viernes, 23 de mayo de 2008

A Xunta de Seguridade... ¿facéndose ver?

Unha reflexión... Desde que se creou a famosa Xunta de Seguridade Local, tal parece que non paran de ir para arriba e abaixo todo o día (A Ramallosa - Os Tilos, Os Tilos - A Ramallosa), como se fora unha liña regular de bus.

Os que andamos a miúdo pola zona de Cacheiras podemos ver como ao longo do día non para de pasar: a Policía Local (no turismo e no todo-terreo), o camión de Bombeiros (en servicio e sen ir en servicio), o coche "multiusos" do Concello e o coche de Protección Civil. ¿É normal tanto desfile? ¿Será para darse a ver?...

Un lector nos comentou que a causa pode ser que moitas veces fan parada polo Montouto, en certo bar ben coñecido; alí se poden ver a diario os citados vehículos: bombeiros, policía e protección civil. Pero nós pensamos que a situación aló do citado bar é meramente casual...

No hay comentarios: