sábado, 14 de julio de 2012

Ningunha manifestación de repulsa a un acto delictivo, ¿é normal?

Despois de saber da noticia El exalcalde de Santiago Conde Roa sufre una agresión en plena calle unha pensaría que os representantes políticos, eses que tanto falan de valores democráticos, fixeran algunha manifestación de apoio a quen foi, democraticamente elixido, representante da cidade de Santiago.

A omisión de calquera tipo de manifestación pódese entender como que están, non a apoiar directamente, senón a consentir este tipo de actos delictivos.

A repulsa a este tipo de actos é o que fai que un politico demostre o seu verdadeiro talante democrático. A ausencia non fai máis que evidenciar a falta de vontade democrática e falta de unión dunha clase política que, nos tempos que corren, deberían de estar máis unidos ca nunca.

Pero este tipo de cousas evidencian que o único que lles importa aos políticos, sexan da ideoloxía que sexan, é manterse no poder. ¿Son todos/as iguais? Pois vai ser que sí.



No hay comentarios: