lunes, 10 de marzo de 2008

Resultados Eleccións Xerais en Teo

Candidatura - 2008 / 2004
PP 4.955 votos 43.93 % - 4988 46.95 %
PSOE 3.916 votos 34.72 % - 3688 34.72 %
BNG 1.879 votos 16.66 % - 1389 13.08 %

PP perde un pouco de fuelle, o PSOE queda estático (iguala por centésismas, é incriible!!) e o BNG sube grazas ó aumento espectacular de votantes... seguramente son a nova xeración de xoves que se instalaron no Concello (nas novas zonas residenciais).

Pero comparado coas últimas municipais, ¿que pasou cos votos do BNG? Nas munipais arrasaron, pero nas xerais descenderon á metade. É lóxico, nas munipais votaron a unha persoa, non a un partido.

Eleccións Municipais 2007
Candidaturas /Votos /%/Concejales
BNG 3.654 /33,62% /6
PP 3.251/29,91%/6
PSdeG-PSOE 2.535/23,33%/4
IN TEO 820/7,55%/1
TEGA 4183,85%/ 0

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Via análise electoral si señor, o voso é unha desgracia.O BNG a parte de subir polo aumento de poboación, q por ser máis nova non significa que sexan votantes deste partido, tamén sube porque recolle votos indecisos e moitos descontentos coa oposición do psoe, que se vai seguir a mesma táctica cando estea no goberno,que deus nos colla confesados.

Anónimo dijo...

quería dicir boa... este teclado anda tolo

Anónimo dijo...

Para o primeiro anónimo. Non será que os descontentos son os do BNG? non será? AHORA SÍ. Martiño no seu papel interpretativo un 10, ahí gaña por mayoría absoluta.
Deixade ao PSOE en paz que pasa de vós e buscade dentro do voso partido os problemas reáis e non lle votedes a culpa a ningúen, que parecedes unha secta.

Anónimo dijo...

A xente ve que Zapatero se move, é un bo dirixente, ten carisma é un bo politico...¡POR ISO GAÑOU!

Cousas que Jano Leis non posee, nin nos seus mellores soños.

Vos imagindas...se o PSOE baixa votos en Teo, cando haxa municipais Jano Leis ¿QUE?

Seguira baixando e baixando... ca sua politica "RAJOYNIANA" de CRISPAR, INSULTA E MANIPULAR, acabará so tendo un escano

Anónimo dijo...

MARCHESE SR. LEIS, MARCHESE

Anónimo dijo...

Dende "Tamén Somos Socialistas de Teo" queremos felicitar ao Sr. Zapatero pola sua victoria nas eleccións, non esperabamos menos, xa que sempre contou co noso apoio, ¡NORABOA PRESI!

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/

Anónimo dijo...

A culpa nona tendes vos, máis aínda, había que agradecervos todo o que facedes pra que o bng suba en votos en Teo, pq sen vos non terían tanto apoio, non esquezades que hasta os vosos militantes os apoian.. iso si que é vergonzoso.
Vos seguide practicando o modelo Arzúa, que xa se ve os froitos que vos está dando.

marta dijo...

e eu pregúntome se en realidade credes que se poden comparar unhas estatais cunhas municipais..... penso que mellor as haberá que comparar con outras estatais, como fan cas porcentaxes que se indican nesta entrada, non outros comentarios.
penso que os do bng se poden dar cun canto nos dentes (é un dicir, non pretendo agredir a ninguén), xa que foron dos únicos nacionalistas (ou o único, non sei; perdón, porque non coñezo os datos de todos os grupos nacionalistas) que subiron en vez de baixar.......
o normal é que nunhas estatais moita xente de partidos minoritarios (neste país iso quere dicir `todos menos psoe e pp')vote a un dos outros dous..... e nesta lexisatura, co "bo entendemento" que houbo, con máis razón, xa que os que tiñan medo de que se cumpliran as prediccións catastrofistas que os do pp se encargaron de espallar votaron a este último por MEDO a que saíse o psoe, e os que tiñan MEDO de que gañase o pp e infundise definitivamente o terror, votaron ó psoe. evidentemente, están os votos de toda a xente que de por si é partidaria dun ou doutro grupo, pero o crecemento no número dos seus votantes (dos dous), débese máis, creo, a "ese medo"....

Anónimo dijo...

Estou de acordo en que nestas eleccións se practicou o bipartidismo americano por medo, tanto dun lado como doutro.
Ciu baixou en favor do psc e esquerra levou un batacazo q nin dios, pero isto foi pq a lexislatura non foi un camiño de rosas.Pola súa parte o BNG subiu, e creo a maioría de nos esperabamos un mantenmento ou unha baixada, aínda que leve.
A eleccións xerais son moitas veces orientadoras do que pode suceder nas municipais, obre todo se temos en conta que a porcentaxe de votantes en Galiza subiu considerablemente, o que pode indicar unha liña a seguir nas próxima, pero é verdade q temos que ter cautela con este tipo de valoracións, pq ás veces as cousas dan a volta.

Anónimo dijo...

algún sabe si xa enviaron as invitacións para a boda de Anxela co do Psoe.
según me dixeron, xa ai sente que a recibiu

¿ Rafa?

Anónimo dijo...

Envexa. Eso é o que mellor define a vosa estratexia. Envexa a que ten o bloque do PSOE. Envexa de que o PSOE ten uns e unhas interventores/AS que son a envexa de todo o concello.
Noraboa socialistas de Teo! Noraboa Jano Leis!
Bloque! Ide ó carallo!

Anónimo dijo...

tamén sodes que?

Anónimo dijo...

anunciastes qui unha reportaxe dun colectivo mal tratado, pero non saio nada.
que pasa xa vos volvestes pa tras.
asi non se fan as cousas. Si se di hay que facelo, se non non anunciamos nada.

Anónimo dijo...

Gustariame saber a lectura de Jano en estas eleccions, para min esta moi claro,Teo ten xente socialista que non quere a Jano, a vista está nos resultados de estas eleccions, a diferencia de votos é mais que notable.

Anónimo dijo...

tamén sodes que?

Anónimo dijo...

Envexa dos interventores?? Eu de verdade cada día alucino máis, dentro de pouco ides dicir que o bng ten envexa da cor dos vosos pantalóns e ao carallo.E logo que é o q tiñan de especial os interventores do psoe?.Non eran seres terrestres ou?
Ai mimadriña que maneira de lialas couas...

Anónimo dijo...

A min á boda que non me inviten que non me chegan os cartos pra mercarlles unha lavadora.. e ademais nesas cousas sempre dan marisco e a min non me ghusta nadiña.

Anónimo dijo...

Basta xa de expeculacións, o unico partido que sube en VOTANTES é o Bloque Nacionalista Galego, que sube un grande número de votantes no concello.

Co unha regla de 3:
3654 (munic) --- 1389 (xerais)
x --- 1879 (xerais)

O BNG SACARÍA NAS MUNICIPAIS DE 2011, x = 4943 Votantes

¡AMIGOS SOCIALISTAS É PARA ESTAR CONTENTOS OH!!!! ¡¡¡NESTAS MUNICIPAIS O BNG SUBIU 500 Votos!!!

¡MENOS CATEDRÁTICOS E MÁIS MATEMÁTICOS!

Jesus Santos

Anónimo dijo...

Os socialistas temos que felicitarnos polo triunfo de Zapatero, e xusto e bo para o pobo.
Debe tomar nota dos resultados o sr. Jano Leis e compañía, eiquí a
matemática regla de 3 non vale,
Señores concelleiros do Psoe de Teo, poñanse as pilas, teñan sentido común y si fai falta ir en contra do candidato vaise, sempre para mellorar.
Tiñades que haber explicado as negociacións reais do pacto e por que nos se acadou. Despois de longas averigacións ahí vai o resumo :
No soldo que se asinaron para a oposición estaba falado con Armando e compañía ¡¡ quien te ha visto y qune te ve !!
Jano Leis nomea portavoz municipal o concelleiro Carlos Rego posto que él contaba con ser deputado provincial con una soldo entorno os 60.000 euros anuais ademáis de coche oficial (non ta mal), pero non o aceptaron.
Mandou os seu concelleiros e o secretaio de organización "?" do Psoe de Teo a negociar cos do Bloque. Os nacionalistas xa dixeran que lle tiñan cando menos reservadas duas dedicacions exclusivas os do Psoe cando entrarar a formar parte do goberno.
Trais tira e afroxa, loita por concellerías, chegaron a entenderse e proba delo e que foron todos xuntos a tomar uhas cervexas para celebrar o acordo.
Pero cando llo dixeron o sr. Leis este dixo que non hai acordo,que somente debe de haber un tenente de alcalde en Teo ¿ para vos este e un problema que realmente lle afecte os veciñ@s de Teo ?. Total acordos a tomar vento.
Reúnese o sr Leis cos responsables nacionalistas e dilles que hai que voltar a negociar de novo, que a xente que el mandou era inmadura,carente de experiencia pólitica e con pouca capacidade de negociación.
A oferta que lles deixou o BNG ós do Psoe foi mais menos nos termos seguintes: soldo para o tenente de alcade, que sería Jano Leis, superior os 42.000 euros atendendo a sua petición de diferenciarse do resto dos concelleiros, duas dedicación exclusivas de 38.000 euros ( que podían chegar a ser catro de 20.000 euros) e una aportación de 20.000 euros para contratar un persoal de confianza do sr. Leis.
Pois amigos socialistas, non foi suficiente para o sr. Leis, decía que chegaba con un só tenente de alcalde; pois ben os do bloque dixeron que sí pero entón fora a dotación de 20.000 euros para persoal de confianza.O sr. Leis dixo que tiña que ser como el dí e que si non non hai pacto.
Pois xa se veu, non hai pacto ¿ realmente e tampouco o que lles daba o bng ou que pasa? A avaricia non ten límites.
O día de hoxe son moitas con conversas do sr. Leis con Armando Blanco en clave pólítica e mesmo con sr. Parajó. Donde van aqueles tempos dos panfletos socialistas
decindo que non había que falar nin tomar contactos cos corrutos e ca inmoralidade, Armando Blanco e Parajó.
Temos información de que tuvo ou tá tentado ca moción de censura, pero por sorte para Teo creo que o PSOE en Santiago lle tirou das ourellas e lle avisou de abrirlle un expedente de expulsión.
Compre pois, ter sentido comun , chegar a un acordo de goberno si e posible e si non quedarse na oposición con todalas consecuencias
E una tristeza que teña que pasar perto de un ano para saber as cousas, pero valeu a pena a espera.
Cada quen que tome conciencia.
Saúdos e parabens polo triunfo de Zapatero.

Anónimo dijo...

Como me gustou, si señor.Agora xa sabes que van dicir q insultas e q mintes e estas cousas, bueno a estes gústalles moito debatir en plan reality-granhermano-ímonostirardopelexo.

Ai ai ai non tendes moitos simpatizantes eh!!.
Dicídelle a Janus da miña parte que os cristianos teenses lle van retiralo voto por andar facendo falcatruadas... e xa sabedes que os cristianos-apostolicos-romanos son duros de roere.

Akinogal dijo...

This comment has been removed because it linked to malicious content. Learn more.

Jano Leis dijo...

Estou mandando virus a todos, para que me deixades en paz.

Anónimo dijo...

Leis mandas Virus?

Non che serve de nada mandalos

tes que vir ti en persoa

ti eres o virus

xa tes infectado o psoe de teo

e queres instalarte no concello