces de adaptarvos á luz. A luz non é máis que a xente corrente traballadora, que "pasa" dos políticos. Esa é a realidade.

E xa podedes facer as reunións que queirades, planificar todo, facer todo en orde... pero ao final, o que triunfa non é o mellor, é o que mellor se sabe vender. Marketing. Ése é agora a palabra máxica da política. É unha pena, pero é así. E ata que o vexades, non teredes nada que facer.

O futuro so socialismo en Teo pasa por unha renovación: de caras e de actitude.

De caras, é obvio, o cabeza de lista debe cambiar. Non é nada persoal, pero hai que saber o que a xente fala; con ou sen razón, influenciados quizáis por traidores do propio partido. E a opinión sobre o voso cabeza de lista non é moi favorable. E todo é polo marketing. Así de cruel.

E cambio de actitude: non se pode botar a lexistatura tendo un enfrontamento persoal co alcalde. Un enfrontamento persoal que trascende o profesional. Moito criticar a actitude de acoso de derribo de Rajoy contra Zapatero e agora en Teo é o acoso e derribo do PSOE contra o BNG. Podedes dicir que é con razón, e iso non o discutimos, pero o que a xente ve na rúa, e volvemos ó mesmo de sempre, é unha teima do PSOE de Teo por sair nos medios e poñer pancartas e facer ruido. ¿Para qué? Total, con ese candidato nunca chegarán a nada. É o run-run diario. ¿Ou vós non ides ás tabernas? Pois deberiades de ir máis.


E non temos nada máis que dicir. Que cada quen entenda este blogue como queira. Nós sabemos do que falamos; dicimos o que se comenta na rúa e punto. O que queira entender que o faga. O que non, alá el/ela.

13 comentarios:

Tilense dijo...

No todo va a ser debate político. Yo he creado un blog pragmático sobre el estado de Los Tilos, al que os invito a visitar y comentar. Un saludo.

Tilense dijo...

Perdón, el blog es:
Tilenses

Anónimo dijo...

Vádesme perdonar, desbloqueadores, ou mellor dito, bloqueadores de Teo, se uso unha linguaxe un tanto dura, pero hai cousas que ou ben demostran unha ignorancia e unha estupidez fundamental ou ben son produto da máis mala fe.

Se vós lle dadeS cabida, por exemplo, a unha páxina ou a un blogue "pederasta", estariades dispostos a dicir semellante burrada de que ate que non se demostre o contrario non son "delincuentes" e que expresan outra "visión do sexo"?

Estariades na vosa alucinante argumentación dispostos a dicir que se uns ladróns entran na vosa casa a roubar non son "delincuentes" ata que se demostre co título de propiedade que a casa é vosa?

Pois claro que ten que ver coa "seguridade"... ou cando se entra nas propiedade alleas non pedides seguridade cidadá... ou é que se se comete unha estafa non se viola a seguridade cidadá, ou se utilizo o nome dunha empresa xx, poñamos chicolates "desbloquearteo", rexistrada legalmente(o rexistro é público", por tanto non se pode argumentar ignorancia) e a usurpas para "opinar" que é moi malo, pésimo e que non o compres, precisamente porque cho din os propios chicolateiros... É tan burda tan vácua, tan noxenta a vosa argumentación que demostrades ao servizo de quen estades.

O mesmo sucede co tema da ilegalidade da estrada Solláns-Luou: só ignorantes, feridos ou escuros, poden dicir tal barbaridade. O descoñecemento da lei, sábeo calquera, e senón consultade o Código Civil, non excusa do seu cumprimento, é calquera sabe que sen expediente, informe técnico, orzamento... non pode facer tal cousa ningunha administración... xa que logo, non hai "erro" legal (non existe, por Deus!) senón pura e dura ilegalidade.

Pero volvendo aos exemplos, agardo que se un día vos tira a casa o concello por un "erro legal" froito do nepotismo ou a arbitrariedade teñades preparado semellante argumento sustificativo... De pena!

Sigo coas vosas absurdas argumentacións: en boa lóxica, se o que xustifica as bandas rugosas é que "cumpren a súa misión" (bárbaro, ché, e á súa misión é xustificada polas bandas rugosas!!!), entón se eu poño un tallo de carballo, por exemplo, prantado na estrada cada cinco metros un a dreita e outro a esquerda, así nun bó treito, de xeito que os coches teñan que diminuír a súa velocidade e ir en zig zag, tamén "cumpre a súa misión", entón a actuación devandita é correcta... Dicides que xa non vades á escola, mellor, pois coa tan nefasta lóxica que usades nunca aprobariades un exame.

Non paso o traballo de contestar esa chorrada conforme a cal vós tendes acceso directo "a realidade" e nós non... Agardo a fórmula, alén das autoproclamas...

Volvedes demostrar a vosa sesgada visión, cando falades do "enfrontamento persoal" e demais tópicos espallados por Martiño e a súa xente (¿Burla Negra tamén?)

Eu, particulamente nin teño nin penso ter enfrontamento persoal ningún con Martiño nin con ninguén do BNG. Fago crítica política, demostro feitos, comparo opinións, razono e se ao final, algúns "listillos" coma vós me dicides que é un enfrontamento persoal, entón, pois "fale". Isto lémbrame a aquela manipulación que fixestes sobre unha entrada en que reproducindo unha frase de Churchill que atribuía a Goebels, dixestes que comparabamos a Martiño con esta personaxe histórica... hai que facer un pouco de esforzo por razonar...

Polo demais, se algo me fode, repito outra vez, é que se xogue con identidades falsas para apoiar xustamente o contrario do que parecedes querer dicir...

DESBLOQUEAR TEO? non, meus, bloquear teo e ben bloqueaado. SANTA.

TODOS CONTRA JANO LEIS dijo...

parece moi ben que non vos guste Jano Leis para cabeza de cartel de PsoeTeo.
tedes o dereito de publicalo, pero tendes que recoñecer que xogades un pouco sucio, parece que todos contra uno, todos contra Jano Leis, e por contra todos con Martiño, todos co BLOQUE.

cando unha cousa se insiste demasiado e por demasiados eso en politica significa que este contrario debe de facer dano politico os outros.

non gañou as elección , pero eso e o do de menos, ¿ sempre gañamos en todo¿ todos. o importante e que sea serio e honrrado, nunca escoitei a nadie decir o contrario, politacmente xa e o menos importante.
en fin como o final serán os militantes de Psoe Teo os que decidan quen será o seu candidato, os demais, incluiods os blogs deberiamos respectar e non ser tan partidistas. Anque decir que e legal que o fagades, pero quita credibilidad.

dadevos conta que solo secritca o PSOE TEO nestes blog. porque so o psoe. Nadie di nada do PP de Armando e Parajó, quero recordar que forn eles os que deixaron así o Concello, non foi o Psoe de Jano Leis, non eles non foron, pero todos os que escriben so queren cortar a cabeza a Leis e os seus...se fora mal pensado, que non o son, pensaría que alguns teñen medo do que poida pasar dentro de 3 anos si este politoco non se aburre e manda todo a merda e se volve a presentar a alcadia de Teo.
as cousas non funcionan demasiado ben, e esto pode dar a volta.. ou non... quen o sabe.

eu teño o meu voto muy clariño, sempre foi así, desde fai moitos anos... pero todo o mundo que votou o que votou no 20074, repetira o voto... ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

adios.

TSSDT dijo...

Moi ben dito amigo administrador, pero ti tranquilo, aforra forzas e non lles entres ao trapo, total non che van facer nin caso e van seguir pensando o memo "por los siglos de los siglos".

Todo o que diga Jano vai a misa, ou estas con él ou estas contra el... non hai outra.

Saúdos

Anónimo dijo...

corrección eleccions de 2007... loxicamente, ¿ quen chegara ao 20074

Anónimo dijo...

A ver se nos entendedes dunha vez. Non estamos nin a favor nin en contra de ninguén. Só estamos a reflexar a opinión da rúa.
O que non queira ver, que non vexa. Alá ele/as. Desde logo, non hai máis cego que o que non quere ver.

Anónimo dijo...

LO QUE NO ME PARECE DE RECIBO EN UNA SOCIEDAD COMO LA ACTUAL ES QUE ALGUIEN RELACIONE LAS PALABRAS USURPAR Y SIMBOLOS. NO HACE TANTO SE CRITICABA LA ACTITUD DEL PP CON RESPECTO A LA BANDERA ESPAÑOLA QUE PARECE QUE SEA SUYA, LO MISMO DIGO CON LA GALLEGA O LA DE KUALA LUMPUR. DESDE CUANDO PARA USAR EL PUÑO Y LA ROSA HAY QUE SER SOCIALISTA ¡TIENE COJONES¡ SI LEVANTARA LA CABEZA PABLO IGLESIAS¡¡ ES NORMAL QUE NO OS GUSTE QUE ALGUIEN QUE LA USE OS CRITIQUE PERO TAMPOCO A MUCHOS NOS GUSTA QUE LOS QUE USAIS ESOS SIMBOLOS OS SENTEIS CON PARAJOS Y ARMANDOS Y ESTAIS EN VUESTRO DERCHO DE HACERLO. PARA MI UN JUEZ PUEDE DECIR LO QUE LE DE LA GANA PERO NO CREO QUE HAYA QUE SER AFILIADO PARA USAR LOS SIMBOLOS DE UN PARTIDO POR QUE POR LA MISMA NORMA A LO MEJOR UN DIRIGENTE SOCIALISTA NO QUIERE QUE LOS USEIS PARA IR CONTRA VUESTRA CONSELLEIRA CARIDE ¿NO CREEIS?

Anónimo dijo...

Eu comentarche que mentres que un cambio de caras non se produza no Psoe de Teo, ese partido que intenta ir de victima, cando son os que máis azotan a todolas persoas que discrepan de Jano Leis, e insultan e vilipendian a familias enterias con nomes e apelidos, non podrán conseguir algo politicamente, porque os socialistas que votamos por Martiño, seguiremos votando por él, mentres que non haxa unha fonda e profunda renovación no Psoe de Teo, e que Jano Leis non continue metendo no partido a verdadeiros "mortos de fame" que polo único que están ahí son polas promesas de postos de traballo que ofertaba se gañaba as eleccións ¿QUEN NON COÑECE A ALGUN VECIÑO QUE JANO LEIS NON LLE OFRECESE ALGUN POSTIÑO NO CONCELLO SE GAÑABAN AS ELECCIÓNS?

Jano Leis é moi serio, eso si, pero de honrado non ten nada de nada, prepotente, rencoroso, amenaza (sabe ben Braulio), fai pactos co PP para pedir dedicacións, informa ao PP para votar nos plenos, insulta por internet, fala do Psoe de Teo nas clases... ¡DE HONRADO CERO PATATERO!

A Armando Blanco e a Parajó xa lles azotou cando facian as cousas mal e os veciños xa llo pagaron nas urnas, e agora os que están facendo as cousas mal sen ningún decoro e con demagoxia e o Psoe de Teo, encabezado por Jano Leis, que como ben vemos tódolos veciños fai pactos co PP, despois de anos de "Hostiarse" entre eles...

Moito ten que cambiar o Psoe de Teo...Moito...

Anónimo dijo...

"Os cegos que non queren ver"

Unha nova entrada en:

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

RESPOSTA dijo...

A Armando Blanco e a Parajó xa lles azotou cando facian as cousas mal e os veciños xa llo pagaron nas urnas, e agora os que están facendo as cousas mal sen ningún decoro e con demagoxia e o Psoe de Teo, encabezado por Jano Leis, que como ben vemos tódolos veciños fai pactos co PP, despois de anos de "Hostiarse" entre eles...
.............................
resposta:

esa será a tua opinion... pero no me dis nada das mañans enteiras que esta o Sr, Parajó , primo de Rafael Sixto,con el no seu despacho o primeiro foi concellal de urbanismo e o segundo echo agora... que fan no despacho de Sixto un dia si e outro tamén... xogans as cartas, falan da familia comun...creo que non, seguro que sobre a mesa esta o plano do pxuo de teo.. e claro parajo non da puntada fin fio, ¿ que lle dan a cambio do voto nos plenos cando apretan os zapatos... pois queda claro, non tocar nadiña do seu pxou...eso si que e vergonzoso,

non non non o pxou de Teo decia o BNG de Martiño, e ahora cando chegaron os tempos de dar a cara amiguiño, si si si si si a pxou de Parajó e de Armando, ahora si nos vale o pxou de Armando, ahora si...eso non e demagoxia?, e mais, e mentira politica .
esto non e mentira, foi votado nun pleno en teo. PP+PARAJO+BNG de Martiño votaron a favor de este pxou. SO O PSOE DE TEO votou en contra, para que se retirara e se poidera modificar.
mira a acta do pleno que debe de estar colgada na paxina do concello.(e a versión oficial, sin trampa nin carton)
seguro ahora diran que non se podia,.... si se pode, hasta que a xunta o faga oficial o pxou e do concello e pode facer con el que lle apeteza.

ahora quedaran todas as cacicadas feitas por Armando e Parajó, vergonza lles dará cando veña aprobado e se poñan as cousas encima da mesa, vergonza, pero bueno xa estamos a ver na Arzua algo parecido, moita democracia se pide cando se esta na oposición, pero cando gobernamos ...
que...????DICTADURA PURA. amijiño

Anónimo dijo...

yo no se si es todos los dias , pero yo fui estos dias pasados a apuntar a mis niños a los campamentos y si, los vi juntos, en el departamento de urbanismo, curiosamente dos días seguidos, pues el primer día me faltaban papeles para poder apuntar a los niños y volvi al dia siguiente... si estaban dos dias seguidos puedo pensar que es verdad que estan todos los dias o por lo menos muy a menudo.

Anónimo dijo...

buf! buf! imos ver, amigo Santa...

DIxestedes:"entón se eu poño un tallo de carballo, por exemplo, prantado na estrada cada cinco metros un a dreita e outro a esquerda, así nun bó treito, de xeito que os coches teñan que diminuír a súa velocidade e ir en zig zag, tamén "cumpre a súa misión""

Con estes exemplos xa me dis moito de ti... Primeiro leete o código de circulación ou mais ben o referente as sinalizacións horizontais/verticais...

Mais: "O mesmo sucede co tema da ilegalidade da estrada Solláns-Luou: só ignorantes, feridos ou escuros, poden dicir tal barbaridade"

Se é ilegal... que accións tomou o PSOE ou o PP? Porque non nos ensinades os veciños esa demanda? Falar, falar, falar...